A XUNTA INFORMA Á ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DA CONTORNA DO XERAL DO ARRANQUE DAS OBRAS DE DEMOLICIÓN NO ANTIGO HOSPITAL

  • As obras teñen un prazo de execución de 5 meses, estando previsto que a Cidade da Xustiza sexa unha realidade a finais do ano 2019

 

Vigo, 5 de xullo de 2017.- O delegado da Xunta na área territorial de Vigo, Ignacio López-Chaves, reuniuse esta mañá con varios representantes da Asociación de Comerciantes da contorna do Xeral (ACEX), entre eles a súa presidenta, Rosa Vello, para explicarlles en que consistirán as obras de demolición no antigo Hospital Xeral, que arrancaban onte martes cun prazo de execución de 5 meses. Trátase dun primeiro paso para logo continuar coa rehabilitación do edificio e que a futura Cidade da Xustiza de Vigo sexa unha realidade a finais de 2019.

 

En rolda de prensa posterior á reunión, López-Chaves enmarcou o encontro no compromiso cos comerciantes de informarlles sobre o avance do proxecto trala decisión da Administración autonómica de rehabilitar un edificio emblemático da cidade, concentrando nun mesmo espazo todas as dotacións xudiciais da cidade. Segundo dixo, “o inicio das obras demostra non só que se avanza, senón que se cumpren os prazos”. “Hai proxecto, orzamento e agora obras”, salientou para acentuar que a de Vigo é a maior inversión da Xunta nunha dotación xudicial en Galicia. O investimento global roldará os 25 millóns de euros.

López-Chaves desvelou que na reunión previa con Rosa Vello os comerciantes confesáronlle que están desexando escoitar os ruídos das obras xa que suporá a recuperación dunha zona que, a presidenta de ACEX lamentou “está moi abandonada” tralo peche do Xeral. Neste senso, Vello valorou a axilidade da Xunta desde o anuncio do traslado dos xulgados ao antigo centro hospitalario ata o inicio das obras. “A chegada de obreiros é moi esperada”, afirmou.

 

A Xunta segue coa premisa de axilizar ao máximo o proceso de rehabilitación do inmoble, comezando por unha parte coa demolición dos elementos que non se aproveitan, e por outro, a obra de rehabilitación propiamente dita.

 

Acordouse así dividir o proxecto en dúas fases. Primeiro, a fase de execución, coa demolición daquelas partes do edificio do antigo Hospital Xeral que serán retiradas, para seguir logo coa fase de rehabilitación, cun prazo de execución de 24 meses.

 

Ademais, paralelamente ao proceso de derrubamento, que consiste en baleirado de interiores, desmontaxe de recubrimento de fachadas, demolición do edificio curvo e diversas actuacións para poder comezar coa rehabilitación, o arquitecto Alfonso Penela segue a traballar na redacción do proxecto de rehabilitación, para que en canto o teña listo, poder iniciar xa as obras.

 

Dende a Xunta apostouse por rehabilitar un edificio emblemático da cidade, poñendo en marcha unha Cidade de Xustiza moderna, ben dimensionada, e buscando mediante o concurso de ideas a mellor solución para converter o antigo Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo. Nun mesmo edificio concentraranse todas as dotacións xudiciais da cidade, gañando máis de 20.000 metros cadrados novos de espazo e acollendo o inmoble 35 unidades xudiciais, con espazo libre para futuras ampliacións, contando xa dende o primeiro momento coa axuda e co asesoramento dos arquitectos da cidade, dos operadores xudiciais e do Concello.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: