A XUNTA DE GALICIA APOIA A ELABORACIÓN DUN LIBRO BRANCO PARA A XESTIÓN POSITIVA DA RUPTURA DE PARELLAS CON FILLOS

As instalacións da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleron esta mañá unha xornada de traballo na que se presentou publicamente este proxecto

  • Profesionais e especialistas nas áreas xurídica, sanitaria, educativa e das ciencias sociais participan neste proxecto que procura fundamentalmente protexer o benestar dos menores en procesos de separación

 

Santiago, 26 de xuño de 2017.- A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, impulsa a elaboración dun Libro Branco para a xestión positiva da ruptura de parellas con fillos. Profesionais e especialistas nas áreas xurídica, de saúde, educativa e das ciencias sociais participan neste proxecto que pretende cubrir as necesidades de buscar solucións para unha xestión positiva da separación de parellas con fillos dende unha aproximación multidisciplinar e construtiva.

 

O secretario xeral técnico da Consellería de Política Social, Francisco Javier Abad Pardo, participou esta mañá na presentación da primeira xuntanza do grupo de traballo que promove este Libro Branco e que tivo lugar nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Tamén asistiron a este acto a directora xeral de Familia e Infancia do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, María Pilar Gonzálvez, así como a coordinadora do proxecto, Francisca Fariña Rivera, catedrática de Psicoloxía Básica e Psicoloxía Xurídica do Menor da Universidade de Vigo e o profesor titular de  Estatística da Universidade de Vigo, Javier Roca Pardiñas.

 

Cómpre indicar que esta xuntanza ten lugar despois do curso “Procesos de separación e divorcio: un enfoque positivo”, celebrado o pasado mes de abril na Escola Xudicial-Servizo de Formación Continua do Consello Xeral do Poder Xudicial. Desta acción formativa saíron unha serie de conclusións que serven de punto de partida neste encontro, entre outras, que a ruptura da parella, en función de como se xestione, pode afectar de maneira significativa ao benestar das familias, sendo os máis vulnerables nestes procesos os fillos e fillas menores de idade.

 

Neste sentido, o desexable é que estes procesos de ruptura non afecten dun xeito negativo a medio e longo prazo nin nos fillos nin no resto dos membros da familia, senón que poden ser unha oportunidade para mellorar o seu benestar. E nesta finalidade enmárcase a intención de elaborar un Libro Branco sobre esta temática baseado no paradigma da xustiza terapéutica, que poida servir de modelo para outros países europeos.

 

Así mesmo, outro dos obxectivos desta iniciativa é o de desenvolver a capacitación para os operadores xurídicos que estean implicados en procesos de separación con fillos, enfocada nas necesidades dos menores e a xustiza amigable.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: