A XUNTA APROBA O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL NA ESTRADA PO-340, ENTRE GONDOMAR E A RAMALLOSA

  • A senda, de 3,5 km, executarase pola marxe esquerda da estrada, comezando onde rematan as beirarrúas de Gondomar e finalizando no Pq. 21+360, conectando coas beirarrúas da Ramallosa, no Concello de Nigrán
  • Este proxecto tamén contempla a mellora da intersección coa rúa Vilariño; do cruce coa estrada a Donas, e no cruce coa vía provincial cara a Golada
  • Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, que para a comarca de Vigo contempla 11 treitos e un orzamento que se achega aos 5 millóns de euros

 

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017.- A Xunta aproba o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na estrada PO-340, entre Gondomar e A Ramallosa, nos Concellos de Nigrán e Gondomar. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace do Diario Oficial de Galicia (DOG): https://goo.gl/byWDg1.

 

Esta actuación, que conta cun orzamento base de licitación que supera os 2 millóns de euros, ten unha lonxitude de 3,5 quilómetros de lonxitude, executarase pola marxe esquerda da estrada PO-340, comezando no Pq. 17+880, onde rematan as beirarrúas de Gondomar e finalizando no 21+360, conectando coas beirarrúas da Ramallosa, no Concello de Nigrán.

 

A sección tipo a executar ten un ancho aproximado de 2,7 metros, consta dunha senda de formigón coloreado de 1,8 m de ancho separada da calzada por unha zona axardinada de 0,5 mais os dous bordos de separación nos tramos nos que as características da estrada e as edificacións existentes o permiten.

 

Ademais da senda prevese a mellora de tres interseccións existentes, unha delas a situada no Pq. 18+880 coa rúa Vilariño, ao carón do IES Escolas Pombal, na que se construirá un cambio de sentido con carril central de espera para facilitar os xiros dos vehículos de transporte escolar e se implantarán medidas para acougar o tráfico na contorna das zonas de cruzamento que necesariamente terán que usar principalmente os alumnos do centro educativo.

 

No cruce do Pq. 20+340 coa estrada provincial a Donas, executarase unha glorieta, aumentando a seguridade dos peóns e ciclistas e facilitando os xiros á esquerda na estrada no entorno dese punto.

 

No cruce do Pq. 20+580 coa estrada da Deputación a Golada, moi próximo ao centro de saúde Val Miñor, retranquearanse lixeiramente a senda existente pola marxe dereita para mellorar a seguridade dos peóns na intersección.

 

Plan de Sendas en Vigo

Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, concretamente na comarca de Vigo, para que o que proxectan 11 treitos, que foron definidos en 9 proxectos de construción. A Axencia Galega de Infraestruturas executará 12,5 quilómetros de novas sendas nesta bisbarra, cun orzamento que se achega aos 5 millóns de euros, para o que conta co financiamento asegurado ao terse incluído no programa operativo de Galicia dos fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020.

 

A Axencia Galega de Infraestruturas licitou o pasado mes de marzo o contrato para execución doutra senda na PO-325, dende a intersección da Av. Praia América coa rúa Francisca lago, ata a intersección coa rúa Foz, punto no que comeza o paseo  litoral existente ata Baiona.

 

No paseo marítimo existente na PO-552, na travesía de Baiona, diferenciaranse os espazos destinados a peóns ciclistas na zona próxima ao Parador. O contrato de obras xa está adxudicado, e está previsto iniciar os traballos no mes de setembro para non causar molestias ao importante número de usuarios do paseo nos meses de verán.

 

Na mesma estrada PO-552, prevese tamén complementar o itinerario peonil e ciclista de Baiona na zona de Santa Marta; o proxecto xa está redactado e complementa a outro redactado por Costas. O contrato de obras licitarase neste ano, unha vez sexa licitada a actuación do Goberno estatal, prevista en datas próximas.

 

Tamén na PO-552, a Axencia Galega de Infraestruturas ten previsto licitar nos próximos días o contrato para execución de tres tramos de senda; os dous primeiros, á saída de Coruxo e en San Miguel de Oia, situados no Concello de Vigo, e o terceiro entre Priegue e As Rexas, no termo municipal de Nigrán.

 

A consellería de Infraestruturas adxudicou tamén xa o contrato para a construción dun itinerario peonil e ciclista na PO-331, dende O Porriño ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín, no Concello de Mos.

 

A Axencia Galega de Infraestruturas licitou o pasado mes de marzo os contratos para execución da senda entre Amoedo e Pazos de Borbén, na PO-250.

 

O proxecto da senda para peóns e ciclistas na PO-340, entre Gondomar e A Ramallosa, foi sometido a información pública en novembro de 2016. Nestes momentos estase a ultimar a supervisión do proxecto, para a súa próxima aprobación e licitación das obras neste verán. Por último, está actualmente en fase de información pública o proxecto dunha senda na PO-411 en Parderrubias, no Concello de Salceda de Caselas.

 

 

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: