A XUNTA DE GALICIA BUSCA INSTENSIFICAR AS LIÑAS DE COLABORACIÓN COS CONCELLOS PARA GARANTIR O BENESTAR DOS GALEGOS E GALEGAS
O conselleiro José Manuel Rey Varela entrevistouse esta mañá en San Caetano co rexedor Plácido Álvarez Dobaño
- Ambos mandatarios fixeron un repaso dos principais recursos sociais cos que conta a localidade, entre os que destacan o Servizo de Axuda no Fogar, que ofrece 9.768 horas anuais de atención aos veciños e veciñas
Santiago, 5 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, convocou un novo encontro con alcaldes e alcaldesas de Galicia, neste caso, co rexedor do concello de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño, co obxectivo de afondar nas liñas de colaboración entre administracións para garantir o benestar dos galegos e galegas.
Ambos mandatarios fixeron un repaso dos principais recursos sociais cos que conta a localidade, entre os que destacan o Servizo de Axuda no Fogar, que ofrece 9.768 horas anuais de atención aos veciños e veciñas deste concello ourensán.
No que atinxe ao mapa de infraestruturas locais, Muíños conta cunha residencia para persoas maiores para a que a Xunta colaborou na súa construción e que na actualidade conta con 30 prazas no centro de día e outras 40 residenciais.
Así mesmo, no ámbito da conciliación e do benestar dos nenos e nenas, a Xunta xestiona a escola infantil unitaria da localidade, que conta cunha unidade e 20 prazas.
Rey Varela e Álvarez Dobaño acordaron seguir estudando posibles novas vías de colaboración entre a administración autonómica e a local para mellorar e ampliar os servizos de atención aos veciños de Muíños.
A XUNTA DE GALICIA RECIBE A DOWN GALICIA E AMOSA O SEU APOIO ÁS PERSOAS AFECTADAS POR ESTA SÍNDROME
-
No encontro, estudaron posibles vías de colaboración que respondan ás necesidades destas persoas e das súas familias
- Rey Varela sinalou que como administración pública e como sociedade, ‘temos que procurar a igualdade de oportunidades, con independencia das diferentes capacidades que teñamos’
Santiago, 5 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe unha reunión con representantes de Down Galicia entre os que estaban o presidente da entidade, Delmiro Prieto González. No encontro, o conselleiro estivo tamén acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Amparo González.
A finalidade da xuntanza foi trasladar ao titular autonómico as necesidades e inquedanzas actuais das persoas con síndrome de Down e das súas familias, un colectivo sempre presente nas políticas sociais galegas. Así mesmo, estudaron posibles vías de colaboración como as que se veñen mantendo nos últimos anos desde a Xunta de Galicia e para as que dita administración aportou no ano pasado preto de medio millóns de euros.
No marco deste encontro, o responsable da área social do Goberno galego subliñou que o obxectivo do seu departamento é que “todos os colectivos, especialmente aqueles que pasan maiores dificultades, melloren a súa calidade de vida, só así teremos unha sociedade igualitaria”.
Rey Varela insistiu na condición de iguais das persoas con síndrome de Down e sinalou que como administración pública e como sociedade “temos que procurar a igualdade de oportunidades, con independencia das diferentes capacidades que teñamos”.
Neste sentido, o titular autonómico destacou que o ano pasado, por primeira vez, persoas con síndrome de Down realizaron prácticas formativas na administración autonómica ao abeiro dun proxecto piloto de realización de actividades e de aprendizaxe e integración asinado entre a Xunta de Galicia e a Fundación Down Compostela.
Tanto entidade como administración autonómica destacaron tamén a importancia do voluntariado no desenvolvemento das persoas con síndrome de Down, xa que aqueles que colaboran ofrecen novas ideas, experiencias e coñecementos para seguir mellorando. Así mesmo, difunden o traballo desenvolto e dan a coñecer a realidade deste colectivo.
O conselleiro apelou á importancia da concienciación social, afirmando que debemos ser solidarios, xa que non se trata tanto de que as persoas con discapacidade se adapten para integrarse na sociedade, senón que é a sociedade quen as ten que incluír.
Año Internacional del Turismo Sostenible para el Desarrollo Turismo y Medio Ambiente firman un convenio para fomentar el ecoturismo
▪ Contempla programas anuales de actuación en la Red de Parques
Nacionales y en la Red Española de Reservas de Biosfera
▪ España es líder mundial en Reservas de la Biosfera y sus Parques
Nacionales reciben más de 15 millones de visitas anuales
05.07.17. El ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital, Álvaro Nadal, y la ministra de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, han firmado un convenio para el fomento del ecoturismo y la sostenibilidad del turismo en la Red de Parques Nacionales y en la Red Española de Reservas de Biosfera.
El acuerdo está inspirado en la Declaración de Ecoturismo de Daimiel, resultado del I Congreso Nacional de Ecoturismo en España, celebrado en 2016, y nace de la convicción de que las redes de Parques Nacionales y Reservas de la Biosfera tienen un enorme potencial turístico y de desarrollo socio-económico.
La colaboración prevista en el convenio se definirá anualmente en los programas de actuación que estarán centrados en diversos ámbitos temáticos:
1. Fomento del ecoturismo con acciones conjuntas como la promoción, el asesoramiento y la creación de experiencias de ecoturismo en los Paradores cercanos a los Parques Naturales y Reservas de la Biosfera.
2. Seguimiento de las repercusiones socioeconómicas del ecoturismo en Parques y Reservas.
3. Acciones de comunicación y sensibilización sobre ecoturismo y
buenas prácticas de turismo sostenible.
4. Apoyo a la realización de congresos, jornadas y a la formación para empresas sobre ecoturismo.
Ecoturismo en cifras El ecoturismo es el viaje a un área natural para conocerla, interpretarla, disfrutarla y recorrerla al tiempo que se aprecia y contribuye de forma práctica a su conservación sin generar impactos sobre el medio y repercutiendo positivamente en la población local. Para el Gobierno de España es un instrumento decisivo para diferenciar y diversificar nuestra oferta turística.
España ocupa la primera posición mundial en Reservas de la Biosfera con 48, la segunda en Geoparques. Con más de 2.000 espacios catalogados y unos 15 millones de hectáreas protegidas, el 27% de nuestra superficie total, es el primer país de Europa en territorio natural protegido y el tercero del mundo tras Estados Unidos y Rusia.
Además, en 2016 más de 15 millones de personas visitaron los Parques Nacionales y a España acuden anualmente dos millones de ecoturistas y más de 20.000 turistas observadores de aves.
El apoyo a la promoción del turismo de naturaleza y del ecoturismo es especialmente importante en este año 2017, Año Internacional del Turismo Sostenible para el Desarrollo.
Iniciativas no Parlamento de Galicia sobre o Centro de Saúde do Porriño
OS DEPUTADOS ABEL LOSADA, JULIO TORRADO E NOELA BLANCO PRESENTAN UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI E VARIAS PREGUNTAS ANTE A COMISIÓN DE SANIDADE RELACIONADAS COAS CONDICIÓNS E A SITUACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DO PORRIÑO
Os deputados no Parlamento de Galicia, Abel Losada, Julio Torrado Quintela e Noela Blanco Rodríguez, veñen de impulsar dous iniciativas relacionadas coa situación do Centro de Saúde do Porriño e as súas condicións.
Logo de lembrar que hai máis de sete anos, o día 21 de abril de 2010 no Faro de Vigo, publicouse unha noticia na que se destacaba que o entón alcalde do Porriño,do PP, xunto coa concelleira de Sanidade en aquela data, reuníronse en Santiago co director de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) para poñer a disposición da Xunta de Galicia unha parcela cunha superficie de 525 metros cadrados, e poder iniciar así as obras de ampliación do Centro de Saúde do Porriño canto antes e de que esta ampliación “fora anunciada en varias ocasións xa en anos anteriores subliñando que a firma do acordo entre o Concello e a Xunta de Galicia permitiría priorizar estas instalacións de Atención Primaria” e que estas promesas quedaran en nada, presentan, en primeiro lugar unha proposición non de lei.
Nela piden ao Parlamento a que inste ao Goberno de Galicia a que presente, “no prazo de tres meses un plan específico para acadar unha solución aos problemas que presentan o Centro de Saúde e a UAD (Unidade Asistencial de Drogodependencias) do Porriño”.
Así mesmo, esixen que se reinicie neste mesmo ano o proxecto de ampliación do centro de saúde, “e a debida dotación dos medios técnicos e humanos, acorde coas necesidades existentes, consignando as partidas orzamentarias correspondentes nos orzamentos de 2018”.
Finalmente piden que se garanta o reforzo da UAD, para que “poda levar a cabo unha labor integral no tratamento das drogodependencias”, e que esta se faga nas mellores condicións para os e as usuarias e as súas familias.
Ademais desta proposición non de lei, os deputados fan varias preguntas parlamentarias para o seu debate na Comisión de Sanidade: “É consciente a Xunta de Galicia das carencias existentes no ámbito da atención sanitaria no concello do Porriño, tanto no centro de saúde, como na UAD?”; “ Despois de anos de promesas valeiras, ten desenvolvido algún plan de actuación específico para solucionar eses problemas?”; De ser así, cal é o calendario da aplicación deste plan?; Cales son as actuacións mais relevantes? e cales son os seus obxectivos?”
Mellora Avenida Buenos Aires
O CONCELLO ACOMETE A RECUPERACIÓN INTEGRAL DA AVENIDA BUENOS AIRES E A SÚA ADAPTACIÓN PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE, CUN ORZAMENTO INICIAL DE 20.000€ E CON TRABALLADORES CONTRATADOS GRAZAS AO ‘PLAN CONCELLOS’
A Concellería de Vías e Obras, dirixida por Manuel Carrera, leva a cabo na Avenida Buenos Aires unha recuperación integral da mesma coa reparación de beirarrúas, a construción dunha nova na entrada do popular ‘escondidiño’ , na que anteriormente se fixera unha cesión para facilitar o seu ensanchamento, e a adaptación de todos os pasos desta avenida para mellorar a accesibilidade da mesma.
O concelleiro salienta que a obra, que rematarase no prazo de dous meses, está a cargo de traballadores contratados grazas ao ‘Plan Concellos 2017’ da Deputación de Pontevedra, e agradece a importante colaboración neste proxecto de Israel Mercader, un referente no Porriño na loita pola eliminación das barreiras arquitectónicas e a mellora da accesibilidade.
A mellora da avenida, explica Manuel Carrera, ten un orzamento, nesta primeira fase, de 20.000€, “que se asumen con fondos do propio Concello” e, engade, “cumpre coa solicitude de moitos veciños do Porriño que viñan reclamando, dende hai tempo, que se acometerán estas melloras”.
Afundación, ABANCA e o Concello de Cangas asinan un convenio de colaboración cultural
Afundación, ABANCA e o Concello de Cangas asinarán mañá, no consistorio desta vila, ás 12.00 h, un convenio de colaboración cultural polo cal as tres entidades desenvolverán a exposición «Oficios entre lusco e fusco», de Xosé Abad. Asistirán á sinatura o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela; o director da oficina ABANCA de Cangas, Pedro San Millán Lago; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores.
A XUNTA INFORMA Á ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DA CONTORNA DO XERAL DO ARRANQUE DAS OBRAS DE DEMOLICIÓN NO ANTIGO HOSPITAL
- As obras teñen un prazo de execución de 5 meses, estando previsto que a Cidade da Xustiza sexa unha realidade a finais do ano 2019
Vigo, 5 de xullo de 2017.- O delegado da Xunta na área territorial de Vigo, Ignacio López-Chaves, reuniuse esta mañá con varios representantes da Asociación de Comerciantes da contorna do Xeral (ACEX), entre eles a súa presidenta, Rosa Vello, para explicarlles en que consistirán as obras de demolición no antigo Hospital Xeral, que arrancaban onte martes cun prazo de execución de 5 meses. Trátase dun primeiro paso para logo continuar coa rehabilitación do edificio e que a futura Cidade da Xustiza de Vigo sexa unha realidade a finais de 2019.
En rolda de prensa posterior á reunión, López-Chaves enmarcou o encontro no compromiso cos comerciantes de informarlles sobre o avance do proxecto trala decisión da Administración autonómica de rehabilitar un edificio emblemático da cidade, concentrando nun mesmo espazo todas as dotacións xudiciais da cidade. Segundo dixo, “o inicio das obras demostra non só que se avanza, senón que se cumpren os prazos”. “Hai proxecto, orzamento e agora obras”, salientou para acentuar que a de Vigo é a maior inversión da Xunta nunha dotación xudicial en Galicia. O investimento global roldará os 25 millóns de euros.
López-Chaves desvelou que na reunión previa con Rosa Vello os comerciantes confesáronlle que están desexando escoitar os ruídos das obras xa que suporá a recuperación dunha zona que, a presidenta de ACEX lamentou “está moi abandonada” tralo peche do Xeral. Neste senso, Vello valorou a axilidade da Xunta desde o anuncio do traslado dos xulgados ao antigo centro hospitalario ata o inicio das obras. “A chegada de obreiros é moi esperada”, afirmou.
A Xunta segue coa premisa de axilizar ao máximo o proceso de rehabilitación do inmoble, comezando por unha parte coa demolición dos elementos que non se aproveitan, e por outro, a obra de rehabilitación propiamente dita.
Acordouse así dividir o proxecto en dúas fases. Primeiro, a fase de execución, coa demolición daquelas partes do edificio do antigo Hospital Xeral que serán retiradas, para seguir logo coa fase de rehabilitación, cun prazo de execución de 24 meses.
Ademais, paralelamente ao proceso de derrubamento, que consiste en baleirado de interiores, desmontaxe de recubrimento de fachadas, demolición do edificio curvo e diversas actuacións para poder comezar coa rehabilitación, o arquitecto Alfonso Penela segue a traballar na redacción do proxecto de rehabilitación, para que en canto o teña listo, poder iniciar xa as obras.
Dende a Xunta apostouse por rehabilitar un edificio emblemático da cidade, poñendo en marcha unha Cidade de Xustiza moderna, ben dimensionada, e buscando mediante o concurso de ideas a mellor solución para converter o antigo Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo. Nun mesmo edificio concentraranse todas as dotacións xudiciais da cidade, gañando máis de 20.000 metros cadrados novos de espazo e acollendo o inmoble 35 unidades xudiciais, con espazo libre para futuras ampliacións, contando xa dende o primeiro momento coa axuda e co asesoramento dos arquitectos da cidade, dos operadores xudiciais e do Concello.
LA EXPOSICIÓN COLECTIVA UPLOAD / DOWNLOAD. FOTOGRAFÍA E INTERNET EN EL CONVETO DE SANTA MARIA LA RICA DE ALCALÁ DE HENARES
AIMEN celebra el seminario JOINTS 4.0 :: Realidad aumentada y realidad virtual en el entorno industrial 4.0. Aplicaciones
Vigo, 5 de julio de 2017.- El Centro de Aplicaciones Láser de AIMEN, en O Porriño, acoge mañana jueves, 6 de julio, a partir de las 10:00 horas, la celebración del “Seminario JOINTS4.0 Realidad aumentada y realidad virtual en el entorno industrial 4.0. Aplicaciones”.
PROGRAMA
Seminario JOINTS4.0 :: Realidad aumentada y realidad virtual en el entorno industrial 4.0. Aplicaciones
10:00h – 10:15h :: Apertura
10:15h – 10:50h :: Augmented Reality and Virtual Reality, the human interface with the Industry 4.0
TESLA TECHNOLOGIES & SOFTWARE S.L.
Esteban Vázquez. Socio cofundador
10:50h – 11:25h :: Desarrollo virtual en la fábrica del futuro
ESI GROUP S.L.
Emilio Mencia. COO ESI Hispania & South America
11:25h – 12:00h :: Café Networking
12:00h – 12:35h :: Leveraging productivity potenƟals by digitization with augmented reality
TECHNISCHE UNIVERSITÄT HAMBURG
Dr. Ing. Axel Friedewald
12:35h – 13:00h :: Demostraciones