A XUNTA DE GALICIA ABORDA A APERTURA DE NOVAS LIÑAS DE COLABORACIÓN CO CONCELLO OURENSÁN DA PEROXA

  • O encontro desta tarde serviu para repasar os recursos en materia de Política Social existentes na localidade

Santiago, 12 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey  Varela, proseguiu esta tarde coa rolda de encontros con alcaldes e alcaldesas de Galicia para afondar nas liñas de colaboración entre a Administración autonómica e as locais cunha xuntanza co primeiro edil do concello da Peroxa, Manuel Seoane Rodríguez. A cita, que se desenvolveu no despacho do conselleiro en San Caetano, permitiu abordar a posibilidade de poñer en marcha novas liñas de colaboración neste eido co obxectivo de “mellorar o benestar dos galegos e das galegas, principalmente, daqueles que máis o precisan”, afirmaba Rey Varela ao remate da xuntanza.

 

Así as cousas e no que respecta á área de familia e infancia, ambos mandatarios coincidiron en subliñar a excelente ratio de atención que presenta o concello ourensán, grazas ao servizo que presta o Punto de Atención á Infancia (PAI) municipal e para o que a Xunta de Galicia achega cada ano 9.000 euros. Mentres, no eido das persoas maiores, a Consellería de Política Social oferta 793 horas anuais para o Servizo de Axuda no Fogar que permiten que a ratio de cobertura se sitúe no 96%. E, ao fío, Rey Varela e Seoane Rodríguez puxeron enriba da mesa a posibilidade de ampliar a colaboración das dúas institucións co fin de mellorar os recursos asistenciais que se ofertan para os veciños e veciñas da Peroxa, unha posibilidade que se comprometeron a analizar.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: