Archive | junio 21, 2017

A XUNTA AXUDA ÁS FAMILIAS NUMEROSAS A REALIZAR ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA NAS ESTACIÓNS DE MONTAÑA GALEGAS

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria destas subvenciónsA administración autonómica sufragará parte dos gastos, de xeito que os núcleos familiares beneficiarios recibirán 35 euros por persoa maior de 12 anos e 37,5 euros por cada menor de 12 anos

  • Esta iniciativa incentiva o turismo de montaña para este colectivo e representa unha medida de apoio social e de fomento das actividades do lecer

 

Santiago, 21 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia outorgará axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia.

 

A Administración Autonómica, baixo a responsabilidade de atender, apoiar e protexer ás familias como núcleo fundamental da sociedade, convoca un ano máis estas subvencións que incentivan o turismo de montaña para as familias numerosas e representan unha medida de apoio social e de fomento das actividades de lecer.

 

A finalidade desta convocatoria é sufragar parte dos gastos de ditas estadías, para o cal a Xunta de Galicia destina unha contía global de 20.000 euros. Grazas a este investimento, as familias que resulten beneficiarias recibirán unha axuda de 35 euros por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e para os adultos, mentres que por cada menor de 12 anos, percibiranse 37,5 euros.

 

Para poder optar a esta convocatoria a persoa solicitante deberá formar parte dunha unidade familiar considerada numerosa e residir en Galicia. Así mesmo, o título de familia numerosa debe estar en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e a renda per cápita da unidade familiar non pode superar os 10.500 euros anuais.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica e o prazo a este efecto será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.     

 

 

 

 

 

A XUNTA DE GALICIA PILOTA UN PROGRAMA EUROPEO PARA MELLORAR A EMPREGABILIDADE E FOMENTAR O EMPRENDEMENTO XUVENIL

A directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, presentou hoxe a iniciativa Lidera, que se enmarca no programa de cooperación interterritorial Galicia-Norte de Portugal

  • A finalidade é facilitar á mocidade máis oportunidades laborais e de formación, a través de accións que impulsen o espírito empresarial, a busca activa de traballo e a creación dunha rede de apoio á empregabilidade a partir da posta a disposición dos Espazos Xoves
  • A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado impulsa este proxecto no que tamén participan como socios as seguintes entidades galegas e portuguesas: a Fundación Galicia Europa, a Cámara de Comercio de Santiago, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia, o Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude, a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesas e a Comunidade Intermunicipal do Ave
  • A Unión Europea, a través de fondos para o desenvolvemento rexional, financia o 75% do investimento total nesta iniciativa, que ascende a algo máis de 1,4 millóns de euros e cuxo prazo de execución remata en 2019

 

A XUNTA ABRIRÁ EXPEDIENTES INFORMATIVOS ANTE O ELEVADO INCUMPRIMENTO DOS SERVIZOS MÍNIMOS NA FOLGA DE TRANSPORTE, CON MILES DE ALUMNOS E FAMILIAS AFECTADOS

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantiveron hoxe un encontro para analizar a incidencia da folga do transporte público

 

  • Vázquez Mourelle desminte que o novo Plan supoña a redución de 1.000 empregos, xa que esta iniciativa blinda os traballos no sector, que incluso se incrementarán ao aumentar o número de coidadores para velar pola seguridade dos escolares
  • O conselleiro de Educación, Román Rodríguez,  lamenta que o incumprimento dos servizos mínimos impida o dereito dos alumnos a acudir aos seus centros escolares e obstaculice a conciliación familiar
  • Román Rodríguez fai un chamamento á responsabilidade que faga compatible o exercicio lexítimo da folga co cumprimento dos servizos mínimos e o respecto aos dereitos do conxunto da cidadanía

 

Santiago, 21 de xuño de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, xunto cos secretarios xerais técnicos das respectivas consellerías, Joaquín Macho e Jesús Oitavén, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantiveron un encontro para analizar a incidencia da folga do transporte público, no que acordaron a apertura de expedientes informativos ante o elevado incumprimento dos servizos mínimos, con miles de alumnos e familias afectados. O Goberno galego, unha vez iniciados estes expedientes ás empresas e analizados os datos necesarios, avaliará se é precisa a imposición de sancións.  

 

Vázquez Mourelle lamentou que o incumprimento dos servizos mínimos de transporte estea a vulnerar o dereito á educación dos menores e a ocasionar molestias aos seus familiares.

 

A conselleira desmentiu rotundamente que o novo Plan de transporte público vaia supoñer a redución de 1.000 empregos, xa que se descartan a supresión de servizos. Neste sentido, precisou que sucede máis ben o contrario, pois este plan que está a impulsar a Xunta nace da premisa de garantir os postos de traballo no sector, que incluso se incrementarán ao aumentar substancialmente o número de coidadores coa fin de velar pola seguridade dos escolares nos autobuses.

 

Ethel Vázquez reiterou que a Xunta mantén as portas abertas para abordar o plan, pero subliñou que o incumprimento dos servizos non son o camiño do diálogo.

 

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez tamén lamentou o incumprimento dos servizos mínimos, que no caso do transporte escolar está vulnerando o dereito á educación dos alumnos e impedíndolles acudir aos seus centros escolares. Ademais, engadiu que esta situación tamén está a prexudicar á conciliación das familias.

 

Román Rodríguez fixo un chamamento á responsabilidade que faga compatible o exercicio lexítimo da folga co cumprimento dos servizos mínimos e o respecto aos dereitos do conxunto da cidadanía.

 

 

 

 

A XUNTA DE GALICIA PILOTA UN PROGRAMA EUROPEO PARA MELLORAR A EMPREGABILIDADE E FOMENTAR O EMPRENDEMENTO XUVENIL

  • A finalidade é facilitar á mocidade máis oportunidades laborais e de formación, a través de accións que impulsen o espírito empresarial, a busca activa de traballo e a creación dunha rede de apoio á empregabilidade a partir da posta a disposición dos Espazos Xoves
  • A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado impulsa este proxecto no que tamén participan como socios as seguintes entidades galegas e portuguesas: a Fundación Galicia Europa, a Cámara de Comercio de Santiago, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia, o Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude, a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesas e a Comunidade Intermunicipal do Ave
  • A Unión Europea, a través de fondos para o desenvolvemento rexional, financia o 75% do investimento total nesta iniciativa, que ascende a algo máis de 1,4 millóns de euros e cuxo prazo de execución remata en 2019

 

Zona de los archivos adjuntos

Afundación comeza a venda dos abonos para a Tempada de Teatro de setembro a decembro en Vigo

Afundación pon á venda os abonos para a Tempada de Teatro de setembro a decembro no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). Os abonos estarán dispoñibles desde hoxe 21 de xuño ata o 3 de setembro e as adquisicións poderanse realizar no teléfono 902 504 500.

Os abonos supoñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete individual. Ademais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e xente nova que supón unha rebaixa adicional dun 10 %.

Jornada de networking y responsabilidad social con Cruz Roja

Vigo, 21 de junio de 2017.- AJE Vigo organiza mañana jueves, 22 de junio, una jornada de networking y un encuentro sobre RSE (Responsabilidad Social Empresarial) con Cruz Roja. Bajo la denominación Business ExpRSE, en el encuentro participarán 15 empresas de diversos sectores interesadas en generar sinergias entre ellas y con el objetivo, además, de fomentar en esas relaciones la Responsabilidad Social Empresarial. En el marco de la jornada, la presidenta provincial de Cruz Roja, María Teresa Álvarez Quicler, y la presidenta de Vigo, Purificación Serrano, explicarán la importancia de apostar por la Responsabilidad Social Empresarial y las ventajas que ello aporta no solo al tejido empresarial sino al conjunto de la sociedad.

Bussiness ExpRSE con Cruz Roja

Data: 22 de junio

Hora: 19.00 h 

Lugar: AJE Vigo. Marqués de Valladares, 21-1º. Vigo

 

 

 

 

 

 

 

 

A XUNTA E A FUNDACIÓN MONTE DO GOZO RENOVAN A SÚA COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTO HOM

  • O acordo permitirá desenvolver medidas encamiñadas á reinserción social das persoas adictas
  • O convenio estará vixente durante todo o 2017 e as actuacións levaranse a cabo en Santiago, Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra
  • A Consellería de Política Social inviste preto de 150.000 euros neste programa

 

Santiago, 21 de xuño de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa educativo-terapéutico Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas. O acordo foi rubricado tamén por Ramón Gómez Crespo, director de Proxecto Home Galicia.

 

A subscrición deste acordo permitirá desenvolver medidas e accións encamiñadas á reinserción social co obxecto de minguar, na medida do posible, as consecuencias sociais asociadas ao consumo de substancias aditivas, propiciando un apoio efectivo cara a integración social e laboral deste colectivo. Entre estas medidas, figuran programas de tratamento das adiccións ao alcohol, á cocaína ou ao xogo entre outros, que se desenvolverán en Santiago, Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra.

 

A colaboración centrarase no sostemento dos servizos e accións que se desenvolven nos distintos dispositivos dos que dispón a Fundación Monte do Gozo en Galicia, na fase de reinserción social dos programas xa mencionados. Esta fase desenvólvese en réxime ambulatorio, semi-residencial ou residencial, tendo por obxecto a integración harmónica e satisfactoria no ámbito familiar, social e laboral das persoas a tratamento nos distintos programas.

 

A Xunta de Galicia investirá neste programa 149.365,44 euros, unha suma que permitirá subvencionar os gastos do persoal necesario para a execución das actividades así como gastos de auga e saneamento, luz, gas, carburante, telefonía e formación entre outros. A vixencia do convenio estenderase desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2017.

 

Tanto o conselleiro como o director de Proxecto Home Galicia amosaron a súa satisfacción tras a sinatura, que marca a continuidade da colaboración entre a Administración autonómica e a Fundación para mellorar a calidade de vida das persoas que máis o precisan.

A XUNTA CHAMA Á RESPONSABILIDADE NO CUMPRIMENTO DOS SERVIZOS MÍNIMOS NA FOLGA DE TRANSPORTE E O RESPECTO AOS DEREITOS DOS TRABALLADORES E ÁS NECESIDADES DOS ESCOLARES

Estímase que o incumprimento dos servizos mínimos afecta a máis de 65.000 alumnos

  • Os datos provisionais proporcionados polas empresas de transporte cifran nun 40% o seguimento de traballadores do paro
  • A afección aos servizos está a ser moi superior porque hai piquetes que están a vulnerar os dereitos dos traballadores impedindo a saída de autobuses
  • A Consellería de Infraestruturas mantén a súa oferta de diálogo para analizar os aspectos laborais do Plan de transporte e as alternativas da patronal, á que empraza a dialogar cos traballadores sobre os convenios colectivos
  • A Xunta lembra que o Plan de transporte público ten como un dos seus principais obxectivos garantir os postos de traballo do sector

 

Santiago, 20 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia chama á responsabilidade para facer posible o dereito á folga co cumprimento dos servizos mínimos establecidos e o respecto ás necesidades dos escolares e das súas familias, así como aos dereitos dos traballadores que decidiron acudir hoxe aos seus postos de traballo.

 

Ante a convocatoria sindical de dúas xornadas de folga de transporte público nas xornadas de hoxe, 20 de xuño, e mañá, 21 de xuño, o Diario Oficial de Galicia publicou onte a orde pola que se regulan os servizos mínimos que deben manterse.

 

Desde a necesidade de garantir o dereito básico á educación, esa orde establece que se manteñen como esenciais os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 horas da mañá ata as 10.30 horas e os de saída desde as 13.40 ás 19 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.

 

Sen embargo, na xornada de hoxe tense constatado un incumprimento dos servizos mínimos establecidos para o transporte escolar de preto do 65%,  con máis de 65.000 afectados en toda Galicia.

 

Os datos provisionais proporcionados tan só por parte das empresas de transporte cifran nun 40% o seguimento de traballadores do paro, se ben a afección aos servizos está a ser moi superior porque diferentes piquetes están a vulnerar os dereitos dos traballadores impedindo a saída de autobuses das estacións.

 

Os servizos mínimos establecidos para o transporte xeral están a rexistrar tamén un elevado grao de incumprimento, próximo ao 75%.

 

A Consellería de Infraestruturas mantén a súa oferta de diálogo aos traballadores para analizar os aspectos laborais do Plan de transporte e a súa disposición a analizar as propostas da patronal. Así mesmo, empraza aos empresarios do transporte a negociar cos traballadores a renovación dos convenios colectivos.

 

O Plan elaborado polo Goberno galego supón unha reordenación do actual sistema de concesións de transporte naquelas zonas afectadas polas renuncias empresariais. As liñas de transporte agrúpanse nun total de 42 contratos comarcais  viables que terán vixencia ata 2019.

 

Un dos grandes obxectivos deste plan é o mantemento dos postos de traballo do sector, afectado polas renuncias das empresas a seguir prestando máis de 500 liñas de autobús a partir do vindeiro mes de agosto, poñendo así en risco os empregos.

 

A principal novidade deste sistema radica na integración das liñas de transporte escolar no marco xurídico do transporte regular, unha modalidade a efectos únicos de xestión, que blindando e reforzando a atención prioritaria das necesidades dos alumnos, permite multiplicar as posibilidades de mobilidade da poboación rural.

 

Entre as grandes vantaxes deste plan está o feito de que todas as liñas de transporte escolar que se integren no transporte regular en Galicia contarán cun monitor acompañante, situándose por riba das exixencias legais.

 

Ademais, a posta en marcha da primeira fase do novo Plan de transporte público de Galicia permitirá mellorar o funcionamento deste servizo en preto de 200 concellos galegos. Neles máis que duplicarase o número de paradas de autobús xeral e 1,7 millóns de persoas terán unha parada a menos de 500 metros da súa casa.