MARCO: inauguración A TIMIDEZ DA COPA DAS ÁRBORES

A timidez da copa das árbores

Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para novos comisarios 2016

23 xuño 2017 – 7 xaneiro 2018

Salas de exposición do 1º andar

Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 / Domingos, de 11.00 a 14.30

Comisaria: Beatriz Alonso

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / 49 Nord 6 Est – Frac Lorraine, Metz, Francia / Sogn og Fjordane Kunstmuseum (SFKM), Førde, Noruega

 

Lara Almarcegui, Helena Almeida, Kader Attia, Jeremy Deller, Marta Fernández Calvo, Dora García, Jiří Kovanda, Amalia Pica, Rita Ponce de León, Alex Reynolds, Cecilia Vicuña

 

Para recibir imaxes, basta con solicitalas indicando os núms. de ref. na folla de contactos/galería de imaxes, e remitímolas en alta resolución.

 

+ INFO e documentación sobre obras e artistas en http://bit.ly/2kLV2Kx

 

 

Publicación /Guía da exposición

Con ocasión desta mostra, editouse unha publicación bilingüe (versión galego/castelán e versión francés/inglés, ambas as dúas dispoñibles) como dispositivo de acompañamento á visita, que inclúe texto curatorial, imaxes e información sobre as obras en exposición. Esta publicación forma parte dun proxecto editorial en proceso que culminará nun catálogo multilingüe.

A timidez da copa das árbores = La timidez de la copa de los árboles =  La timidité des cimes = The Shyness of The Crowns, 2017. 33 p., 21 x 15 cm.

 

Información e visitas guiadas

O persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

Todos os días ás 18.00

Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900

 

 

Síntese do proxecto expositivo

A timidez da copa das árbores, comisariada por Beatriz Alonso (Madrid, 1981), foi a proposta gañadora da máis recente convocatoria do Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para novos comisarios 2016. Dende a súa primeira edición, o Premio ofrece aos participantes a oportunidade de propoñer un proxecto centrado nun tema de investigación e reflexión persoal, así como a súa realización nos espazos do MARCO, o FRAC Lorraine (Fonds régional d’artcontemporain de Lorraine) de Metz, Francia, e o SFKM (Sogn og Fjordane Kunstmuseum) de Førde, Noruega, as tres institucións convocantes.

Tras a súa presentación o 17 de marzo no FRAC Lorraine de Metz, onde permaneceu ata o 4 de xuño, a exposición chega agora ao MARCO no que sería un segundo capítulo ou versión desta mostra, adaptada aos espazos do primeiro andar do Museo, e con variantes no formato e modo de exhibición dalgunhas das pezas.

A timidez da copa das árbores é un fenómeno botánico mediante o cal cada árbore define un límite no seu crecemento, facilitando unha coexistencia no dosel forestal alén da competencia entre especies. Tomando como punto de partida este feito científico e as súas connotacións, o proxecto formula unha reflexión sobre a nosa sociedade contemporánea, reunindo nun mesmo espazo obras de once artistas de distintas procedencias e en diversos formatos —vídeo, instalación, fotografía, performance, proxección, que nalgúns casos funcionan como documentación e rexistro de accións realizadas— en torno a este fío condutor.

A observación poética deste fenómeno, desta intelixencia colectiva, deste coidado polo conxunto, ofrécenos un diálogo coa nosa contemporaneidade e a urxencia de reaccionar como sociedade cara á creación de novos escenarios heteroxéneos para a convivencia cotiá dende a alteridade e a diferenza.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: