A XUNTA DE GALICIA BUSCA INSTENSIFICAR AS LIÑAS DE COLABORACIÓN COS CONCELLOS PARA GARANTIR O BENESTAR DOS GALEGOS E GALEGAS

O conselleiro José Manuel Rey Varela entrevistouse esta mañá en San Caetano co rexedor Plácido Álvarez Dobaño

  • Ambos mandatarios fixeron un repaso dos principais recursos sociais cos que conta a localidade, entre os que destacan o Servizo de Axuda no Fogar, que ofrece 9.768 horas anuais de atención aos veciños e veciñas

 

Santiago, 5 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, convocou un novo encontro con alcaldes e alcaldesas de Galicia, neste caso, co rexedor do concello de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño, co obxectivo de afondar nas liñas de colaboración entre administracións para garantir o benestar dos galegos e galegas.

 

Ambos mandatarios fixeron un repaso dos principais recursos sociais cos que conta a localidade, entre os que destacan o Servizo de Axuda no Fogar, que ofrece 9.768 horas anuais de atención aos veciños e veciñas deste concello ourensán.

 

No que atinxe ao mapa de infraestruturas locais, Muíños conta cunha residencia para persoas maiores para a que a Xunta colaborou na súa construción e que na actualidade conta con 30 prazas no centro de día e outras 40 residenciais.

 

Así mesmo, no ámbito da conciliación e do benestar dos nenos e nenas, a Xunta xestiona a escola infantil unitaria da localidade, que conta cunha unidade e 20 prazas.

 

Rey Varela e Álvarez Dobaño acordaron seguir estudando posibles novas vías de colaboración entre a administración autonómica e a local para mellorar e ampliar os servizos de atención aos veciños de Muíños.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: