A XUNTA AXUDA ÁS FAMILIAS NUMEROSAS A REALIZAR ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA NAS ESTACIÓNS DE MONTAÑA GALEGAS

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria destas subvenciónsA administración autonómica sufragará parte dos gastos, de xeito que os núcleos familiares beneficiarios recibirán 35 euros por persoa maior de 12 anos e 37,5 euros por cada menor de 12 anos

  • Esta iniciativa incentiva o turismo de montaña para este colectivo e representa unha medida de apoio social e de fomento das actividades do lecer

 

Santiago, 21 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia outorgará axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia.

 

A Administración Autonómica, baixo a responsabilidade de atender, apoiar e protexer ás familias como núcleo fundamental da sociedade, convoca un ano máis estas subvencións que incentivan o turismo de montaña para as familias numerosas e representan unha medida de apoio social e de fomento das actividades de lecer.

 

A finalidade desta convocatoria é sufragar parte dos gastos de ditas estadías, para o cal a Xunta de Galicia destina unha contía global de 20.000 euros. Grazas a este investimento, as familias que resulten beneficiarias recibirán unha axuda de 35 euros por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e para os adultos, mentres que por cada menor de 12 anos, percibiranse 37,5 euros.

 

Para poder optar a esta convocatoria a persoa solicitante deberá formar parte dunha unidade familiar considerada numerosa e residir en Galicia. Así mesmo, o título de familia numerosa debe estar en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e a renda per cápita da unidade familiar non pode superar os 10.500 euros anuais.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica e o prazo a este efecto será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.     

 

 

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: