A XUNTA MANTÉN A SÚA OFERTA DE DIÁLOGO E NEGOCIACIÓN SOBRE UN PLAN DE TRANSPORTE QUE TEN POR OBXECTIVO GARANTIR OS SERVIZOS AOS CIDADÁNS E OS EMPREGOS NO SECTOR

  • O Diario Oficial de Galicia fai pública hoxe a orde pola que se establecen os servizos mínimos para as xornadas de folga convocadas e que se establecen na práctica totalidade para as rutas do transporte escolar

 

Santiago, 19 de xuño de 2017.-  A Xunta mantén a súa oferta de diálogo e negociación sobre a primeira fase do Plan de transporte público de Galicia, unha iniciativa que ten como único obxectivo garantir os servizos aos cidadáns e os postos de traballo no sector. Este plan é a resposta do Goberno galego á decisión de parte das empresas de transporte a non seguir prestando máis de 500 liñas de autobús a partir do vindeiro mes de agosto.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda mantén as portas abertas e reitera a súa plena disposición a revisar coas centrais sindicais os aspectos laborais dos 42 contratos do Plan de transporte público, co obxectivo de acadar solucións de consenso que ofrezan as garantías que demandan os representantes dos traballadores.

 

Así mesmo, o Goberno galego manifesta tamén, novamente, que está aberto a analizar as propostas que desexen presentar as empresas representadas polas diferentes federacións de transportistas de Galicia.

 

O Plan elaborado polo Goberno galego supón unha reordenación do actual sistema de concesións de transporte naquelas zonas afectadas polas renuncias empresariais. As liñas de transporte agrúpanse nun total de 42 contratos comarcais economicamente viables que terán vixencia ata 2019.

 

A principal novidade deste sistema radica na integración das liñas de transporte escolar no marco xurídico do transporte regular, unha modalidade a efectos únicos de xestión, que blindando e reforzando a atención prioritaria das necesidades dos alumnos, permite multiplicar as  posibilidades de mobilidade da poboación rural.

 

Entre as grandes vantaxes deste plan está o feito de que todas as liñas de transporte escolar que se integren no transporte regular en Galicia contarán cun monitor acompañante, situándose por riba das exixencias legais.

 

Ademais, a posta en marcha da primeira fase do novo Plan de transporte público de Galicia permitirá mellorar o funcionamento deste servizo en preto de 200 concellos galegos. Neles máis que duplicarase o número de paradas de autobús xeral e 1,7 millóns de persoas terán unha parada a menos de 500 metros da súa casa.

 

Un sistema testado con éxito en varias autonomías

A integración do transporte escolar no transporte regular funciona desde hai anos con normalidade noutras comunidades de España, como Castela e León, Asturias, País Vasco e Navarra.

 

Esta integración constitúe a tendencia xeral nos plans de futuro do resto de autonomías, na procura dunha optimización e racionalización da oferta de servizos de transporte público, un obxectivo especialmente xustificado no caso de Galicia, onde a atención das necesidades de mobilidade da poboación está marcada pola alta dispersión da poboación e onde se estima que as rutas de transporte escolar representan o 40% do total do Estado.

 

Outra das características do Plan é o seu deseño orientado á realidade do tecido empresarial galego do sector do transporte, xa que os contratos requiren dunha media de 13 autobuses para poder realizar os servizos que recollen, ao tempo que se abre a posibilidade de que as empresas concurran aos mesmos a través dunha UTE.

 

O Diario Oficial de Galicia fai pública hoxe a orde pola que se establecen os servizos mínimos para as xornadas de folga convocadas e que se establecen nun 40% para os servizos xerais e do 100% para o transporte escolar.

 

En todo caso, o Goberno galego solicita que as centrais sindicais reconsideren a convocatoria de folga prevista para mañá e o mércores, xa que ao coincidir coa última semana do curso escolar poderá afectar aos alumnos que tiñan programadas excusións, así como dificultar os desprazamentos dos traballadores.

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: