Archive | julio 7, 2017

A XUNTA SUMA UN NOVO ENCONTRO COS ALCALDES E ALCALDESAS PARA COÑECER A SITUACIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS A NIVEL LOCAL

  • Ambos mandatarios repasaron os principais programas que a Consellería ofrece no concello, como o Servizo de Axuda no Fogar Dependencia ou a escola infantil
  • O titular autonómico destacou que a coordinación entre administracións é o mellor xeito de garantir políticas que redunden na mellora da calidade de vida dos galegos e galegas

 

Santiago, 7 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, asegurou esta mañá que “o diálogo, a colaboración e a coordinación entre administracións é o mellor xeito de garantir unhas políticas sociais que verdadeiramente redunden na mellora da calidade de vida dos galegos e galegas”. Rey Varela realizou estas declaracións logo de manter unha xuntanza en San Caetano coa alcaldesa do municipio coruñés de Sobrado dos Monxes, María Jesús García Souto.

 

Esta reunión enmárcase na rolda de contactos cos rexedores e rexedoras de Galicia que está a manter o responsable da carteira autonómica de Política Social coa finalidade de coñecer de primeira man a situación e as necesidades que teñen neste ámbito os concellos galegos.

Nesta liña, o dirixente autonómico e a local fixeron un repaso dos principais programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver na localidade ourensá. Ao fío disto, Rey Varela fixo referencia ao incremento dun 34% nas horas de Servizo de Axuda no Fogar Dependencia, o que se traduce nunha subida de 437 horas mensuais. Grazas a esta mellora cuantitativa, a Xunta ofrece aos veciños e veciñas desta localidade 20.244 horas de servizo ao ano.

 

Por outra banda e no que respecta á infancia, Sobrado dos Monxes conta cunha escola infantil da rede Galiña Azul, que conta cunha unidade e oferta 20 prazas. Rey Varela trasladou á García Souto a previsión de que este recurso permaneza aberto o vindeiro curso escolar.

 

Así mesmo, conselleiro e rexedora abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade en en Sobrado dos Monxes.

 

A XUNTA ABRE AO TRÁFICO OS RAMAIS DO CORREDOR DO MORRAZO, SITUADOS EN DOMAIO, SENTIDO CANGAS, E O DE MEIRA, DIRECCIÓN RANDE

  • Os vellos ramais atopábanse pechados por coa fin de realizar os novos ramais que permitan transformar o corredor en autovía
  • A autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros

 

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), abriu hoxe ao tráfico os novos ramais do Corredor do Morrazo, situados en Domaio, no punto quilométrico 3+250, sentido Cangas, que estaba pechado desde o pasado 29 de maio, e o de Meira, no Pq. 7+250 sentido Rande, pechado desde o 12 de xuño. Para a súa execución fora preciso cortar ao tráfico os vellos ramais.

 

A ampliación da sección para a transformación do corredor en autovía  require retranquear os dous ramais existentes. Para elo, demoléronse os muros de contención dos ramais anteriormente existentes, o que fixo necesario cortar estes ao tráfico, executouse o desmonte necesario para ampliar a sección, construíronse os novos muros de contención dos ramais, e pavimentáronse os novos viais, que xa están abertos ao tráfico.

 

A autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2, e o tramo 3 ven de ser adxudicado e as obras comezarán este mesmo verán, momento en que a totalidade da Autovía do Morrazo estará en execución, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros. 

 

Últimos días para visitar «Laxeiro en conversa» na Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo

Últimos días para visitar a exposición «Laxeiro en conversa. Diálogo con artistas contemporáneos» na Sala de exposicións do Teatro Afundación Vigo. Ata o vindeiro 15 de xullo poderase gozar desta mostra articulada con obras procedentes das coleccións de arte de Afundación, ABANCA e a Fundación Laxeiro. Un total de 39 pezas amosan a proximidade entre as creacións de José Otero Abeledo, Laxeiro, e outros autores que, malia seren posteriores a el, comparten a idea de concibir a arte como un reflexo de pulsións internas máis ca na plasmación de realidades externas. O horario de visitas é de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h.

LA FACHADA DE LA CASA DE LA PANADERÍA ACOGE UNA EXPOSICIÓN CON UNA SELECCCIÓN DE LAS CASI 700 IMÁGENES RECOGIDAS EN ¡RETRATATE!

PHotoESPAÑA y Samsung se sumaron al Ayuntamiento de Madrid para celebrar el IV Centenario de la Plaza Mayor, y la convirtieron en un set fotográfico en el que cinco fotógrafos retrataron a madrileños y visitantes con el nuevo Samsung Galaxy S8

Del 5 de julio al 31 de agosto, los balcones de la Casa de la Panadería expondrán en grandes lonas 15 imágenes seleccionadas entre los 691 retratos tomados por Luis de las Alas, Marta Soul, Paula Anta, Jonás Bel y Virginia Rota

Además CentroCentro acoge la pieza de realidad virtual Suite Selfie, realizada por el fotógrafo Miguel Ángel Tornero y que el público podrá disfrutar hasta el 27 de agosto con las gafas Samsung Gear VR.

La plaza Mayor de Madrid acogió los pasados 16, 17 y 18 de junio la actividad ¡Retrátate!, con la que el Ayuntamiento de Madrid, PHotoESPAÑA y Samsung se unieron para celebrar el IV Centenario de la Plaza Mayor.

1400 personas participaron en la actividad, bien pasando por los sets fotográficos de Luis de Las Alas, Marta Soul, Paula Anta, Jonás Bel y Virginia Rota, o disfrutando de la pieza de realidad virtual Suite Selfie, primera realizada en el marco de PHotoESPAÑA, de Miguel Ángel Tornero.

Los cinco fotógrafos utilizaron el nuevo smartphone Samsung Galaxy S8 para retratar a madrileños y visitantes, desde muy diversos planteamientos artísticos.

Desde la aproximación al retrato clásico a través del uso de las nuevas tecnologías de Virginia Rota y Marta Soul; a las reminiscencias de la cultura barroca de los retratos de Paula Anta; la fotografía ambulante de Jonás Bel; y las imágenes “anti belleza” de Luis de Las Alas.

De entre las casi 700 imágenes tomadas por estos fotógrafos se realizó una selección de 15 que componen la exposición que podrá verse hasta el 31 de agosto en los balcones de la Casa de la Panadería, de la plaza Mayor. Durante estas fechas las imágenes se podrán ver proyectadas en la pantalla de Samsung de Callao El resto de las imágenes se pueden ver en la galería virtual de la web de PHotoESPAÑA www.phe.es 

Dentro de las propuestas de ¡Retrátate! se instaló también en la plaza Mayor un contenedor en el que disfrutar de la pieza de realidad virtual Suite Selfie, de Miguel Ángel Tornero, gracias a la tecnología de las gafas Samsung Gear VR.

Por primera vez la realidad virtual entra a formar parte de las propuestas de PHotoESPAÑA y lo hace con esta pieza que podrá verse hasta el 27 de agosto en CentroCentro.

En Suite Selfie, descubrimos, gracias a la tecnología, una forma completamente novedosa de aproximarnos a la plaza Mayor. La pieza condensa en solo dos minutos, dos horas reales de actividad en este enclave madrileño. Una experiencia en 360º que el propio Miguel Ángel Tornero define como: “un pequeño estudio sociológico que parte de un lugar dado, la plaza Mayor y que nos convierte en voyeurs privilegiados enfundados en gafas VR”.

A XUNTA RECLAMA AO CONCELLO DE VIGO QUE SINALICE O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA AO SEU PASO POLA CIDADE OLÍVICA

  • O delegado territorial na área de Vigo, Ignacio López-Chaves, fai pública unha denuncia dun veciño que suxire a instalación de letreiros informativos neste tramo
  • O Camiño Portugués da Costa foi recoñecido oficialmente como Ruta Xacobea de peregrinación a Santiago coa aprobación da Lei de Patrimonio de Galicia

 

Vigo, 7 de xullo de 2017.- A Xunta de Galicia reclamou hoxe ao Concello de Vigo que sinalice o Camiño Portugués da Costa coma xa o fixeron o resto de localidades que atravesa. Non é a primeira vez que o Goberno galego insiste na urxencia da colocación das mouteiras oficiais ao seu paso pola cidade co obxectivo de facilitar o tránsito aos peregrinos. O tramo vigués desta Ruta Xacobea é o único sen indicativos dos case 150 quilómetros que discorren por terras galegas.

 

En rolda de prensa, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, recordou que ao encontro celebrado fai un ano entre a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os concellos nos que estaba pendente a sinalización do Camiño Portugués da Costa, acudiron os representantes municipais de Baiona, Oia, Nigrán, A Guarda, O Rosal e Redondela, sendo Vigo o único concello que non estivo presente. “Isto demostra que o alcalde non ten vontade algunha de sinalizar, nin nos indica o trazado nin a colocación das mouteiras”, sinalou.

 

O representante da Administración autonómica fixo pública unha denuncia na que un veciño suxire a instalación de letreiros informativos no tramo que transcorre pola cidade olívica. “Os peregrinos cando chegan a Vigo pérdense”, sentenciou López-Chaves, para remachar ao fío que non é unha reclamación illada, posto que son moitas as queixas verbais das que dixo ter constancia. Nesta senso, ironizou co feito de que sexa o propio Concello, o mesmo que se opón, o que lle remite a queixa.

 

Camiño Portugués da Costa

O Camiño Portugués da Costa foi recoñecido oficialmente como Ruta Xacobea de peregrinación a Santiago de Compostela, xunto co Camiño de Inverno, coa aprobación da Lei de Patrimonio de Galicia. A súa inclusión foi froito dos estudos realizados nos últimos anos que acreditan a historicidade desta ruta e responde a unha vella reivindicación dos colectivos relacionados con esta ruta xacobea. Esta Ruta parte de Porto, pasa por Viana do Castelo e Caminha, cruza a desembocadura do Miño en España e continúa pola A Guarda, Baiona e Vigo ata Redondela, onde se une ao Camiño Portugués.