A XUNTA REAFIRMA O SEU COMPROMISO CO CENTRO DE SAÚDE DE PORRIÑO NO QUE SE EXECUTARON NOTABLES MELLORAS ESTRUCTURAIS

  • O representante do Goberno na área territorial de Vigo, Ignacio López-Chaves, defende que a aposta pola Sanidade pública non se limita unicamente a melloras nas instalacións sanitarias, senón tamén a un reforzo no cadro de persoal  
  • A recente incorporación dun sistema de climatización, xunto cunha nova Sala de Observación no Punto de Atención Continuada (PAC) son algunhas das novas dotacións

 

Vigo, 30 de xuño de 2017.-  O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, quixo destacar hoxe o esforzo inversor do Goberno galego nunha área, a sanitaria, que se considera prioritaria e que supón preto do 42% do orzamento global da Xunta. A carteira acada este ano a cifra de 3.614 millóns de euros. Un compromiso que, indicou, non se limita unicamente a melloras nas instalacións sanitarias, senón que tamén se reforza o cadro de persoal.

 

Neste contexto, recordou as recentes melloras no centro de saúde de Porriño, destinadas a incrementar os seus recursos físicos e humanos. Así, a xerencia da área sanitaria de Vigo dotou ao centro dun sistema de climatización, dando resposta ás demandas de profesionais e usuarios, que nos meses de verán tiñan que soportar altas temperaturas, dadas as especiais características arquitectónicas deste edificio sanitario. Trátase dun inmoble deseñado en torno a unha galería acristalada moi exposta á luz solar, que absorbe e condensa de tal xeito a calor, que todas as medidas adoptadas con anterioridade para minimizar o seu impacto (equipos de refrixeración “pingüíns”, instalación dos filtros solares, etcétera) resultaron insuficientes.

 

Por este motivo, tras realizar o estudo técnico correspondente, adoptouse unha solución definitiva, a instalación centralizada de aire acondicionado nas áreas de consultas. Esta medida tense demostrado eficaz, mellorando considerablemente as condicións de traballo do persoal e a confortabilidade da atención aos usuarios.

 

Tamén cómpre subliñar a dotación dunha nova Sala de Observación no Punto de Atención Continuada (PAC), dispositivo con 4 postos de atención, que incrementa de xeito considerable a calidade asistencial ofertada neste servizo.

 

Máis profesionais sanitarios

No referido  aos recursos humanos, o cadro de persoal deste centro de saúde experimentou nos últimos meses un incremento de efectivos, coa incorporación de dous novos profesionais: un pediatra e unha enfermeira. “Deste modo o PAC conta a día de hoxe con dous equipos completos de atención, conformados por un médico e unha enfermeira cada un deles”, salientou López-Chaves, ao tempo que recordou que, en xeral, o servizo de Atención Primaria de Porriño conta con 66 profesionais.

 

No que vai de ano, no centro atendéronse máis de 96.000 consultas: aos médicos de familia, 51.933; os  pediatras, 9.105; e os profesionais de enfermaría, 35.124 . Destas 96.000 mil atencións sanitarias, un milleiro delas foron realizadas no domicilio dos pacientes. A estas se lle suman as urxencias atendidas no PAC que ascenden, neste mesmo período, a 13.673 pacientes.

 

Premio á xestión sanitaria

O delegado da Xunta en Vigo fixo fincapé en que este esforzo orzamentario dos últimos anos xunto a aposta por mellorar as dotacións sanitarias tivo onte en Madrid recoñecemento, en alusión ao galardón recollido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola súa labor á fronte da sanidade pública galega na entrega dos XIII Premios á Administración sanitaria da revista Sanitaria 2000. Tamén o Servizo Galego de Saúde foi recoñecido por esta publicación na categoría de Innovación.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: