A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS DESTACA OS AVANCES NUNHA REUNIÓN FRUTÍFERA COS SINDICATOS CENTRADA EN GARANTIR O EMPREGO

  • A Consellería espera que na próxima xuntanza se poidan acadar solucións definitivas e favorables para todas as partes
  • O Goberno galego salienta que o Plan de transporte público é a única alternativa viable e legal para garantir os empregos, o transporte no rural, con garantías para os escolares e para as pequenas e medianas empresas  

 

Santiago, 30 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia mantivo hoxe unha reunión de case cinco horas de duración cos portavoces de UGT, CCOO e CIG, participantes na folga de autobuses, que para a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, resultou frutífera e na que se deron avances sustanciais e moi importantes para garantir o emprego no sector grazas ao Plan de Transporte Público de Galicia que está preparar o Executivo autonómico.

 

Ethel Vázquez explicou que se traballou na proposta da Xunta que garante a estabilidade dos empregos e que propón incluír nos novos contratos de transporte público a obriga de subrogación dos traballadores.

 

A responsable de Infraestruturas do Goberno Galego explicou que este Plan trae ventaxas para todos, tanto para os veciños do rural, as medianas e pequenas empresas, os nenos e para os traballadores.

 

A Consellería e os sindicatos manterán unha nova xuntanza o vindeiro luns, á 16,00 horas, e despois da que, previamente, celebrarán coa patronal,polo que se espera que nesa xornada se poidan acadar solucións definitivas e favorables para todas as partes.

 

O Goberno galego mantén que o Plan de transporte público é a única alternativa viable e legal para garantir os empregos, o transporte no rural, con garantías para os escolares e para as pequenas e medianas empresas.

 

A primeira fase do Plan de transporte público entrará en vigor o próximo mes de agosto, cando se materialicen as renuncias das empresas a seguir prestando boa parte das liñas de autobús de pasaxeiros de Galicia.

 

Este Plan, resultado dun procedemento avalado pola Comisión Europea, supón o avance da reordenación integral dos servizos de transporte na Comunidade para garantir a súa existencia ata o ano 2019.

 

O Plan ordena as concesións de servizo de transporte público nun conxunto de contratos zonais eficientes, economicamente viables e que multiplican as posibilidades de mobilidade no medio rural ao abrir ao uso xeral as prazas vacantes do transporte escolar, na liña dos sistemas que xa funcionan noutras comunidades autónomas. Os itinerarios dos alumnos permanecerán intactos e se reforzará a seguridade dos escolares mediante a inclusión dun acompañante en todas as liñas de uso compartido.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: