PRESENTACIÓN DA ERREGUETÉ NA MOSTRA DE TEATRO DE CANGAS

Presentación da erregueté na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas o venres 7 de xullo, ás 20.00 horas na Capela do Hospital. Na presentación participarán Vanesa Sotelo (directora) e Manuel Xestoso (subdirector) que terán un diálogo aberto coas últimas autoras editadas, AveLina Pérez (Os cans non comprenden a Kandinsky) e María Armesto (Winnie son eu). www.erreguete.gal

Co verán chega o segundo número de 2017 da Revista Galega de Teatro. Coa atención posta na última edición do Galicia Escena Proque se celebrou en Compostela do 12 ao 15 de xuño, a erregueté91 quixo contribuír desde a sección TEMAS a reflexionar en conxunto sobre esta cita destacada das artes escénicas desde a mirada de diferentes profesionais da produción, a programación e a distribución.

De igual xeito, o segundo número do ano da Revista repasa tamén feitos relevantes da primavera como os Premios María Casares ou a décima edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico e inclúe unha entrevista con Eduardo Alonso, gañador do Premio de Honra Marisa Soto deste ano e fundador de Teatro do Noroeste, que celebra o seu trinta aniversario.

Entre as seccións habituais da erregueté, podemos atopar un novo Pre-Texto do proxecto TRCDanza co que temos o pracer de colaborar (En Danza) ou descubrir o papel do teatro comunitario como estratexia para a creación de público nunha sala de teatro (Escena Aberta).

No apartado de creación, e dentro da nosa aposta por difundir a dramaturxia contemporánea, a revista ten o pracer de presentar o texto Os cans non comprenden a Kandinsky de AveLina Pérez, que poderemos ver en escenarios como o da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que terá lugar do 30 ao 8 de xullo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: