Juan Carlos Escotet, novo presidente de ABANCA

  • Javier Etcheverría é desde hoxe presidente de honra da entidade financeira galega
  • O cambio na presidencia coincide co terceiro aniversario da entidade
  • A Xunta Xeral de Accionistas aproba por unanimidade todos os puntos da orde do día
20170626-abanca-nuevo-presidente-1
Juan Carlos Escotet Rodríguez, novo presidente de ABANCA

Descarga en alta resolución

20170626-abanca-nuevo-presidente-2
Javier Etcheverría, novo presidente de honra de ABANCA

 

20170626-abanca-nuevo-presidente-3
Javier Etcheverría recibiu un recoñecemento pola súa traxectoria profesional

O traspaso de poderes produciuse ao finalizar a Xunta Xeral de Accionistas celebrada esta mañá na sede de Afundación

Juan Carlos Escotet Rodríguez foi nomeado hoxe novo presidente de ABANCA tras a renuncia por motivos de idade de Javier Etcheverría, que pasará a ser presidente de honra da entidade financeira galega. O traspaso de poderes produciuse ao finalizar a Xunta Xeral de Accionistas da entidade, que se celebrou esta mañá na sede de Afundación na Coruña. O Consello de Administración aprobará hoxe os cambios propostos.

Durante a súa intervención de despedida, Javier Etcheverría mostrouse moi satisfeito do traballo realizado. “En todos estes anos din o mellor de min co obxectivo de facer das miñas dúas casas, primeiro o Banco Etchverría e máis recentemente ABANCA, dúas entidades valoradas e respectadas pola súa vocación de servizo aos nosos clientes, a Galicia e a España. Hoxe conclúe unha etapa moi gratificante da miña vida e toca deixar paso a outras persoas”, destacou.

Pola súa banda, o novo presidente resaltou a traxectoria profesional e os principios de proximidade ao cliente e de prudencia que caracterizaron sempre ao seu predecesor no cargo. “Javier Etcheverría encarnou á perfección estes ideais. No exercicio das súas funcións actuou sempre coa responsabilidade propia de alguén que foi depositario de 300 anos de tradición bancaria, desde a que achegou a ABANCA, ademais dos xa mencionados, valores que nos son tan propios como a énfase na solidez e a visión a longo prazo”, asegurou.

O cambio na presidencia coincide co terceiro aniversario de ABANCA, período no que a entidade desenvolveu un profundo proceso de transformación e reorientación estréxica e mellorou todos os seus ratios de xestión. “Foron tres anos de gran intensidade nos que, entre outras moitas accións, creamos unha nova cultura corporativa, implantamos un novo modelo de relación cos nosos clientes, potenciamos a nosa dimensión omnicanal e lanzamos un novo concepto de produtos e servizos máis sinxelos e transparentes. Por todo iso o mercado está a recoñecernos como unha entidade innovadora, centrada nas necesidades do cliente, sólida e socialmente responsable”, resaltou Juan Carlos Escotet durante a súa intervención.

Aprobados por unanimidade todos os puntos da orde do día

A Xunta de Accionistas de carácter ordinario, na que estivo presente o 86,84% do capital, aprobou por unanimidade as contas do exercicio 2016 e todos os puntos que conformaban a orde

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: