Os vigueses The Riggos súmanse ao cartel do Noroeste Estrella Galicia despois de gañar o XIX Concurso de bandas de Cuac FM

Tamén gañaron a súa oportunidade de actuar no escenario de Riazor a banda de rap/trap Boyanka Kostova, a banda de rock con influencias clásicas e actuais Eager Platypus e a banda de rock alternativo da Coruña Hexany

Compartirán cartel con artistas como The Jesus And Mary Chain, Kaiser Chiefs, Surfin’ Bichos, Swans. Rodrigo Leao e ata 100 propostas para os padais musicais máis esixentes.

A Coruña, 26 de xullo de 2017.-  Os vigueses The Riggos súmanse ao cartel do 31º Noroeste Estrella Galicia despois de gañar o XIX Concurso de Bandas e Solistas organizado pola radio comunitaria Cuac FM. Un xurado composto por catro profesionais do mundo da música e por socios e socias de Cuac FM valorou, entre outros aspectos, a calidade e a capacidade de innovación das distintas propostas, tanto a nivel tanto instrumental como lírico, e escolleu a proposta do grupo de punk guitarreiro, xunto coa banda de rock alternativo da Coruña Hexany, a banda de rap/trap de Compostela Boyanka Kostova, a banda de rock con influencias clásicas e actuais Eager Platypus.

Todas elas compartirán o mítico escenario da praia de Riazor con The Jesus And Mary Chain, Kaiser Chiefs e Surfin’ Bichos. Completa o cartel da 31ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia unha variada selección de máis de 100 bandas e artistas, dentro da cal destacan nomes como Swans, Rodrigo Leao, Indomable, Jules & The Wolf, Cygne, Naranja Imaginario, Captains, The Allnight Workers, The Preachers, Luga, Helado Negro, Os Gru, Lisa & The Lips, Mielitza, Emilio José, The Soul Jacket, Harakiri, Isaac Peces, Proyecto Moucho, García MC, Quique Escamilla, Ricky Hombre Libre, Xoán Curial ou Eladio y los Seres Queridos.

TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS BANDAS GAÑADORAS

Hexany é un grupo de rock alternativo formado na Coruña a principios de 2012. É a evolución de Colormind, un proxecto anterior dos seus dous guitarristas, que decidiron fichar un baixista e unha batería para darlle un verdadeiro son rock á súa música. Todos os membros de Hexany estudaron no Conservatorio Profesional da Coruña, pero despois seguiron camiños diferentes, como o jazz, o ska, o folk ou a música clásica. Isto achégalles puntos de vista moi diferentes que despois plasman na súa música. Na súa curta traxectoria, tocaron en diferentes salas de Galicia e gravaron un EP con cinco temas, ademais de ser gañadores do III Concurso de Grupos do Festival Arteficial de Ribadavia e do Premio á Mellor Banda Local do XV Concurso de Maquetas de CuacFM na Coruña.

Boyanka Kostova é unha banda de rap/trap de Santiago de Compostela. Despois de facer música xuntos en diferentes agrupacións, empezan a facer cancións en marzo de 2016. Dous meses despois publican a súa primeira maqueta con dúas cancións dispoñible para descarga gratuíta na rede e comezan a dar concertos. A finais de 2016 a banda pasa a formar parte do selo discográfico La Melona. En 2017 comezan a sacar temas que serán incluídos no primeiro longo do grupo que sairá a finais deste ano. A música de Boyanka é universal, baseada en ritmos hipnóticos e flow costumista.

Eager Platypus é unha banda de rock, con influencias clásicas e actuais, que nace a mediados de 2015. Todo empeza cando Pablo Fonteboa e Esteban Vázquez se xuntan para buscar un son propio. Pronto entran a formar parte o resto de compoñentes e o proxecto comeza a ter o son que ansiaban. Ao pouco tempo compoñen os seus dous primeiros temas, Stop trying e Not the estafe, que en novembro de 2015 pasarían a ser a banda sonora dunha curtametraxe en contra da violencia de xénero chamado Disfraces. Dentro do seu repertorio, ademais das súas propias creacións, pódese atopar un amplo abano de versións que van desde o rock clásico, como Led Zeppelin ou Janis Joplin, ata rock máis actual, como Foo Fighters, Pearl Jam ou Jack White. Actualmente, atópanse traballando no seu primeiro EP.

The Riggos fúndase en 2011, dacabalo entre Gondomar e Monforte, polos irmáns Bruno Elvis Costas (voz e guitarra), Yago Ray Costas (batería), Mike Vázquez (guitarra) e Martín Fernández (guitarra e baixo). Tras varias formacións, chegan á definitiva en 2016 coas incorporacións de Denis Carballás (guitarra) e Arturo Peixoto (baixo). O seu estilo esténdese desde o punk guitarrero con influencias e o rock californiano dos anos 90 ata o blues dos anos 20. Actualmente, atópanse traballando no seu primeiro disco, que verá a luz en setembro de 2017.

MOI PRONTO

Na páxina web www.festivalnoroeste.com e nas redes sociais do Festival Noroeste Estrella Galicia, do Concello da Coruña e da Concellería de Culturas iranse comunicando todas as novidades do festival.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: