A novela máis vendida en galego mañá na Feira do Libro de Vigo

En 1803 saíron do porto da Coruña 22 nenos orfos para levar a América, no seu corpo, a vacina da varíola. Unha das maiores xestas médicas realizadas na historia da humanidade

María Solar, estará mañá venres na Feira do Libro de Vigo ás 20.30h coa súa novela OS NENOS DA VARÍOLA. Esta historia, a máis vendida en galego no que vai de ano, é a máis ambiciosa da autora, recupera un dos episodios máis incribles e descoñecidos da medicina mundial que ten como protagonistas a moitos galegos. En 1803 os nenos do hospicio da Coruña, dependente do Hospital da Caridade, sobreviven a duras penas. Nin eles, nin a súa reitora, Isabel Zendal, poden imaxinar de que maneira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica. O propósito era levar a vacina da varíola ao Novo Mundo. 22 orfos procedentes de Madrid, A Coruña e Santiago conformarán unha cadea humana “brazo a brazo” para levar a vacina aos territorio de ultramar.
Unha novela sobre a nosa historia, baseada en feitos reais, que recupera un dos episodios máis descoñecidos e fascinantes da medicina mundial. Un libro de acción trepidante que non deixa indiferente, que está meticulosamente documentado e que combina personaxes reais con outros de ficción sobre os que recae boa parte da carga dramática.
Con motivo do lanzamento do libro realizáronse na Coruña e Santiago dúas homenaxes. En Compostela o Hostal dos Reis Católicos, antigo Hospital Real, colocou unha placa nunha parede do antigo hospicio que se atopaba no seu interior, homenaxeando aos 5 nenos expósitos que formaron parte da expedición. Na Coruña, o concello, participará tamén en actos de homenaxe aos nenos, a reitora, Isabel Zendal, e demais membros da expedición.
En 1980 a OMS declarou o planeta Terra zona libre de varíola. Era a primeira vez, e de momento a única, que unha enfermidade se erradicaba grazas a unha vacina. A ninguén escapa a impostancia vital da Real Expedición da Vacina para a súa erradicación.
A OMS recoñece tamén a Isabel Zendal, reitora da casa de expósitos da Coruña (nada en Ordes) como a primeira enfermeira do mundo en misión internacional, e o goberno mexicano outorga cada ano o Premio Nacional de Enfermaría que leva o seu nome.
María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É presentadora do programa A revista fin de semana da TVG. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. A súa actividade profesional sempre se centrou no xornalismo e ten unha longa traxectoria en radio e televisión. Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magacine As tardes da Galega e na TVG presentou diversos programas de todos os xéneros como o cultural Zigzag Diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo ou Os directos da Galega, entre outros. Ademais foi actriz de dobraxe.

Como autora dirixiuse a todos os públicos. En 2014 con O meu pesadelo favorito (Galaxia) conseguiu o premio Lazarillo, o premio ao mellor libro infantil da Gala do Libro Galego, e entrou na prestixiosa lista White Ravens dos mellores libros infantís do mundo, distinción que repetiu en 2016 con Teño uns pés perfectos. Gañou o Premio Frei Martin Sarmiento en 2013 con Vou ter un irmán! e en 2014 con A verdadeira historia da mosca da tele, ambas publicadas en Galaxia. Os seus libros foton traducidos a varios idiomas .

Con Os nenos da varíola, María Solar recupera un dos episodios máis incribles e descoñecidos da medicina mundial, que ademais é parte da nosa propia historia.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: