O Colegio Hogar Afundación celebra esta tarde o acto de graduación dunha nova promoción dos seus ciclos
O Colegio Hogar Afundación celebra esta tarde, a partir das 19.30 h, a cerimonia de graduación das alumnas e alumnos dos ciclos formativos superiores e de grao medio que se imparten neste centro educativo e que rematan os seus estudos no curso 2016-2017. No acto proxectarase unha peza audiovisual coas actividades realizadas polos estudantes que rematan os seus estudos e intervirán a coordinadora adxunta da Área de Educación Superior de Afundación, Carlota Sánchez-Montaña Puga; Ángel Corcero, director do centro; e Xocas Cardama, responsable do Control de Xestión e Planificación Estratéxica en Astilleros Cardama.