A XUNTA RECLAMA AO CONCELLO DE VIGO QUE SINALICE O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA AO SEU PASO POLA CIDADE OLÍVICA

  • O delegado territorial na área de Vigo, Ignacio López-Chaves, fai pública unha denuncia dun veciño que suxire a instalación de letreiros informativos neste tramo
  • O Camiño Portugués da Costa foi recoñecido oficialmente como Ruta Xacobea de peregrinación a Santiago coa aprobación da Lei de Patrimonio de Galicia

 

Vigo, 7 de xullo de 2017.- A Xunta de Galicia reclamou hoxe ao Concello de Vigo que sinalice o Camiño Portugués da Costa coma xa o fixeron o resto de localidades que atravesa. Non é a primeira vez que o Goberno galego insiste na urxencia da colocación das mouteiras oficiais ao seu paso pola cidade co obxectivo de facilitar o tránsito aos peregrinos. O tramo vigués desta Ruta Xacobea é o único sen indicativos dos case 150 quilómetros que discorren por terras galegas.

 

En rolda de prensa, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, recordou que ao encontro celebrado fai un ano entre a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os concellos nos que estaba pendente a sinalización do Camiño Portugués da Costa, acudiron os representantes municipais de Baiona, Oia, Nigrán, A Guarda, O Rosal e Redondela, sendo Vigo o único concello que non estivo presente. “Isto demostra que o alcalde non ten vontade algunha de sinalizar, nin nos indica o trazado nin a colocación das mouteiras”, sinalou.

 

O representante da Administración autonómica fixo pública unha denuncia na que un veciño suxire a instalación de letreiros informativos no tramo que transcorre pola cidade olívica. “Os peregrinos cando chegan a Vigo pérdense”, sentenciou López-Chaves, para remachar ao fío que non é unha reclamación illada, posto que son moitas as queixas verbais das que dixo ter constancia. Nesta senso, ironizou co feito de que sexa o propio Concello, o mesmo que se opón, o que lle remite a queixa.

 

Camiño Portugués da Costa

O Camiño Portugués da Costa foi recoñecido oficialmente como Ruta Xacobea de peregrinación a Santiago de Compostela, xunto co Camiño de Inverno, coa aprobación da Lei de Patrimonio de Galicia. A súa inclusión foi froito dos estudos realizados nos últimos anos que acreditan a historicidade desta ruta e responde a unha vella reivindicación dos colectivos relacionados con esta ruta xacobea. Esta Ruta parte de Porto, pasa por Viana do Castelo e Caminha, cruza a desembocadura do Miño en España e continúa pola A Guarda, Baiona e Vigo ata Redondela, onde se une ao Camiño Portugués.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: