Afundación, ABANCA e o Concello de Cangas asinan un convenio de colaboración cultural
Afundación, ABANCA e o Concello de Cangas asinarán mañá, no consistorio desta vila, ás 12.00 h, un convenio de colaboración cultural polo cal as tres entidades desenvolverán a exposición «Oficios entre lusco e fusco», de Xosé Abad. Asistirán á sinatura o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela; o director da oficina ABANCA de Cangas, Pedro San Millán Lago; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores.