INFO CONCIERTO : CRÓNICAS POP
El próximo viernes 14 de Julio vamos a celebrar el tercer aniversario de nuestro grupo Crónicas Pop en el acogedor «O Muiño do Vento» a las 22.15 h (al lado del Museo del mar) para quién quiera acercarse a cenar unas tapitas o tomarse una copa…¡¡Os esperamos!!
Crónicas Pop es un grúpo de 5 componentes que desde sus inicios en 2014 ha tenido muy buena acogida de publico, dado en gran parte por la selección muy variada de temas tanto españoles como latino: Éxitos del Pop &Rock de los 80 a la actualidad.
Quisiéramos destacar que casi todos los temas que hemos incluido en nuestros conciertos, son cantados con voz de mujer, aunque las canciones originales provienen de intérpretes masculinos, lo que hace que los temas sean más personales, a pesar de ser versiones de otros compositores.
Viernes 14 de Julio – 22:00 h. entrada libre
LUGAR: O MUIÑO DO VENTO –
Adios Papa – los Ronaldos
Hay poco Rock & roll – Platero y Tú.
Salta – Tequila
El tiempo pasará – Lori Meyers
Pero a tu lado – Los Secretos
So Payaso – Extremoduro
Que puedo hacer – Los Planetas
No puedo vivir sin ti – Coque Malla
Insurreción – El Último de la Fila
Complejo – Los Enemigos
Por la boca vive el pez – Fito y Fitipaldis
Copenhage – Vetusta Morla
Un pedazo de cielo – Luz Casal
Lista de la compra – La cabra mecanica
Volverá – El canto del loco
Mucho mejor – Los Rodriguez
Tocaré – Tahures Zurdos
La chica de ayer – Nacha Pop
Escuela de calor – Radio Futura
Inevitable – Shakira
La flaca – Jarabe de palo
El universo sobre mi – Amaral
Llamando a la tierra – M Clan
Clavado en un bar – Maná
Te esperaré – Antonio Orozco
Antes de que cuete diez – Fito y Fitipaldis
Nada fue un error – Coti
Terriblemente Cruel – Leiva
A XUNTA DE GALICIA ABORDA A APERTURA DE NOVAS LIÑAS DE COLABORACIÓN CO CONCELLO OURENSÁN DA PEROXA
- O encontro desta tarde serviu para repasar os recursos en materia de Política Social existentes na localidade
Santiago, 12 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, proseguiu esta tarde coa rolda de encontros con alcaldes e alcaldesas de Galicia para afondar nas liñas de colaboración entre a Administración autonómica e as locais cunha xuntanza co primeiro edil do concello da Peroxa, Manuel Seoane Rodríguez. A cita, que se desenvolveu no despacho do conselleiro en San Caetano, permitiu abordar a posibilidade de poñer en marcha novas liñas de colaboración neste eido co obxectivo de “mellorar o benestar dos galegos e das galegas, principalmente, daqueles que máis o precisan”, afirmaba Rey Varela ao remate da xuntanza.
Así as cousas e no que respecta á área de familia e infancia, ambos mandatarios coincidiron en subliñar a excelente ratio de atención que presenta o concello ourensán, grazas ao servizo que presta o Punto de Atención á Infancia (PAI) municipal e para o que a Xunta de Galicia achega cada ano 9.000 euros. Mentres, no eido das persoas maiores, a Consellería de Política Social oferta 793 horas anuais para o Servizo de Axuda no Fogar que permiten que a ratio de cobertura se sitúe no 96%. E, ao fío, Rey Varela e Seoane Rodríguez puxeron enriba da mesa a posibilidade de ampliar a colaboración das dúas institucións co fin de mellorar os recursos asistenciais que se ofertan para os veciños e veciñas da Peroxa, unha posibilidade que se comprometeron a analizar.
A XUNTA REÚNESE COA ASOCIACIÓN VECIÑAL CULTURAL E RECREATIVA SAN MAMEDE DE ZAMÁNS
Vigo, 12 de xullo de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas, José Luis Díez, reuniuse esta mañá co presidente da Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns, Modesto Rodríguez, e outros membros da directiva. Durante a cita, o representante do Goberno galego atendeu e tomou nota da petición de mellorar a seguridade para os peóns na PO-331 desde a estrada de Marcosende ata a de Zamáns en dirección a Gondomar
Confirmadas as grandes actuacións de Porrigalia 2017
OS GALEGOS DE ‘ASTAROT’ ABRIRÁN AS ACTUACIÓNS DE PORRIGALIA, O VENRES, DÍA 21, O ‘PRATO FORTE’ CHEGARÁ O SÁBADO, DÍA 22, COA ACTUACIÓN DA MÍTICA BANDA DE HEAVY ‘OBÚS’ E ‘TROULA ANIMACIÓN’PECHARÁ A EDICIÓN DESTE ANO
‘Obus’, unha das lendas do ‘heavy metal’ en España, creada a principios da década dos 80 do século pasado, será a ‘estrela’ de Porrigalia 2017, que se celebra no Porriño do 21 ao 23 de xullo.
A banda, integrada polo cantante ‘Fortu’ Sánchez, o guitarrista Paco Laguna, o batería Carlos Mirat e o baixista Fernando Montesinos, actuará o vindeiro sábado, día 22 de xullo, ás 23:30 horas, como anuncia xa na súa páxina web.
Outra das actuacións importantes desta edición será a de Astarot, o grupo galego ‘heavy’ que cumpre neste 2017 os seus primeiros 34 anos de vida, e que chegará a Porrigalia o venres, día 21 de xullo ás 22:45 h. no mesmos escenario que os ‘Obús’: na rúa Domingo Bueno.
O sábado, 22, marcará tamén o inicio do ‘Xogos Olímpicos’, que se disputarán ese día e o domingo día 23 e que nada teñen que ver cos do ano pasado. Nesta edición de Porrigalia os mesmos serán xogos populares nos que pode participar calquera persoa: tiro de corda, traga-bolas, cuadrigas, tres en raia, canastra, tiro, esquís comunitarios e tiratacos.
Polo que se refire ás comparsas, estas serán un dos centros da edición de Porrigalia deste ano e dende o luns pasado, día 10, está inscrición das mesmas e das asociacións culturais e veciñais, que deben de estar integradas por un mínimo de 10 compoñentes para optar aos premios por participación. O devandito prazo estará remata o martes, 18 de xullo, e as inscricións poden facerse de luns a venres en horario de 2 a 6 e media da tarde.
A cantidade a repartir por premios acadará un orzamento máximo de 6.000€, sendo, pola participación de 200€ para comparsas de 10 a 19 compoñentes; 350€ se teñen de 20 a 39 integrantes; 600€, se a forman de 40 a 55 persoas, e 800€ se son de 56 a 80 membros. Os premios para as mellores serán de 2.000€ para a vencedora, de 1.500 para a segunda clasificada e de 500€, para a terceira.
Por último, o peche da edición de Porrigalia 2017 estará a cargo de Troula Animación e o seu impaciéntante espectáculo de ‘errantes, o vindeiro día 23 de xullo de 9 e media a 11 da noite. No mesmo participarán 1 zancudo, mestre de cerimonias, o Orlok, os Power-Skip, 8 percusionistas, e dous portadores,que ofrecerán ao público unha impresionante ceremonia de música, fume, luces, lume e pirotecnia.
IESIDE e a Universidade de Economía e Comercio Internacional de Beijing reforzan a súa colaboración
A Universidade de Economía e Comercio Internacional (UIBE), con sede en Beijing, e o Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) ampliarán en 2017 o seu acordo de colaboración subscrito o ano pasado que facilita o intercambio de estudantes e profesorado, reforza a oferta de cursos de especialización e mestrados a estudantes chineses e promove a realización de actividades académicas e proxectos conxuntos. Unha delegación de UIBE, integrada pola súa vicepresidenta Wen Jun, o director e vicedirector da Escola de Estudos Estranxeiros, Xu Yongbin e Ding Long, respectivamente, o director do Departamento de Relacións de Posgraduado, Zhou Bo, e os decanos dos departamentos de Español e Grego, Zheng Haoyu e Sun Tao, respectivamente, reuniuse este mediodía co reitor-presidente de IESIDE e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e co secretario xeral de IESIDE e director xerente de Afundación, Pedro Otero. No encontro estivo presente unha delegación de seis estudantes de UIBE, que cursarán este verán o Diploma Avanzado de Relacións Internacionais (DARI), que en 2017 celebra a súa segunda edición.
IESIDE ofrece unha conferencia sobre a transformación dixital das empresas nos seus campus de Vigo e A Coruña
Co gallo da presentación do seu mestrado MBA Part-Time, IESIDE organiza a conferencia «A transformación dixital das empresas e o seu impacto na cadea de valor» a cargo de Francisco Servia, product manager, EU demand acceleration de Amazon Prime Now. Nela abordaranse as claves da transformación dixital das empresas e como estes cambios afectan á súa cadea de valor. Celebrarase mañá xoves 13 de xullo, ás 16.30 h no Campus de IESIDE de Vigo (avenida de Madrid, 60) e ás 20.00 h no Campus de IESIDE da Coruña (Ronda de Nelle, 31).
AJE organiza un taller para crear equipos de éxito
Será impartido por Pablo Castejón, responsable de Desarrollo Profesional de la Escuela de Negocios Afundación de EISIDE
Vigo, 12 de julio de 2017.- La Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE Vigo, organiza mañana un taller para crear equipos profesionales de éxito. Impartido por Pablo Castejón, responsable de Desarrollo Profesional de la Escuela de Negocios Afundación de EISIDE, bajo el título “El líder, creador de equipos”, ofrece la oportunidad de diagnosticar puntos fuertes y débiles en el manejo de utilidades de liderazgo para mejorar la gestión del equipo humano implicado en un proyecto empresarial. El taller, abierto a socios y no socios de AJE, se enmarca en el programa de AJE Galicia e Igape “Xove empresario emprende” que fomenta actitudes emprendedoras que permitan construir itinerarios profesionales y laborales de éxito.
El taller se impartirá mañana jueves, 13 de julio, en la sede de la Escuela de Negocios Afundación de EISIDE, de 9.00 a 13.00 horas. Es necesaria inscripción previa en info@ajevigo.es.
TRASATLÁNTICA PHOTOESPAÑA VIAJA POR PRIMERA VEZ A ASÍA CON UN VISIONADO DE PORFOLIOS EN MANILA
A XUNTA CONVOCA 15 PRAZAS DE COLABORADORES-BOLSEIROS PARA AS TRES RESIDENCIAS XUVENÍS DE TITULARIDADE AUTONÓMICA
- Os beneficiarios das axudas contarán con aloxamento e mantenza gratis a cambio de ocuparse das labores de dinamización xuvenil no Centro Residencial Xuvenil LUG e nas residencias Florentino López Cuevillas de Ourense e Altamar de Vigo
Santiago, 12 de xullo de 2017.- A Xunta de Galicia abrirá mañá o prazo para solicitar unha das 15 prazas de colaborador-bolseiro que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca para desenvolver labores de dinamización nas tres residencias xuvenís de titularidade autonómica durante o curso 2017-2018: o Centro residencial xuvenil LUG en Lugo, a residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense e a residencia xuvenil Altamar de Vigo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que regula as bases desta convocatoria e cuxo prazo de solicitude permanecerá aberto dende mañá xoves e ate o vindeiro 14 de agosto.
Máis polo miúdo, e con respecto á distribución das 15 prazas ofertadas, 4 corresponden ao centro residencial de Lugo, 5 na residencia xuvenil de Ourense e 6 na residencia emprazada en Vigo. Os/as beneficiarios/as destas axudas de colaboradores-bolseiros contarán co aloxamento e mantenza gratuítos a cambio de desenvolver labores principalmente relacionados coa dinamización da residencia, incluídas actividades de información xuvenil, biblioteca, informática e deporte, entre outras. E dentro das ditas actividades, inclúese a de participar no programa Correspondentes universitarios da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Ademais, disporán da asistencia dun titor ou titora que coordine e dirixa as funcións que desempeñen nos centros.
Para solicitar unha praza as persoas interesadas deberán de entregar, xunto coa inscrición, un proxecto de actividades que pretenda realizar na residencia, así como presentarse a unha entrevista persoal. Para a adxudicación das prazas valórase a calidade do proxecto de actividades presentado; a renda media da unidade familiar; a condición de familia numerosa, de orfandade, discapacidade de calquera membro da unidade familiar; a distancia entre o domicilio e a residencia xuvenil; ter a residencia familiar en Galicia; ser muller en estado de xestación ou vítima de violencia de xénero ou persoa solicitante cuxa proxenitora a sufrise; outras circunstancias sociofamiliares como ter un ou unha irmá ou irmá/áns con praza renovada na residencia, ou ter a condición de familia monoparental; o rendemento académico; a condición de desempregado sen prestación económica do pai, nai ou titor legal; e ter sido residente na mesma residencia para a que se solicita a bolsa.
Os destinatarios destas bolsas son persoas físicas con nacionalidade española ou nacionais dun estado membro da Unión Europea ou residentes estranxeiros en España, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, que cursen estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclos formativos de grao superior que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver na residencia xuvenil. E ter unha renda media familiar que non supere o 150% do IPREM.
As residencias xuvenís son un instrumento ao servizo da mocidade e, en particular, dos mozos e mozas estudantes durante o curso académico, onde se ofrecen aloxamento e manutención, actividades convivencias e educativas a través das que se intenta fomentar os valores sociais, culturais e deportivos da mocidade residente e de calquera que puidese beneficiarse do labor sociocultural nas actuacións que se programen.
Finalmente, cómpre lembrar que mañá xoves 13 de xullo remata o prazo para solicitar unha das 220 prazas ofertadas de residentes en réxime de internado nestas tres residencias dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: 74 no centro residencial xuvenil LUG en Lugo, 55 na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense e 91 na residencia xuvenil Altamar de Vigo.
Dotación de mobiliario na Praia fluvial de San Xoan
O concello de Arbo, continuando na sua labor de dotar de mobiliario en distintas zonas do Concello, recollera maña en Meis, mobiliario para a praia fluvial de San Xoan .