A XUNTA PRESENTA UNHA PROPOSTA PARA GARANTIR A ESTABILIDADE LABORAL DOS TRABALLADORES MEDIANTE A BLINDAXE DA SÚA SUBROGACIÓN NO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA

Os representantes da Consellería de Infraestruturas e Vivenda manterán mañá unha reunión bipartita cos sindicatos e se reunirán o próximo luns coa patronal para abordar de forma independente os respectivos intereses

  • Os novos contratos de transporte público incluirán a obriga dos adxudicatarios de subrogar aos traballadores
  • O Goberno galego salienta que o Plan de transporte público é a única alternativa viable e legal para garantir os empregos, o transporte no rural, con garantías para os escolares e para as pequenas e medianas empresas  

 

Santiago, 29 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia presentou hoxe aos representantes sindicais unha proposta para garantir a estabilidade laboral dos traballadores mediante a blindaxe da subrogación na posta en marcha do Plan de transporte público de Galicia.

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro,  e o director da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, Manuel Pillado, mantiveron esta tarde unha xuntanza cos portavoces de UGT, CCOO e CIG e cos representantes das catro federacións galegas de empresas de transportes, Fegabús, Fegatravi, Anetra y Transgacar.

 

Nesa xuntanza acordouse que os representantes da Consellería de Infraestruturas e Vivenda manterán mañá unha reunión bipartita cos sindicatos para analizar as cuestións laborais do Plan de transporte público e afondar no asunto que a Xunta considera prioritario, que é o futuro do emprego.

 

Posteriormente, o vindeiro luns, celebrarase un novo encontro bilateral entre a Xunta e a patronal. Desta forma será posible abordar de forma independente os intereses de cada colectivo, tal e como ven defendendo a Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

 

Durante a xuntanza, os representantes do Goberno galego insistiron na necesidade urxente de abrir unha canle de diálogo orientada a reforzar os dereitos laborais dos traballadores asociados as liñas de transporte afectadas polo Plan de transporte público.

 

Con esa finalidade, a Xunta presentou unha proposta para garantir a estabilidade dos empregos que consiste en incluír nos novos contratos de transporte público a obriga de subrogación dos traballadores.

 

O Goberno galego salienta que o Plan de transporte público é a única alternativa viable e legal para garantir os empregos, o transporte no rural, con garantías para os escolares e para as pequenas e medianas empresas.

 

A primeira fase do Plan de transporte público entrará en vigor o próximo mes de agosto, cando se materialicen as renuncias das empresas a seguir prestando boa parte das liñas de autobús de pasaxeiros de Galicia.

 

Este Plan, resultado dun procedemento avalado pola Comisión Europea, supón o avance da reordenación integral dos servizos de transporte na Comunidade para garantir a súa existencia ata o ano 2019.

 

O Plan ordena as concesións de servizo de transporte público nun conxunto de contratos zonais eficientes, economicamente viables e que multiplican as posibilidades de mobilidade no medio rural ao abrir ao uso xeral as prazas vacantes do transporte escolar, na liña dos sistemas que xa funcionan noutras comunidades autónomas. Os itinerarios dos alumnos permanecerán intactos e se reforzará a seguridade dos escolares mediante a inclusión dun acompañante en todas as liñas de uso compartido.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: