ABANCA destina 300 millóns adicionais a facilitar o financiamento das áreas industriais da contorna de Vigo

 O conselleiro delegado do banco, Francisco Botas, sela convenios de colaboración cos representantes das asociacións de empresarios dos principais polígonos de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán

·         A entidade financeira habilita unha liña de crédito extraordinaria que ofrece ás empresas do sur da provincia a posibilidade de acometer investimentos ou responder ás necesidades da actividade

·         Os espazos industriais tamén accederán á oferta formativa de posgrao e especializada de IESIDE

29-06-2017

ABANCA comprométese coa viabilidade e o crecemento das principais áreas industriais de Vigo e a súa contorna económica e pon á súa disposición unha liña de crédito extraordinaria de 300 millóns. Nun acto celebrado na sede institucional do banco en Vigo, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, deu a coñecer aos empresarios dos polos industriais do sur de Pontevedra esta proposta de financiamento adaptada.

ABANCA aproveitou a firma dun pacto de traballo conxunto cos representantes das asociacións das maiores áreas industriais de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán para dar a coñecer esta liña de financiamento especial. Este importe, que desde este momento está a disposición das empresas, súmase aos máis de 1.500 millóns que o banco con sede en Galicia ten previsto conceder este ano a este colectivo da área de influenza de Vigo.

Na presentación e posterior firma participou tanto o propio conselleiro delegado de ABANCA, como José Manuel Modroño Martínez, presidente da Asociación de Empresarios Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares; Giorgio Casoni Valenti, presidente da Asociación Empresarial Áreas de Tui; Javier Díaz Gonda, presidente da Asociación de Empresarios A Pasaxe; Santiago Gomara Millán, presidente da Asociación de Empresarios As Gándaras; Manuel Castro Álvarez, presidente da Asociación de Empresarios de Mos (que agrupa os polígonos mosenses da Veigadaña e O Rebullón); Indalecio Cuevas Montes, presidente da Entidade Urbanística de Conservación A Granxa; Juan Carlos Lemos Martínez, presidente da Asociación de Propietarios e Empresarios do Polígono Chan da Ponte de Salvaterra e Teresa Pedrosa Silva, delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo (en representación das áreas industriais de Balaídos, Porto do Molle en Nigrán e Área Portuaria de Bouzas).

As empresas emprazadas nestes espazos poderán acceder a unha ampla oferta de financiamento que inclúe opcións tanto para acometer investimentos, como para facer fronte ás necesidades da actividade diaria. Os empresarios destas áreas terán á súa disposición produtos especificamente deseñados e con condicións melloradas respecto ao mercado, entre os que destacan préstamos ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

O texto rubricado polas entidades tamén contempla que as empresas emprazadas nestas áreas industriais teñan á súa disposición outros produtos como pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais segundo as súas necesidades. Os convenios tamén reservan un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e do Igape.

Ademais da liña de crédito extraordinaria de 300 millóns que ABANCA habilita para as empresas destas áreas industriais, a proposta de valor do banco complétase coa rede de oficinas máis extensa de Galicia e cunha ampla especialización dos seus xestores. Todo iso para consolidar o crecemento duns polos industriais e de coñecemento que se configuraron como elementos indispensables do tecido produtivo autonómico.

Acordo formativo con IESIDE

De maneira paralela a este acto, os representantes destas asociacións de empresarios tamén subscribiron un protocolo de colaboración formativa co Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE). Este acordo permitirá cumprir coa vocación da entidade académica e potenciar o seu vínculo co mundo profesional. As empresas poderán beneficiarse de descontos á hora de realizar estudos de grao e posgrao na entidade académica, así como acceder a programas formativos a medida.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: