A XUNTA DE GALICIA DEFENDE A ACCESIBILIDADE E O DESEÑO UNIVERSAL COMO UN VALOR POSITIVO PARA O CONXUNTO DA CIDADANÍA Recibidos x
- O responsable da área social do Goberno galego indicou que a “accesibilidade non está ligada unicamente ás persoas con diversidade senón que debe ser unha garantía, un valor e un compromiso de toda a sociedade”
- A Estratexia Galega sobre Discapacidade-Horizonte 2020 ten entre os seus obxectivos prioritarios o deseño de servizos e espazos para todas as persoas
Santiago, 20 de xuño de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu hoxe á presentación da casa intelixente, accesible e sostible da Fundación ONCE, nun acto que contou coa participación do presidente do Consello Territorial da ONCE en Galicia, José Fernández Lamigueiro. A vivenda, de máis de 100 metros cadrados, é unha iniciativa posta en marcha pola devandita fundación no marco dun convenio asinado co Real Padroado sobre Discapacidade e que está a percorrer diferentes cidades españolas co obxectivo de demostrar a técnicos e sociedade en xeral que a accesibilidade é positiva para todas as persoas
Na súa intervención, Rey Varela subliñou que este proxecto evidencia que “a eliminación de barreiras e o deseño para todos son dúas realidades posibles para contribuír á consecución da plena cidadanía das persoas”. Neste sentido, engadiu que a accesibilidade “non está ligada unicamente ás persoas con discapacidade senón que debe ser unha garantía, un valor e un compromiso do conxunto da sociedade”.
Nesta liña, o conselleiro apuntou que a Xunta entende a accesibilidade universal como un obxectivo común e transversal, tal e como se pon de manifesto na Estratexia Galega sobre Discapacidade horizonte 2020 que conta entre os seus eixos prioritarios o deseño de espazos e servizos para todas as persoas. “A accesibilidade é un dereito e a súa carencia considerase unha vulneración da igualdade de oportunidades, polo que compete ás administracións e á sociedade no seu conxunto establecer as condicións necesarias para que toda a cidadanía poida desenvolver a súa vida de maneira plena”, aseverou.
Asemade, o titular de Política Social lembrou que no ámbito urbanístico a Xunta convocou o ano pasado axudas dirixidas aos concellos para a execución de obras e a adquisición de equipamentos que melloren a accesibilidade. Ao abeiro desta liña de achegas realizáronse actuacións por un importe próximo a un millón de euros.
Por último, Rey Varela sinalou que aínda que se avanzou na aplicación de criterios de accesibilidade resulta necesario “continuar apoiando medidas de fomento que reduzan as carencias que persisten neste ámbito coa finalidade de lograr que os contornos e servizos sexan sempre universalmente accesibles”.
UN TOTAL DE 150 RAPAZAS E RAPACES DISPUTAN O II TORNEO ESCOLAR DE XADREZ DO PORRIÑO NO QUE A VICTORIA FOI, DE NOVO, PARA ANXO CASTAÑO, EN INDIVIDUAL E PARA O IES RIBEIRA DO LOURO, NO CAMPIONATO POR CENTROS
Un total de 150 rapazas e rapaces participaron no II Torneo Escolar de Xadrez do Porriño que se disputou este ano no CEIP Fernández López entre xogadoras e xogadores de 6 a 16 anos, todos eles alumnas e alumnos de centro educativos do Porriño.
O Campionato xogouse segundo o sistema suíza, a 5 rondas, resultando gañador do mesmo, Anxo Castaño Otero, que repetiu o título conquistado o ano pasado, seguido de Lucas Represas, Nicolás Teixeira, Rocío Fernández e Raúl Rodríguez.
Por centros, o primeiro posto foi para o IES Ribeira do Louro, con 62 puntos, en segunda posición o CEIP de Atios, con 60.5, a terceira praza foi para o CEIP Antonio Palacios, con 52, seguido do CPR Hermanos Quiroga (46), CEIP Fernández López (39,5); CEIP Cruz Budiño (35), CPI da Ribeira (10,5) e IES Pino Manso (8,5).
A concelleira de Educación, Lourdes Moure, fixo entrega dos premios aos primeiros clasificados e pechou o torneo amosando a súa satisfacción porque “o mesmo chegase a 150 participantes, o que amosa a boa acollida que está a ter o xadrez”, felicitou a todas e todos os xogadores, “porque sodes vos o que facedes posible que este torneo sexa hoxe unha realidade e que mesmo O Porriño empece a ter relevancia no eido deste deporte, a nivel de Galicia”.
A concelleira non quixo confirmar qué centro será a sede do campionato do ano que ven,aínda que deu unha pista ao afirmar, entre os aplausos dos participantes que “o Antonio Palacios soa con forza”.
La Policía Nacional de Vigo forma a los empresarios sobre comercio seguro y el entorno digital
La Cámara de Comercio organiza dos jornadas de carácter gratuito los días 27 y 29 de junio para a aumentar la seguridad de los establecimientos físicos y la compra online
Vigo, 20/06/2017.- El comercio es un sector estratégico de una importante transcendencia económica, ya que supone el 12% del Producto Interior Bruto total de la economía española, representando el comercio minorista el 5,3% de ese total. Y mejorar las condiciones de seguridad de los establecimientos y de los productos, ofreciendo información y asistencia al sector sobre las precauciones y prevenciones que se deben adoptar para mejorar la seguridad de las áreas comerciales es una de las claves del Plan Comercio Seguro puesto en marcha por la Dirección General de la Policía.
Por este motivo, la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa organiza, en colaboración con la Policía Nacional, la jornada “Comercio Seguro” que se impartirá en la sede de Vigo el día 27 de junio de 9:00 a 10:30 horas. La formación, de carácter gratuito, será impartida Luis Alberto Luaces Bustabad, delegado de Participación Ciudadana, Brigada de Seguridad Ciudadana.
La charla, eminentemente práctica, ayudará tanto a los comerciantes como a los empleados de los establecimientos, a aumentar la seguridad de sus tiendas, a través de una prevención que elimine o minimice el riesgo de sufrir delitos, así como difundir consejos básicos en el ámbito de la seguridad, o cómo afrontar una denuncia formal cuando hayan sido objeto de robo, intimidación o cualquier otro tipo de violencia física o verbal.
Continuando con los aspectos de seguridad, el 29 de junio, tendrá lugar la jornada “Internet y nuevas tecnologías. Peligros y delitos”, de 9:00 a 10:30 horas. Impartida de nuevo por Luis Alberto Luaces Bustabad, delegado de Participación Ciudadana, la charla de carácter gratuito, se centrará en el entorno digital del sector. Así, además de hablar del tratamiento de datos personales, los sistemas de pago online y el comercio electrónico, se hará especial mención a la publicidad en redes sociales, al tipo de público al que dirigirse y a las precauciones a la hora de trabajar con estas herramientas. Virus, estafas, redes sociales, privacidad, mensajería instantánea, suplantación de identidad… serán pues aspectos fundamentales de esta jornada, que dedicará también un apartado al conocimiento de los ciberataques y cómo actuar ante ellos en la pyme.
Los interesados en inscribirse en estas jornadas pueden hacerlo a través de la página web www.camarapvv.es o presencialmente en cualquier de las tres oficinas de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa.
Afundación e o Centro Dramático Galego presentan a obra ‘Martes de Carnaval’ de Valle-Inclán en Vigo
Afundación vén de presentar esta mañá no Teatro Afundación de Vigo a obraMartes de Carnaval, incluída na programación cultural da entidade. Trátase dunha produción teatral do Centro Dramático Galego escrita por Ramón María del Valle-Inclán que se interpretará por primeira vez en lingua galega baixo a dirección de Marta Pazos. «As galas do defunto» e «A filla do capitán» son as dúas pezas que conforman a obra que sairá a escena o vindeiro xoves 22 de xuño a partir das 20.30 h. As entradas están dispoñibles a través das vías de comercialización habituais da entidade: na web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.
AIMEN muestra los desarrollos obtenidos en las cinco unidades mixtas de investigación en las que participa
Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia; y Patricia Argerey, directora de la Axencia Galega de Innovación (GAIN) han visitado el Centro de Aplicaciones Láser de AIMEN.
- Durante el encuentro, se ha puesto en valor las capacidades en I+D+i de AIMEN, que en el periodo 2002-2017 ha participado en 53 proyectos internacionales, de los cuales ha liderado 19, con un retorno obtenido de 15,7 millones de euros.
Pie de foto: visita del conselleiro de Economía, Emprego e Industria al Centro de Aplicaciones Láser de AIMEN.
A XUNTA VALORA AS ACHEGAS CONSTRUTIVAS DE FEGATRAVI AO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA E A SÚA VONTADE DE DIÁLOGO
- A conselleira de Infraestruturas explicou esta tarde os beneficios da reordenación na comarca de Valdeorras, onde alcaldes e empresarios trasladaron o seu apoio polas melloras que implica para mobilidade rural
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia valora positivamente a crítica construtiva da Federación de Empresarios de Transporte de Pasaxeiros (Fegatravi) ao novo Plan de ordenación do sector e agradece a súa disposición ao diálogo sobre o mesmo. Representantes da Consellería de Infraestruturas e Vivenda mantiveron esta tarde unha reunión co presidente de Fegatravi, Javier de Bidegaín, e o secretario, Fernando Míguez.
Os responsables de Fegatravi solicitaron que se analicen as alegacións presentadas en relación cos custos de explotación dos servizos, co obxecto de garantir que o Plan de transporte da Xunta poda representar unha oportunidade para garantir os servizos aos cidadáns, os empregos no sector e a viabilidade das empresas.
Pola súa banda, os membros da Administración aseguraron que actualmente se están a analizar todas as alegacións recibidas, co mesmo propósito e que as mesmas contribuirán a mellorar os anteproxectos presentados pola Administración.
O Plan elaborado polo Goberno galego supón unha reordenación do actual sistema de concesións de transporte naquelas zonas afectadas polas renuncias empresariais. As liñas de transporte agrúpanse nun total de 42 contratos comarcais economicamente viables que terán vixencia ata 2019.
A principal novidade deste sistema radica na integración das liñas de transporte escolar no marco xurídico do transporte regular, unha modalidade a efectos únicos de xestión, que blindando e reforzando a atención prioritaria das necesidades dos alumnos, permite multiplicar as posibilidades de mobilidade da poboación rural.
Entre as grandes vantaxes deste plan está o feito de que todas as liñas de transporte escolar que se integren no transporte regular en Galicia contarán cun monitor acompañante, situándose por riba das exixencias legais.
Ademais, a posta en marcha da primeira fase do novo Plan de transporte público de Galicia permitirá mellorar o funcionamento deste servizo en preto de 200 concellos galegos. Neles máis que duplicarase o número de paradas de autobús xeral e 1,7 millóns de persoas terán unha parada a menos de 500 metros da súa casa.
Así mesmo, a conselleira de Infraestruturas explicou esta tarde os beneficios da reordenación na comarca de Valdeorras, onde alcaldes e empresarios trasladaron o seu apoio polas melloras que implica para mobilidade rural.
A Xunta mantén a doisposición ao diálogo tanto con sindicatos como con empresarios do sector do transporte, co obxectivo de acadar o maior éxito, na imprescindible reordenación do transporte público de Galicia, afectada polas renuncias de algúns empresarios ás concesións, que se farán efectivas o vindeiro mes de agosto.
Na xornada de mañá, a Consellería de Infraestrututuras manterá novos encontros coas asociacións de Anpas co obxectivo de aclaras as súas dúbidas e preocupacións aoi respecto da reordenación do transporte.