#SonRías2017 | Traemos, en primicia, a tecnoloxía cashless a Galicia

O SonRías Baixas anuncia que na súa 15ª edición, que celebrará a primeira fin de semana de agosto en Bueu, utilizará pulseiras cashless para permitir o acceso ao recinto e para pagar en todos os puntos de comida, bebida e merchandising, ofrecendo ao público asistente a posibilidade de deixar o diñeiro en efectivo e as tarxetas bancarias na casa. Será o primeiro festival galego que use esta tecnoloxía, baseada en chips RFID, que xa se implantou con éxito nos principais eventos culturais de Europa e do Estado. Promotores e axentes da industria musical acudirán a Bueu -convidados polo SonRías Baixas e por Ticketea- para ter a súa primeira experiencia con esta innovadora tecnoloxía.

O SonRías Baixas pecha o espectacular cartel musical desta 15ª edición coa incorporación das bandas gañadoras do concurso Sonidos Mans -os coruñeses Hexany e os pontevedreses The Soul Breakers– e recorda que ode Bueu é moito máis que un festival. É toda unha experiencia que unifica unha localización urbana e natural única cunha completa programación musical e cultural que combina a música con disciplinas como a gastronomía ou o audiovisual. A organización anuncia unha nova edición da Casa SonRías, un espazo gastronómico moi especial no que varios artistas aproveitan a ampla tradición culinaria da terra e a excelencia do porto de mar da zona para ofrecerlle ao público os seus mellores pratos. O SonRías renovará, tamén, a súa colaboración co FICBUEU, que o sábado 5 pola tarde ofrecerá unha selección de curtas musicais nunha programación pensada especificamente para o SonRías Baixas. Tanto a programación audiovisual como o menú degustación dos Rock & Chefs de Casa SonRías desvelaranse ao longo das próximas semanas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: