A XUNTA MANTERÁ MAÑÁ UN NOVO ENCONTRO COA PATRONAL NA PROCURA DE ACORDOS EN CUESTIÓNS CONCRETAS DO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA

  • Vázquez Mourelle explica que estas xuntanzas son mostras da vontade de diálogo da Administración, que aposta por traballar para “construír xuntos o transporte sostible para o futuro”
  • Indica que a Xunta está a mellorar o plan cada día, coa incorporación de achegas por parte dos municipios e das empresas
  • O Goberno galego mantén que o Plan de transporte público é a única alternativa viable e legal para garantir os empregos e o transporte no rural, con garantías para os escolares e para as pequenas e medianas empresas

 

Santiago, 3 de xullo de 2017.- A Xunta manterá mañá un novo encontro coa patronal do sector do transporte na procura de acordos en cuestións concretas do Plan de transporte público de Galicia. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión coa patronal co obxectivo de abordar propostas para alcanzar o máximo consenso no plan.

 

Ethel Vázquez explicou que estas xuntanzas son mostras da vontade de diálogo da Administración, que aposta por traballar para “construír xuntos o transporte sostible para o futuro”.

 

A responsable de Infraestruturas indicou que a Xunta está a mellorar o plan cada día, coa incorporación de achegas por parte das empresas, os concellos, ou mesmo dos propios usuarios.

 

O Goberno galego mantén que o Plan de transporte público é a única alternativa viable e legal para garantir os empregos, o transporte no rural, con garantías para os escolares e para as pequenas e medianas empresas.

 

A primeira fase do Plan de transporte público entrará en vigor o próximo mes de agosto, cando se materialicen as renuncias das empresas a seguir prestando boa parte das liñas de autobús de pasaxeiros de Galicia.

 

Este Plan, resultado dun procedemento avalado pola Comisión Europea, supón o avance da reordenación integral dos servizos de transporte na Comunidade para garantir a súa existencia ata o ano 2019.

 

O Plan ordena as concesións de servizo de transporte público nun conxunto de contratos zonais eficientes, economicamente viables e que multiplican as posibilidades de mobilidade no medio rural ao abrir ao uso xeral as prazas vacantes do transporte escolar, na liña dos sistemas que xa funcionan noutras comunidades autónomas. Os itinerarios dos alumnos permanecerán intactos e se reforzará a seguridade dos escolares mediante a inclusión dun acompañante en todas as liñas de uso compartido.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: