REFORMA, MELLORA E ADAPTACIÓN PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL DE SEIS PARQUES INFANTIS DO PORRIÑO NOS QUE SE INVESTIRON MÁIS DE 72.000

 

O Goberno local ven de rematar o arranxo de varios parques infantís da vila, que en moitos casos “non se tocaran en anos”,  e que xa están en funcionamento ou, coma o caso do parque da Praza do Cristo, poderán usarse dende a vindeira semana, logo de facer importantes melloras en todos eles.

A Concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Orlando Márquez, renovou totalmente o Parque da Urbanización do Sol, no que se arranxaron todos os bambáns, colocouse un para persoas con diversidade funcional e colocouse o chan de caucho, facendo un investimento de 21.777€.

Tamén está acabado o do Campo da Feira, que “ven de recuperarse totalmente”, coma indica o concelleiro, logo de contar cun orzamento de 4.173€; o mesmo sucedeu co Parque Lamazares, detrás de Correos, no que se cambiaron os seus elementos investindo 4.655€.

Igualmente, están xa reformados os de San Diego, no que ademais colocouse un chan de caucho continuo, logo de facer unha inversión de 1.952€ e o de Torneiros no que, cun investimento de 9.181€, ademais dos distintos xogos, se arranxaron os bancos, as varandas, o valado de madeira e adaptouse para persoas con diversidade funcional.

Por último, a metade da semana que ven,  as cativas e cativos poderán xogar de novo no Parque do Cristo logo dunha reforma que abrangueu a reparación dos compoñentes do mesmo- tobogán, balancín ou a torre- a substitución do chan por un novo de caucho que evita que os pequenos poidan mancarse, a colocación dun bambán para persoas con diversidade funcional  e a eliminación de calquera elemento que represente un risco para nenos. En total o orzamento para este traballo superou os 30.300€.

Orlando Márquez subliña que “logo de que se publique no Boletín Oficial do Estado a lei de Orzamentos Xerais do Estado, o Goberno local levará ao Pleno da Corporación a proposta para arranxar outros seis parques, os de Orbenlle, e A Forna, en Budiño e o do Centro Social de Atios, os dos centros sociais de Pontellas e Mosende e o de Pío XII”.

Márquez lembra que ata o dagora, o Ministerio de Facenda  non autoriza aos concellos con superávit, como é o do Porriño, a destinar partidas a gastos coma estes e confía en que tal situación quede solucionada nos Presupostos do Estado para este ano o cal posibilitaría que se rematase a mellora de todos os parques do Porriño.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: