O IES PRIMEIRO DE MARZO (BAIONA) IMPARTIRÁ NO VINDEIRO CURSO UN CICLO DE ACTIVIDADES DOMÉSTICAS E LIMPEZA DE EDIFICIOS

  • O delegado territorial da Xunta visitou xunto ao alcalde baionés as instalacións do centro educativo, que amplía a súa oferta formativa cun novo módulo de FP Básica
  • A Consellería de Cultura e Educación oferta máis de 9.600 prazas en primeiro curso de Formación Profesional na provincia de Pontevedra

 

Baiona (Pontevedra), 26 de xuño de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o IES Primeiro de Marzo de Baiona, un dos centros educativos que para o vindeiro curso 2017/18 amplía a súa oferta formativa cun ciclo de nova creación de FP Básica de Actividades domésticas e limpeza de edificios.

 

O representante do Goberno galego reuniuse co director do centro, acompañado polo alcalde da localidade, Ángel Rodal, e o xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, César Pérez, logo de ter esta publicado o borrador (http://www.edu.xunta.es/fp/) da oferta de ciclos formativos, a través do que se ofrecen 9.643 prazas en primeiro curso en centros públicos da provincia de Pontevedra (un incremento de aproximadamente o 0,8%), en 383 ciclos e programas formativos autorizados.

 

Esta oferta avanza na implantación dos ciclos adaptados ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e ás necesidades do sistema produtivo galego, ao tempo que se axusta á demanda analizada de anos anteriores e á do mercado laboral, unha das claves para a empregabilidade dos titulados na FP galega. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería mantén un contacto constante co tecido socio-produtivo de cada comarca para dar resposta á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos.

 

Non é o único que amplía a súa oferta no que atinxe á área territorial de Vigo, xa que se implantará como novidade o ciclo de grao superior en réxime ordinario de Sistemas de telecomunicacións e informáticos no IES Escolas Proval de Nigrán. Ademais, no réxime modular para adultos, en modalidade presencial, o CIFP Manuel Antonio de Vigo ofertará por primeira vez o de grao superior de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico. Este último reedita en grao medio o ciclo de Confección e moda.

 

Modificacións

Co obxectivo de adaptarse á demanda do alumnado e ás necesidades do tecido produtivo de cada zona, o novo mapa contempla cambios dun ciclo por outro ou dun réxime a outro en diferentes centros. Así as cousas, o IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) deixará de impartir o ciclo de FP Básica de Fabricación e montaxe e Electricidade e electrónica (este último tamén deixa de ofertarse no IES Primeiro de Marzo de Baiona) para incorporar o ciclo de FP Básica de Instalación electrotécnicas e mecánica.

 

No réxime modular de adultos en modalidade presencial, o grao superior de Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns no CIFP Manuel Antonio (Vigo) substitúese polo devandito de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico, ambos de grao superior. Na modalidade a distancia, deixa de ofertarse no CIFP Manuel Antonio de Vigo o ciclo de grao superior en Laboratorio de análise e de control de calidade, que si se ofrece en presencial

 

Por outra banda, deixa de ofertarse por falta de alumnado, no réxime modular para adultos presencial o ciclo de grao superior de Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica do CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo).

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: