IESIDE e a Universidade de Economía e Comercio Internacional de Beijing reforzan a súa colaboración

A Universidade de Economía e Comercio Internacional (UIBE), con sede en Beijing, e o Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) ampliarán en 2017 o seu acordo de colaboración subscrito o ano pasado que facilita o intercambio de estudantes e profesorado, reforza a oferta de cursos de especialización e mestrados a estudantes chineses e promove a realización de actividades académicas e proxectos conxuntos. Unha delegación de UIBE, integrada pola súa vicepresidenta Wen Jun, o director e vicedirector da Escola de Estudos Estranxeiros, Xu Yongbin e Ding Long, respectivamente, o director do Departamento de Relacións de Posgraduado, Zhou Bo, e os decanos dos departamentos de Español e Grego, Zheng Haoyu e Sun Tao, respectivamente, reuniuse este mediodía co reitor-presidente de IESIDE e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e co secretario xeral de IESIDE e director xerente de Afundación, Pedro Otero. No encontro estivo presente unha delegación de seis estudantes de UIBE, que cursarán este verán o Diploma Avanzado de Relacións Internacionais (DARI), que en 2017 celebra a súa segunda edición.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: