A XUNTA DE GALICIA COMPROMETE APOIO E COLABORACIÓN AOS AFECTADOS POR LESIÓN MEDULAR E GRANDES DISCAPACITADOS FÍSICOS

  • José Manuel Rey Varela lembrou que en España preto de 1.000 persoas ao ano se ven afectadas por esta doenza coas que, asegurou, “as administracións temos a obriga de favorecer que poidan desenvolver unha vida plena e autónoma”

 

A Coruña, 4 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, clausurou esta mañá no Hospital Marítimo de Oza-CHUAC a xornada “Lesión Medular. Expectativas”, organizada polas entidades Cogami, Íntegro e a Fudación Averhó, en colaboración coa Universidade da Coruña e o SERGAS. Un encontro no que reiterou o máximo apoio e colaboración do goberno da Xunta de Galicia co colectivo de persoas afectadas por lesión medular e grandes discapacitados físicos.

 

Neste contexto, Rey Varela, que lembraba que preto de 1.000 persoas se ven afectadas cada ano por esta doenza, insistía na necesidade de implementar políticas encamiñadas a favorecer a autonomía persoal deste colectivo. “Como administración e como sociedade – declaraba – debemos afrontar esta e calquera outro tipo de discapacidade dende a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva”, ao tempo que lembraba o esforzo realizado pola Xunta de Galicia nos últimos anos para atender aos galegos e galegas que padecen unha eiva deste tipo.

 

“Non se trata de que as persoas con discapacidade se adapten para integrarse na sociedade, senón que é esta a que as ten que incluír” – subliñaba o responsable das políticas sociais da Xunta de Galicia antes de lembrar que esa é precisamente a filosofía que guía a Estratexia Galega sobre a Discapacidade Horizonte 2020 que pilota o goberno galego.

 

Finalmente, o conselleiro de Política Social  asegurou a consolidación do convenio coas federacións de atención á discapacidade que forman parte do CERMI, así como a axuda e contribución con todas cantas iniciativas desenvolva a Asociación de Lesionados Medulares e Grandes Discapacitados Físicos “porque non debemos de esquecer que estamos a falar dunha situación que se debe abordar dende o ámbito sanitario, pero tamén dende unha perspectiva social”.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: