A XUNTA DE GALICIA DEFENDE A ACCESIBILIDADE E O DESEÑO UNIVERSAL COMO UN VALOR POSITIVO PARA O CONXUNTO DA CIDADANÍA Recibidos x

  • O responsable da área social do Goberno galego indicou que a “accesibilidade non está ligada unicamente ás persoas con diversidade senón que debe ser unha garantía, un valor e un compromiso de toda a sociedade”
  • A Estratexia Galega sobre Discapacidade-Horizonte 2020 ten entre os seus obxectivos prioritarios o deseño de servizos e espazos para todas as persoas

 

Santiago, 20 de xuño de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu hoxe á presentación da casa intelixente, accesible e sostible da Fundación ONCE, nun acto que contou coa participación do presidente do Consello Territorial da ONCE en Galicia, José Fernández Lamigueiro. A vivenda, de máis de 100 metros cadrados, é unha iniciativa posta en marcha pola devandita fundación no marco dun convenio asinado co Real Padroado sobre Discapacidade e que está a percorrer diferentes cidades españolas co obxectivo de demostrar a técnicos e sociedade en xeral que a accesibilidade é positiva para todas as persoas

 

Na súa intervención, Rey Varela subliñou que este proxecto evidencia que “a eliminación de barreiras e o deseño para todos son dúas realidades posibles para contribuír á consecución da plena cidadanía das persoas”. Neste sentido, engadiu que a accesibilidade “non está ligada unicamente ás persoas con discapacidade senón que debe ser unha garantía, un valor e un compromiso do conxunto da sociedade”.

 

Nesta liña, o conselleiro apuntou que a Xunta entende a accesibilidade universal como un obxectivo común e transversal, tal e como se pon de manifesto na Estratexia Galega sobre Discapacidade horizonte 2020 que conta entre os seus eixos prioritarios o deseño de espazos e servizos para todas as persoas. “A accesibilidade é un dereito e a súa carencia considerase unha vulneración da igualdade de oportunidades, polo que compete ás administracións e á sociedade no seu conxunto establecer as condicións necesarias para que toda a cidadanía poida desenvolver a súa vida de maneira plena”, aseverou.

 

Asemade, o titular de Política Social lembrou que no ámbito urbanístico a Xunta convocou o ano pasado axudas dirixidas aos concellos para a execución de obras e a adquisición de equipamentos que melloren a accesibilidade. Ao abeiro desta liña de achegas realizáronse actuacións por un importe próximo a un millón de euros.

 

Por último, Rey Varela sinalou que aínda que se avanzou na aplicación de criterios de accesibilidade resulta necesario “continuar apoiando medidas de fomento que reduzan as carencias que persisten neste ámbito coa finalidade de lograr que os contornos e servizos sexan sempre universalmente accesibles”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: