Archive | junio 22, 2017

REFORMA, MELLORA E ADAPTACIÓN PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL DE SEIS PARQUES INFANTIS DO PORRIÑO NOS QUE SE INVESTIRON MÁIS DE 72.000

 

O Goberno local ven de rematar o arranxo de varios parques infantís da vila, que en moitos casos “non se tocaran en anos”,  e que xa están en funcionamento ou, coma o caso do parque da Praza do Cristo, poderán usarse dende a vindeira semana, logo de facer importantes melloras en todos eles.

A Concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Orlando Márquez, renovou totalmente o Parque da Urbanización do Sol, no que se arranxaron todos os bambáns, colocouse un para persoas con diversidade funcional e colocouse o chan de caucho, facendo un investimento de 21.777€.

Tamén está acabado o do Campo da Feira, que “ven de recuperarse totalmente”, coma indica o concelleiro, logo de contar cun orzamento de 4.173€; o mesmo sucedeu co Parque Lamazares, detrás de Correos, no que se cambiaron os seus elementos investindo 4.655€.

Igualmente, están xa reformados os de San Diego, no que ademais colocouse un chan de caucho continuo, logo de facer unha inversión de 1.952€ e o de Torneiros no que, cun investimento de 9.181€, ademais dos distintos xogos, se arranxaron os bancos, as varandas, o valado de madeira e adaptouse para persoas con diversidade funcional.

Por último, a metade da semana que ven,  as cativas e cativos poderán xogar de novo no Parque do Cristo logo dunha reforma que abrangueu a reparación dos compoñentes do mesmo- tobogán, balancín ou a torre- a substitución do chan por un novo de caucho que evita que os pequenos poidan mancarse, a colocación dun bambán para persoas con diversidade funcional  e a eliminación de calquera elemento que represente un risco para nenos. En total o orzamento para este traballo superou os 30.300€.

Orlando Márquez subliña que “logo de que se publique no Boletín Oficial do Estado a lei de Orzamentos Xerais do Estado, o Goberno local levará ao Pleno da Corporación a proposta para arranxar outros seis parques, os de Orbenlle, e A Forna, en Budiño e o do Centro Social de Atios, os dos centros sociais de Pontellas e Mosende e o de Pío XII”.

Márquez lembra que ata o dagora, o Ministerio de Facenda  non autoriza aos concellos con superávit, como é o do Porriño, a destinar partidas a gastos coma estes e confía en que tal situación quede solucionada nos Presupostos do Estado para este ano o cal posibilitaría que se rematase a mellora de todos os parques do Porriño.

O venres 23 de xuño, presentación da novela “Noventa y 8 días orbitando Saturno”, do vigués Julio Martínez

Este venres 23 de xuño (20:30 horas) presentarase en Detrás do Marco o libro Noventa y 8 días orbitando Saturno, do autor vigués Julio Martínez.

Este é o primeiro libro deste autor novel, premiado en algún concurso literario local. É un gran lector de sociología, filosofía e novelas de ciencia ficción, o cal está reflictido na súa obra.

Día: 23 de xuño

Hora: 20:30 horas

Lugar: Detrás do Marco (R/ Londres s/n)

Concerto Roi Casal

ROI CASAL, EN CONCERTO, ESTE VENRES, DÍA 23 DE XUÑO, NO PORRIÑO, CO SEU ESPECTÁCULO ‘SON GALEGO, SON CUBANO’, CON LETRAS DO GRANDE ESCRITOR XOSÉ NEIRA VILAS

Este  venres, 23 de xuño, o músico Roi Casal presentará o seu espectáculo Son Galego, Son Cubano en O Porriño. O concerto, que está organizado coa colaboración do Concello do Porriño, terá lugar no IES Pino Manso-co gallo do seu 50 aniversario- a partires das 8 da tarde. A entrada é libre.

Son galego, Son cubano, o gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba, foi presentado no Gran Teatro da Habana -Palacio do Centro Galego- no mes de maio de 2016 con dous memorables concertos.

Un show inesquecible, con letras de Neira Vilas, e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous paises, que foi visto en directo por máis de 50.000 persoas na xira de 2016.

Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio escritor e á emigración galega en Cuba, onde Neira Vilas residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das suas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña

A XUNTA INSISTE NA NECESIDADE DE QUE O CONCELLO DE VIGO SE ADHIRA AO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS

  • López-Chaves reclama á Administración local a súa implicación dado o elevado volume de persoas e familias nunha situación de especial vulnerabilidade   
  • Recorda que ata o de agora é o Executivo autonómico o que atende todos os  desafiuzamentos, tendo que recorrer mesmo a vivendas en municipios próximos
  • Xa son 45 os concellos galegos que forman parte desta iniciativa social posta en marcha polo Goberno galego e pioneira no Estado 

 

Vigo, 23 de xuño de 2017.-  O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, fixo hoxe un novo chamamento ao Concello de Vigo para que se adhira ao Programa de vivendas baleiras posto en marcha polo Executivo autonómico. Ata o de agora son xa 45 os concellos que forman parte desta medida social pioneira no Estado, que ten como obxectivo crear unha bolsa de vivendas baleiras para alugueiro social, incorporando os inmobles de organismos, particulares e empresas que non se atopen habitados. Entre eles, da área metropolitana, figuran Redondela, Baiona e Gondomar, estando Cangas en trámites.

 

Neste senso, López-Chaves reclamou á Administración local a súa implicación dado o elevado volume de persoas e familias en situación de especial vulnerabilidade na cidade. Segundo dixo, o obxectivo que persegue esta iniciativa non é outro que ofrecer unha solución real a un problema real en materia de vivenda e para isto pediu a complicidade do Concello de Vigo, que segue sen responder á invitación da Xunta de mobilizar inmobles desocupados para usos sociais.

 

“A situación na cidade é grave, xa que nela se concentran un preocupante número de casos que requiren atención das administracións, moitos deles con problemas para acceder a unha vivenda”, advertiu o representante do Goberno galego en Vigo, ao tempo que indicou que é o Executivo autonómico o que atende todos os desafiuzamentos, tendo que recorrer mesmo a municipios próximos ante a falla de vivendas dispoñibles neste concello.

 

Cómpre recordar que o pasado mes de maio o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, trasladoulle por carta á concelleira de Urbanismo, María José Caride, o interese da Xunta de que Vigo se sumase ao Programa de vivendas baleiras, froito dun convenio asinado coa Fegamp, no que a colaboración das administracións locais considérase imprescindible.     

 

Un programa que, tal e como incidiu o representante do Goberno galego na cidade, non suporá custe algún para o Concello de Vigo e permitirá pór no mercado un importante volume de inmobles para usos sociais. Segundo apuntou López-Chaves, todas son vantaxes. O propietario recibirá unha renda dun máximo de 350 euros no caso de Vigo e o arrendatario beneficiarase dun alugueiro accesible é compatible, ademais, con outras axudas que poida percibir das distintas administracións. Razóns suficientes, a xuízo do delegado, para que o goberno local tome a decisión de adherirse.

 

Todas as vivendas que se incorporen ao programa estarán dobremente aseguradas pola Xunta mediante un seguro multirrisco do fogar e outro de garantía de cobro da renda, con asistencia e defensa xurídica, e sen custe para o propietario.  

 

Asemade, o delegado subliñou que esta non é unha medida illada e que a Xunta está a impulsar unha ducia delas para evitar e paliar os desafiuzamentos hipotecarios ou por impago do alugueiro. Entre elas, citou a dación en pago, o aprazamento xudicial, o plan rehaVita ou o bono de alugueiro social. Respecto a este último, segundo os datos que obran en poder do Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no que atinxe á cidade de Vigo concedéronse 67 bonos de alugueiro na suma de 2016 e o que vai de ano.  

 

Renda de Inclusión Social

López-Chaves aproveitou o fío para reclamar as autoridades locais máis axilidade á hora de xestionar a Renda de Inclusión Social (Risga), que este ano supera por primeira vez os 58 millóns de euros. Así as cousas, remarcou o feito de que o tempo medio de resolución –calcúlase en función da data de entrada do expediente no concello ata que se resolve, sen computar o tempo que está en subsanación á espera de documentación- no Concello de Vigo quintuplique nalgúns casos ao da súa contorna. Mentres que Pontevedra arroxa un tempo medio de 35,64 días (a data de abril) o de Vigo dispárase ata os 181,45 días. Malia iso, a Xunta atendeu na cidade o pasado ano a preto de 2.500 persoas que reciben unha axuda.

 

Cómpre indicar que Vigo é un dos concellos de Galicia no que máis se reforzou o persoal dos servizos socias comunitarios a través do Plan Concertado. Así, a Xunta habilitou unha partida económica de 188.379 euros para contribuír a financiar a ampliación deste equipo, que pasaría a estar formada por 9 traballadores sociais, 1 educador e 1 psicólogo.

LA GALERÍA JOSÉ DE LA MANO GALARDONADA CON EL PREMIO OFF DE PHOTOESPAÑA POR LA EXPOSICIÓN “FERNANDO NUÑO 1960 – 1975 – ABSTRACCIONES [RE] VELADO

El jurado del Premio OFF ha valorado “ el interesante trabajo investigativo de recuperación de una figura desconocida para el gran público que avala la trayectoria ascendente de la galería que lo promueve y que culminará con una publicación que complementa a la muestra” 

La exposición muestra por primera vez cincuenta originales inéditos de época en blanco y negro positivados por el propio autor y realizados entre 1960 y 1975 

Esta noche se celebra, de la mano de Mahou, la Noche Off con un horario especial de apertura de las galerías entre las 20 y las 22 horas 

La Galería José de la Mano ha sido galardonada con el Premio Off en la XX edición de PHotoESPAÑA con el proyecto “Fernando Nuño 1960-1975 – Abstracciones [Re] velados”. Cincuenta obras inéditas realizadas por el autor durante estas décadas centrales del siglo XX.

El jurado del premio formado por el crítico Javier Díaz Guardiola, la directora de la Fundación ENAIRE, Beatriz Montero de Espinosa y la coleccionista Estefanía Meana ha valorado: “ el interesante trabajo investigativo de recuperación de una figura desconocida para el gran público que avala la trayectoria ascendente de la galería que lo promueve y que culminará con una publicación que complementa a la muestra”.

En 2004 se inauguró la Galería José de la Mano con la intención de recomponer el complejo panorama de pintores españoles que experimentaron con la geometría desde los años 40 a los 60. Desde entonces ha apostado por proyectos y autores que utilizaron la abstracción geométrica a modo de fórmula moderna de interpretación artística o de reivindicación política.

La exposición Fernando Nuño, 1960-1975 – abstracciones [re]veladas muestra por primera vez cincuenta originales inéditos de época en blanco y negro, positivados por el propio autor y realizados entre 1960-1975, momento en el que Nuño trabaja la fotografía a partir de encargos comerciales de una forma libre, intuitiva e incluso poética: “El menester de reflejar la realidad –o la irrealidad– del mundo con una cámara fotográfica”, declaraba el fotógrafo, “tiene mucho que ver con la poesía”.

Frente al documentalismo e hiperrealismo de los años 70, el trabajo de Nuño (Madrid, 1938-Málaga, 1996) fue calificado de imaginista, en el sentido de que partiendo de la realidad misma que se disponía ante la cámara fotográfica para ser captada, posteriormente ésta era subordinada conceptualmente a la imaginación.

Al margen de sus cuatro grandes series –El Sol (1975), El Fuego, La Vela (1977) y la dedicada al Acueducto de Segovia (1974)–, este conjunto de originales nos ofrece una faceta desconocida del artista reveladora del carácter modular y fundamentalmente abstracto de su fotografía. Nuño encontró en el ideario de la abstracción la única vía posible con la que “velar” la realidad, poder sugerir y transformar una imagen potencialmente en miles de imágenes.

El proyecto ha sido comisariado por Mónica Carabias Álvaro, profesora de Historia del Arte Contemporáneo de la Universidad Complutense de Madrid, y especialista en fotografía.

Sobre Fernando Nuño 
Fernando Nuño (Madrid, 1938-Málaga, 1996), puntal de la fotografía española entre mediados de los años cincuenta y finales de los años setenta, fue un autor autodidacta y de carácter excesivo. Se forja como fotógrafo en las calles, las redacciones, los caminos, los paisajes. Odiaba el laboratorio porque le producía claustrofobia, tanto como los trucos y los retoques de los que no quería oír ni hablar. Le gustaba ir a los bares y trabajar con la gente y estaba convencido de que las revistas fotográficas no conducían a nada, “o te deforman o acabas copiando lo que has visto”. Le chirriaba que llamaran a su fotografía “obra”. Le parecía excesivo, prefería considerarse simplemente un “fotógrafo” que hacía de todo y que creía hacerlo bien.

O programa de aceleración ABANCA Innova by Conector selecciona catro startups para a súa primeira edición

Os emprendedores seleccionados xa traballan nas instalacións de ABANCA Innova

  • Os proxectos acelerados no programa recibirán ata 20.000 euros de financiamento
20170621-abanca-innova
Descarga en alta resolución

22-06-2017

O programa de aceleración de ABANCA Innova by Conector, impulsado por ABANCA Innova, o programa de innovación de ABANCA, e Conector Startup Accelerator, a aceleradora de startups especializada en fase seed, arrincou coa participación de catro proxectos vinculados aos servizos financeiros.

Máis de 30 emprendedores galegos presentaron o seu proxecto para a fase de selección do programa de aceleración. Deles, 21 superaron o primeiro filtro e 13 presentaron o seu proxecto no Startup Day, un evento privado onde os mentores do programa de aceleración de ABANCA Innova by Conector votaron para elixir os que entrarían no programa. Finalmente, estas son o catro startups seleccionadas para participar na primeira edición do programa de aceleración ABANCA Innova by Conector:

  • Livetonic: asesor patrimonial que axuda ao usuario a detectar as súas necesidades de cobertura privadas, comparar e contratar en liña.
  • OpSeeker: axuda a mellorar a saúde financeira e a investir dunha maneira intelixente e pensando no futuro.
  • Tickele: app que permite desmaterializar os tickets. Almacena todos os recibos, paga e controla os gastos do usuario.
  • TrocoBuy: servizo de crédito para pemes que permite a súa devolución a través das vendas de produtos ou servizos.

O catro proxectos xa empezaron o programa de aceleración, que durará cinco meses. Baixo o asesoramento diario do director de Conector Galicia, Lalo García, e co soporte corporativo de ABANCA, os emprendedores beneficiaranse das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terán acceso á rede de networking de Conector e recibirán pílulas de formación en distintas áreas. Ademáis, as startups aceleradas obterán ata 20.000 euros a través dun préstamo participativo grazas ABANCA e dispoñen dun espazo de traballo gratuíto nas instalacións de ABANCA Innova.

Cada startup conta co seu propio equipo de mentores, un grupo de conselleiros formado por mentores de Conector e directivos de ABANCA que acompañarán aos emprendedores durante todo o programa de aceleración.

Entre os novos mentores galegos figuran José Manuel Valiño, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA, Javier Carral, director de Participadas de ABANCA, Luis Del Pozo, ex CMO de Jazztel, Rubén Ferreiro, CEO de Grupo Viko e Pedro González, director xeral de Zelnova, entre outros.

Para concluír o Programa de Aceleración de ABANCA Innova by Conector celebrarase a Demo Day, un foro de investimento privado coa presenza dos emprendedores, VC e business angels máis importantes do país.

A XUNTA FOMENTA A INTEGRACIÓN SOCIAL DOS COLECTIVOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN A TRAVÉS DA FORMACIÓN EN COMPETENCIAS BÁSICAS

Hoxe presenteouse a memoria de actividades da Asociación Plataforma polo Emprego, á que acudiron os directores xerais de Inclusión Social e Orientación e Promoción Laboral

  • No acto, os titulares autonómicos fixeron entrega dos diplomas aos participantes en actividades formativas organizadas pola asociación nas anualidades 2016-2017
  • A Administración autonómica investiu na entidade preto de 100.000 euros destinados á realización de programas que facilitan o acceso dos asistentes ao mercado laboral

 

Santiago, 22 de xuño de 2017.- O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, e o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Marnotes, acudiron esta mañá á presentación da memoria de actividades do ano 2016 da Asociación Plataforma polo Emprego. Así mesmo, no transcurso do acto, entregáronse os diplomas aos participantes en diversas iniciativas realizadas ao longo do curso.

 

A Xunta de Galicia investiu preto de 100.000 euros nesta entidade no período 2016-2017, unha suma grazas á cal se puideron realizar diversos programas entre os que figuran Emerxendo e Achegando, que teñen como obxectivo contribuír á integración social dos colectivos que se atopan en risco de exclusión social a través da formación en competencias básicas que permitan mellorar a súa cualificación socioprofesional e así facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

 

Deste xeito, ao abeiro destes programas, realizáronse cinco cursos de preparación de competencias clave no que participaron 85 persoas. Así mesmo, realizáronse itinerarios de inserción sociolaboral dos que tomaron parte 40 persoas e actividades de formación socioprofesional como xestión e aprovisionamento de cociña na unidade familiar de persoas dependentes e dous cursos de habilidades sociais e novas tecnoloxías. Todas estas iniciativas leváronse a cabo nas comarcas de Santiago de Compostela, Sar, Ordes, Arzúa, Noia, Lalín e Cuntis.

 

Arturo Parrado, destacou a importancia que teñen estas accións formativas para facilitar a empregabilidade de colectivos con menos recursos e en situación ou risco de exclusión social. “Colaborar con este tipo de iniciativas é unha obriga para o noso goberno, para conseguir que ningunha persoa quede atrás e que todos teñamos os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades”, afirmou o titular autonómico.

 

Pola súa banda, o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, destacou a importancia de formar ás persoas en risco de exclusión social cara aos novos perfís profesionais que está requirindo o mercado laboral. Puxo en valor, ademais, o apoio do Goberno galego a este colectivo, prioritario en todas as políticas activas de emprego da Xunta. De feito, este ano a creación de postos de traballo dos que máis o necesitan contan cunha maior intensidade nas axudas de emprego, un 25% máis.

 

A Xunta, ademais, segundo sinalou Marnotes, ten activo un programa para impulsar o emprego inclusivo con 7,6 millóns de euros co que se prevé beneficiar a 900 persoas en risco de exclusión social. A actuación forma parte da Axenda 20 para o Emprego coa que o Goberno galego, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, destina este ano 22 millóns de euros para promover a integración e calidade no traballo dos colectivos máis vulnerables.

 

Asociación Plataforma polo Emprego

Esta entidade nace en 1998 como plataforma aberta de asociacións e entidades coa intención de debater e propoñer iniciativas relacionadas co emprego dirixidas sobre todo aos colectivos sociais en situación ou en risco de exclusión.

 

A asociación, que aglutina diversas entidades das comarcas anteriormente citadas, basea o seu labor en catro eixos básicos como a personalización do proceso de busca de emprego; o acompañamento social cando é necesario; a coordinación social entre proxectos que se desenvolven na cidade de Santiago e a súa área de influencia; e a participación en rede, para evitar solapamentos e desorientación nas persoas participantes nos programas de emprego.

 

 

 

A XUNTA INICIA A ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS PARA 2018, QUE TERÁN COMO OBXECTIVO CONSOLIDAR O MODELO DE CRECEMENTO SAN

  • O Goberno galego volverá apostar pola internacionalización, a innovación e o coñecemento, e manterá como folla de ruta o Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020
  • As principais prioridades serán xerar novos postos de traballo, reforzar a incorporación dos galegos ao mercado laboral e mellorar as condicións de benestar
  • A elaboración dos Orzamentos do vindeiro exercicio partirá da avaliación dos indicadores dos anos anteriores

 

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017.- A Xunta deu hoxe comezo ao proceso de elaboración dos Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2018. Estas contas terán como principal obxectivo consolidar o modelo de crecemento san, que está permitindo a Galicia acadar un crecemento da economía e do emprego ao tempo que se reforza o gasto social, se reduce o gasto en xuros de débeda e se reforzan os investimentos.

 

Así, os orzamentos da Xunta de Galicia para 2018 márcanse como prioridade xerar novos postos de traballo, reforzar a incorporación dos galegos ao mercado de traballo e mellorar as súas condicións de benestar. Para iso, as contas terán como base un modelo económico de crecemento baseado no coñecemento, a especialización, a innovación e a internacionalización da economía galega.

 

Ademais, o Goberno galego manterá como folla de ruta o Plan Estratéxico de Galicia (PEG) 2015-2020, cuxos obxectivos plasmaranse nos programas orzamentarios de gasto que conformarán o Orzamento da Comunidade Autónoma para 2018. Así o establece a orde da Consellería de Facenda pola que se ditan instrucións para a elaboración dos Orzamentos para o ano 2018, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

 

De feito, o Plan estratéxico xa recolle a programación do marco 2014-2020 dos fondos europeos, tanto estruturais (Feder e Fondo Social Europeo) coma sectoriais (Femp e Feader), o que contribuirá de xeito decisivo á consecución dos seus obxectivos. O PEG tamén recolle unha nova senda financeira plurianual que está baseada nun crecemento estable ao longo de todo o período.

Respecto á elaboración dos orzamentos, estes partirán da avaliación dos indicadores de produtividade dos exercicios pechados empregando os resultados de desenvolvemento como elemento para determinar as partidas das contas para 2018. Estes indicadores tamén seguen a fixar os obxectivos operativos de cada proxecto de gasto como primeiro paso do proceso de elaboración de orzamentos cara a resultados, que debe continuarse cunha orientación da xestión da Xunta nos vindeiros exercicios para acadar os resultados do PEG.

Elaboración dos orzamentos

O proceso de elaboración dos orzamentos estrutúrase en torno a tres comisións. A Comisión de análise e avaliación dos obxectivos dos programas de gastos avaliará os obxectivos estratéxicos e operativos asignados aos distintos programas de gasto e aos seus indicadores de resultado, e a coherencia dos indicadores de produtividade asignados a cada partida orzamentaria. Estes obxectivos coinciden cos marcados polo Plan Estratéxico.

 

Pola súa banda, a Comisión de ingresos propios e finalistas encárgase das tarefas de determinación, análise e agregación dos datos precisos para elaborar as previsións sobre taxas e prezos e demais ingresos de dereito público, sobre ingresos de carácter finalista procedentes da Administración do Estado ou doutras administracións públicas e sobre as correspondentes aos organismos autónomos e axencias.

 

Finalmente, a Comisión funcional do gasto determinará en función dos obxectivos e prioridades de gasto establecidas no Plan Estratéxico de Galicia ata 2020, a distribución do orzamento por programas, capítulos e proxectos de gasto.

IESIDE organiza un seminario sobre xestión de patrimonios no seu Campus de Vigo

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) organiza no seu Campus de Vigo (Av. de Madrid, 60) o seminario «Xestión de patrimonios» incluído nos Business Program Days. Será impartido por Alfonso Roa Díaz-Regañón e Patricia de Oya Rey e desenvolverase mañá venres 23 de xuño entre as 16.30 e as 21.45 h e o sábado 24 entre as 09.00 e as 14.15 h.

Destacados expertos en ciberseguridad analizan las claves para evitar ataques futuros

El próximo lunes, 26 de junio, AJE organiza una jornada sobre seguridad de infraestructuras tecnológicas

 

Vigo, 22 de junio de 2017.- La Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE Vigo, organiza el próximo lunes, 26 de junio, una jornada sobre ciberseguridad a la que ha invitado a algunas de las voces más destacadas en este campo. Se trata de un encuentro que servirá para que las pymes tomen conciencia de la importancia de proteger sus infraestructuras tecnológicas ante futuros ataques masivos como el ocurrido el pasado mes de mayo con el ramsonwere, WannaCry, que afectó a 150 países. El encuentro tendrá lugar en el Círculo de Empresarios de Galicia y estará abierto a empresas socias y no socias de AJE. La jornada dará comienzo a las 12.00 horas y arrancará con las ponencias de Josep Albors, responsable de investigación y concienciación de ESET España que hablará sobre “Ataques al Internet de las Cosas, Smartcities y sistemas industriales”; Simón Rosés, fundador y CEO de Vulnex, que se centrará en “Ciberseguidad, la hora del cambio” y Daniel Giraldes, de la aseguradora AXA, que explicará las claves de la ciber protección.  A continuación se celebrará una mesa redonda en la que participarán Pedro Margüenda, CEO de AENSIS, Iago Fortes, CEO de Inprosec y Juan González Martínez, responsable de seguridad y privacidad de Gradiant.

 

Los asistentes deberán inscribirse en AJE Vigo (info@ajevigo.es) y la plazas son limitadas hasta completar aforo.