O DOG SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA O ITINERARIO PEONIL NA MARXE DEREITA DA PO-250 AO SEU PASO POLO NÚCLEO URBANO DE REDONDELA

  • A Xunta proxecta completar a senda peonil executada hai dous anos cunha nova pasarela, pegada a ponte existente, na que investirá máis de 133.000 euros  
  • A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) ampliou en 2015 a ponte de San Xulián

 

Vigo, 11 de xullo de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acudiu hoxe a Redondela para ver o estado no que se atopa a ponte de San Xulián, na que o Goberno galego proxecta completar a ampliación da estrutura existente sobre o río Alvedosa, executada hai dos anos para dotar a estrada PO-250 de dous carrís e beirarrúa pola marxe esquerda, cunha nova senda peonil pola marxe dereita.

 

A construción deste itinerario, que transcorre en pleno núcleo urbano da localidade pontevedresa, sometíase o pasado venres ao trámite de información pública. Na seguinte ligazón ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/s2JfvS

 

Tal e como informou o delegado da Xunta, quen estivo acompañado polo alcalde de Redondela, Javier Bas, o obxectivo deste proxecto é a execución dunha senda na marxe dereita da estrada PO-250, á altura do p.q. 0+160, que permita a circulación de peóns pola zona e o cruzamento do río Alvedosa con garantías de seguridade, comodidade e accesibilidade, ao atoparse este treito da estrada ao seu paso polo núcleo urbano de Redondela, coa conseguinte continua interferencia entre vehículos e peóns.

 

A obra, cofinanciada nun 80% polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, conta cun presuposto de 133.185,80 euros e contempla a execución dunha pasarela metálica pegada a ponte existente que se completará co acondicionamento da contorna. Cómpre destacar que na zona da actuación existe, como elemento patrimonial de interese, o cruceiro do Peto de Ánimas de Pasais. A solución proposta no proxecto non afecta o dito cruceiro, non obstante este porase en valor mediante a creación dunha praza ao seu redor que promova e fomente as visitas, así como a revitalización da contorna e permita unha maior facilidade de mantemento.

 

O proxecto de construción estará exposto a información pública durante un período de 30 días hábiles, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado. Tamén se somete a información pública a relación dos bens afectados pola realización da obra correspondente, para que os titulares das fincas presente cantas alegacións ou rectificacións consideren.

A Xunta está a executar este tipo de actuacións coa fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiáns andando ou en bici dun xeito seguro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: