A XUNTA E A FUNDACIÓN MONTE DO GOZO RENOVAN A SÚA COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTO HOM

  • O acordo permitirá desenvolver medidas encamiñadas á reinserción social das persoas adictas
  • O convenio estará vixente durante todo o 2017 e as actuacións levaranse a cabo en Santiago, Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra
  • A Consellería de Política Social inviste preto de 150.000 euros neste programa

 

Santiago, 21 de xuño de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa educativo-terapéutico Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas. O acordo foi rubricado tamén por Ramón Gómez Crespo, director de Proxecto Home Galicia.

 

A subscrición deste acordo permitirá desenvolver medidas e accións encamiñadas á reinserción social co obxecto de minguar, na medida do posible, as consecuencias sociais asociadas ao consumo de substancias aditivas, propiciando un apoio efectivo cara a integración social e laboral deste colectivo. Entre estas medidas, figuran programas de tratamento das adiccións ao alcohol, á cocaína ou ao xogo entre outros, que se desenvolverán en Santiago, Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra.

 

A colaboración centrarase no sostemento dos servizos e accións que se desenvolven nos distintos dispositivos dos que dispón a Fundación Monte do Gozo en Galicia, na fase de reinserción social dos programas xa mencionados. Esta fase desenvólvese en réxime ambulatorio, semi-residencial ou residencial, tendo por obxecto a integración harmónica e satisfactoria no ámbito familiar, social e laboral das persoas a tratamento nos distintos programas.

 

A Xunta de Galicia investirá neste programa 149.365,44 euros, unha suma que permitirá subvencionar os gastos do persoal necesario para a execución das actividades así como gastos de auga e saneamento, luz, gas, carburante, telefonía e formación entre outros. A vixencia do convenio estenderase desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2017.

 

Tanto o conselleiro como o director de Proxecto Home Galicia amosaron a súa satisfacción tras a sinatura, que marca a continuidade da colaboración entre a Administración autonómica e a Fundación para mellorar a calidade de vida das persoas que máis o precisan.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: