A XUNTA DE GALICIA RECIBE A DOWN GALICIA E AMOSA O SEU APOIO ÁS PERSOAS AFECTADAS POR ESTA SÍNDROME

  • José Manuel Rey Varela, manterá un encontro con responsables de Down Galicia

    No encontro, estudaron posibles vías de colaboración que respondan ás necesidades destas persoas e das súas familias

  • Rey Varela sinalou que como administración pública e como sociedade, ‘temos que procurar a igualdade de oportunidades, con independencia das diferentes capacidades que teñamos’

 

Santiago, 5 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe unha reunión con representantes de Down Galicia entre os que estaban o presidente da entidade, Delmiro Prieto González. No encontro, o conselleiro estivo tamén acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Amparo González.

 

A finalidade da xuntanza foi trasladar ao titular autonómico as necesidades e inquedanzas actuais das persoas con síndrome de Down e das súas familias, un colectivo sempre presente nas políticas sociais galegas. Así mesmo, estudaron posibles vías de colaboración como as que se veñen mantendo nos últimos anos desde a Xunta de Galicia e para as que dita administración aportou no ano pasado preto de medio millóns de euros.

 

No marco deste encontro, o responsable da área social do Goberno galego subliñou que o obxectivo do seu departamento é que “todos os colectivos, especialmente aqueles que pasan maiores dificultades, melloren a súa calidade de vida, só así teremos unha sociedade igualitaria”.

 

Rey Varela insistiu na condición de iguais das persoas con síndrome de Down e sinalou que como administración pública e como sociedade “temos que procurar a igualdade de oportunidades, con independencia das diferentes capacidades que teñamos”.

 

Neste sentido, o titular autonómico destacou que o ano pasado, por primeira vez, persoas con síndrome de Down realizaron prácticas formativas na administración autonómica ao abeiro dun proxecto piloto de realización de actividades e de aprendizaxe e integración asinado entre a Xunta de Galicia e a Fundación Down Compostela.

 

Tanto entidade como administración autonómica destacaron tamén a importancia do voluntariado no desenvolvemento das persoas con síndrome de Down, xa que aqueles que colaboran ofrecen novas ideas, experiencias e coñecementos para seguir mellorando. Así mesmo, difunden o traballo desenvolto e dan a coñecer a realidade deste colectivo.

 

O conselleiro apelou á importancia da concienciación social, afirmando que debemos ser solidarios, xa que non se trata tanto de que as persoas con discapacidade se adapten para integrarse na sociedade, senón que é a sociedade quen as ten que incluír.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: