A XUNTA DE GALICIA DA CONTINUIDADE AO PROGRAMA DAS CASAS NIÑO COMO RECURSO DE ATENCIÓN Á INFANCIA E DE CONCILIACIÓN NO RURAL

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a nova orde e a convocatoria de axudas por un montante total de 2,4 millóns de euros para a posta en marcha deste servizo gratuíto, que está dirixido ás familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos que residen en núcleos rurais nos que non exista outro recurso de atención continuada á infancia
  • A convocatoria de 2017 presenta varias novidades con respecto á do ano anterior, como a posibilidade do pagamento anticipando do 35% da prima polo desenvolvemento do proxecto en cada anualidade

 

Santiago, 23 de xuño de 2017.- A Consellería de Política Social publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova orde de axudas que permitirá a posta en marcha este mesmo ano de máis casas niño nos núcleos rurais da Comunidade Autónoma nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia. Ás axudas obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total de 2.410.000 euros, distribuído en catro anualidades e financiado en parte polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

 

As novas casas niño que entrarán en funcionamento ao abeiro da convocatoria deste ano sumaranse ás 30 que xa están en servizo na actualidade nas catro provincias e, ao igual que estas, ocuparanse da atención de nenos e nenas de entre os 3 meses e os 3 anos de idade, sendo un recurso conciliación totalmente gratuíto para as familias. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende mañá ata o vindeiro día 24 de xullo.

 

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e as cooperativas de traballo asociado que estean en posesión ou conten cando menos cunha persoa socia co título de técnico superior en educación infantil, co grao de mestre en educación infantil ou primaria, grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social. Tamén poderán optar ás axudas aquelas persoas que posúan o diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das Casas Niño impartidos pola Xunta de Galicia, así como aquelas que presenten formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís, ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.

 

Por outra banda, as persoas solicitantes deberán residir nun núcleo rural no que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade ou facelo con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto e contar cun inmoble dotado con sistema de calefacción con protección dos elementos calefactores; unha sala con iluminación e ventilación naturais e un mínimo de 20 metros cadrados; unha zona diferenciada para o descanso e a hixiene infantil e unha zona para a preparación, almacenamento e conservación de alimentos; elementos de protección de enchufes, portas e ventás; e un mobiliario e equipamento básico para a atención das nenas e nenos. Ademais, deberán dispoñer dun plan de actuación cos nenos e nenas para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño.

 

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva prestando atención, ademais de ao número de nenos e nenas que poderían beneficiarse do recurso, a factores como a dispersión xeográfica e ao envellecemento da poboación para contribuír á revitalización demográfica e á cohesión territorial. Así mesmo, para contribuír á integración laboral de persoas en situación de especial protección, recibirán unha puntuación adicional as persoas paradas de longa duración, as menores de 35 anos e maiores de 55 anos, as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% (sempre que esta sexa valorada como compatible co desempeño da actividade subvencionada polo órgano competente da Administración Autonómica), e as mulleres vítimas de violencia de xénero.  

 

Esta convocatoria de axudas subvencionará a reforma e adaptación do inmoble destinado a servir de Casa niño así como o seu equipamento e dotación material e a prestación da atención personalizada de nenos e nenas de 0-3 anos. As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100% dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 euros. A achega pola prestación da atención personalizada consistirá nunha prima de 19.6000 euros/ano, destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andadura.

 

Novidades

Cómpre indicar que entre as principais novidades desta convocatoria con respecto á anterior está o pagamento anticipado do 35% da prima de apoio polo desenvolvemento do proxecto nos anos 2018, 2019 e 2020. Na anualidade de 2017 mantense o pagamento de ata o 80% da subvención para gastos de investimento e do 80% da prima que lles corresponda pola atención relativa a dita anualidade como xa se establecía na convocatoria do ano pasado.

 

Ademais, perfílanse os criterios de valoración e pásase a ter en conta o número de nenos e nenas de entre 0 e 3 anos residentes no concello en vez do número de nacementos, e establécese en 5 o número mínimo de menores potenciais usuarios da casa niño para poder optar á subvención.

 

A Xunta  dá continuidade con esta nova convocatoria ao programa das casas niño, iniciativa pioneira en Galicia coa que se pretende crear recursos de conciliación para as familias,  oportunidades para atraer poboación nova ao rural galego e fomentar o reequilibrio territorial. Así mesmo, se impulsa e apoia as fórmulas de autoemprego e de economía social, eficaces para a dinamización económica local e, consecuentemente, para a fixación de poboación ao territorio.

 

As casas niño constitúen un recurso específico para os concellos de menos de 5.000 habitantes complementario a outros existentes na nosa comunidade, como a rede de escolas Infantís dependente da Administración autonómica; as prazas en escolas infantís de iniciativa social; e o programa Bono Concilia, dotado para o vindeiro curso con máis de 3,4 millóns de euros.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: