ABANCA e ARVI implantarán solucións de pago áxiles para o festival Vigo Seafest

  • O evento gastronómico, musical e deportivo aposta polas alternativas ao efectivo para reducir o tempo de espera nos espazos de restauración e habilitará puntos informativos e de troco
  • Os asistentes poderán realizar os seus pagos con calquera tarxeta de crédito ou débito e terán á súa disposición tarxetas prepago gratuítas que poderán recargar co importe que desexen
  • A entidade financeira desenvolve un moedeiro dixital compatible con terminais Android e iOS para pagar desde o móbil as consumicións no festival
20170627-abanca-vigo-seafest
O director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao; o presidente de ARVI, Javier Touza; o director de ABANCA Mar, Javier Fraga; e o xerente de ARVI, José Antonio Suárez-Llanos; durante a presentación.

 Descarga en alta resolución

20170627-abanca-vigo-seafest-2
O xerente de ARVI, José Antonio Suárez-Llanos; o presidente de ARVI, Javier Touza; o director de ABANCA Mar, Javier Fraga; e o director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao; durante a presentación.

 Descarga en alta resolución

20170627-abanca-vigo-seafest-3
O xerente de ARVI, José Antonio Suárez-Llanos; e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga; durante a firma do convenio.

 Descarga en alta resolución

27-06-2017 

ABANCA e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) presentaron hoxe as solucións de pago desenvolvidas conxuntamente para o Vigo Seafest. A primeira edición deste encontro gastronómico, musical e deportivo celebrarase os próximos 7, 8 e 9 de xullo na cidade e contará co patrocinio e a experiencia tecnolóxica de ABANCA nesta materia.

O xerente de ARVI, José Antonio Suárez-Llanos, e director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao, deron a coñecer esta mañá na sede da cooperativa as alternativas que simplificarán e axilizarán os pagos nos establecementos de restauración e substituirán dunha maneira segura ao efectivo. Os asistentes ao Vigo Seafest contarán con ata catro fórmulas sinxelas e adaptadas ás súas necesidades para aboar as súas compras.

As consumicións no festival poderanse pagar con calquera tarxeta de crédito ou débito, tanto nos espazos de cociña de autor, como de especialidades ou nas barras de bebidas. ABANCA habilitará en cada local tablets de última xeración conectadas a terminais de cobro portátiles. Esta tecnoloxía permite transaccións rápidas e sen comisións a través da tecnoloxía contactless, chip ou banda magnética.

O catálogo de alternativas presentadas polas dúas entidades inclúe tamén un moedeiro virtual para dispositivos móbiles creado en exclusiva por ABANCA para o Vigo Seafest. Esta solución de pago, desenvolvida integramente en Galicia, é pioneira neste tipo de eventos na comunidade e garante unha total compatibilidade tanto con dispositivos Android como iOS. Os usuarios poderán recargar o seu moedeiro virtual co importe que desexen tanto nos espazos habilitados no recinto como previamente desde a propia páxina web do festival.

Para quen decida non optar por ningunha destas fórmulas, o festival disporá de tarxetas prepago que poderán ser cargadas con importes predefinidos. Estes plásticos poderanse adquirir gratuitamente nos espazos informativos do Vigo Seafest e servirán para aboar calquera compra realizada no evento. De maneira adicional, os asistentes poderán mercar tíckets bebida a trocar exclusivamente por este tipo de consumicións nas barras.

Un novo impulso a unha relación de colaboración

Tras a presentación das solucións de pago dispoñibles no Vigo Seafest, ABANCA e ARVI asinaron o protocolo de colaboración para este evento. Na rúbrica participaron o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e o presidente de ARVI, Javier Touza.

Este acordo é unha peza máis do histórico traballo conxunto xa desenvolvido por ambas entidades no campo financeiro, onde manteñen un convenio de colaboración en vigor. Este texto xa permite aos armadores de Vigo asociados acceder en condicións vantaxosas a alternativas de crédito que responden ás súas necesidades de financiamento con tarifas favorables.

ABANCA mantén tras esta firma a súa colaboración coas iniciativas impulsadas desde entidades vinculadas ao mundo do mar. O banco con sede en Galicia lanzou o pasado ano a súa unidade especializada ABANCA Mar, unha proposta que conxuga un catálogo financeiro deseñado para o colectivo e xestores altamente formados. A entidade financeira confirma así a súa aposta por un sector estratéxico para a economía das comarcas costeiras e do conxunto da comunidade.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: