A XUNTA SUMA UN NOVO ENCONTRO COS ALCALDES E ALCALDESAS PARA COÑECER A SITUACIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS A NIVEL LOCAL

  • Ambos mandatarios repasaron os principais programas que a Consellería ofrece no concello, como o Servizo de Axuda no Fogar Dependencia ou a escola infantil
  • O titular autonómico destacou que a coordinación entre administracións é o mellor xeito de garantir políticas que redunden na mellora da calidade de vida dos galegos e galegas

 

Santiago, 7 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, asegurou esta mañá que “o diálogo, a colaboración e a coordinación entre administracións é o mellor xeito de garantir unhas políticas sociais que verdadeiramente redunden na mellora da calidade de vida dos galegos e galegas”. Rey Varela realizou estas declaracións logo de manter unha xuntanza en San Caetano coa alcaldesa do municipio coruñés de Sobrado dos Monxes, María Jesús García Souto.

 

Esta reunión enmárcase na rolda de contactos cos rexedores e rexedoras de Galicia que está a manter o responsable da carteira autonómica de Política Social coa finalidade de coñecer de primeira man a situación e as necesidades que teñen neste ámbito os concellos galegos.

Nesta liña, o dirixente autonómico e a local fixeron un repaso dos principais programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver na localidade ourensá. Ao fío disto, Rey Varela fixo referencia ao incremento dun 34% nas horas de Servizo de Axuda no Fogar Dependencia, o que se traduce nunha subida de 437 horas mensuais. Grazas a esta mellora cuantitativa, a Xunta ofrece aos veciños e veciñas desta localidade 20.244 horas de servizo ao ano.

 

Por outra banda e no que respecta á infancia, Sobrado dos Monxes conta cunha escola infantil da rede Galiña Azul, que conta cunha unidade e oferta 20 prazas. Rey Varela trasladou á García Souto a previsión de que este recurso permaneza aberto o vindeiro curso escolar.

 

Así mesmo, conselleiro e rexedora abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade en en Sobrado dos Monxes.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: