Archive | julio 16, 2017

AS EMPRESAS QUE ASPIRAN A PRESTAR OS SERVIZOS DO NOVO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA TERÁN DE PRAZO ATA O VINDEIRO MÉRCORES PARA PRESENTAR AS SÚAS OFERTAS

O prego de condicións dos 41 contratos de transporte público responde á vontade de facilitar a participación das pemes e de primar a calidade e a seguridade na prestación do servizo sobre os aspectos económicos das ofertas

 

AS EMPRESAS QUE ASPIRAN A PRESTAR OS SERVIZOS DO NOVO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA TERÁN DE PRAZO ATA O VINDEIRO MÉRCORES PARA PRESENTAR AS SÚAS OFERTAS

 

 

  • Nos dez contratos de menor volume priorizaranse as ofertas que presenten as pequenas empresas
  • As ofertas valoraranse conforme criterios obxectivos tales como a antigüidade dos vehículos, os cintos de seguridade ou a dotación dunha base ou instalación fixa
  • Algúns dos aspectos terán un peso diferente segundo o tipo de servizo, primando por exemplo os cintos de seguridade nos transportes escolares integrados e os dispositivos de cobro para tarxeta TMG nas áreas metropolitanas
  • O prego prevé xa as esixencias técnicas necesarias para facer posible a posta en marcha dos plans de transporte metropolitano nas áreas de Ourense e Pontevedra
  • Nas ofertas para transportes escolares compartidos puntuarase a  estabilidade e a experiencia laboral do persoal acompañante
  • Terase en conta o incremento de quilómetros de servizos sobre os establecidos nos proxectos de explotación, ademais  da oferta para servizos complementarios

 

 

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017.- As empresas que aspiran a prestar os servizos do Plan de transporte público de Galicia terán de prazo ata o vindeiro mércores, 19 de xullo, para presentar as súas ofertas. Será entón cando finalice o período de cinco días naturais que establece o  prego para a remisión de propostas, a contar desde a xornada seguinte á da recepción das convocatorias, que foron remitidas no día de hoxe  pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

 

O prego de concidións que rexe o proceso de contratación das 41 novas concesións de transporte público de Gailcia recolle a vontade de facilitar a participación das pequenas e medianas empresas e de primar a calidade e a seguridade na prestación dos servizos sobre os aspectos económicos das ofertas.

 

Co primeiro dos obxectivos, e na liña do acordo do Consello da Xunta, cada grupo empresarial poderá resultar adxudicatario dun máximo de 10 contratos de transporte público. Ademais, nos dez contratos de menor volume priorizaranse as ofertas que presenten as pequenas empresas.

 

Na procura do reforzo da calidade e da seguridade na prestación dos servizos de autobús, na valoración das ofertas teranse en conta aspectos tales como a antigüidade máxima e media dos vehículos, os cintos de seguridade ou a dotación dunha base ou instalación fixa que permita acurtar os tempos de resposta.

 

Estes criterios obxectivos establecidos para a adxudicación dos contratos terán un peso diferente en función do tipo de servizo do que se trate. Desa forma, por exemplo, para as liñas que operen nos entornos metropolitanos puntuarase o compromiso de instalación de dispositivos de cobro homologado coas tarxetas do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG).

 

Ademais, o prego prevé xa as esixencias técnicas necesarias para facer posible a posta en marcha dos plans de transporte metropolitano nas áreas de Ourense e Pontevedra.

 

No caso dos servizos de transporte escolar de uso compartido cobrará especial relevacia a adscrición de vehículos provistos de cintos de seguridade. Nestes servizos valorarase tamén a estabilidade e a seguridade do persoal acompañante para garantir a calidade do servizo.

Terase en conta o incremento de quilómetros de servizos sobre os establecidos nos proxectos de explotación, ademais  da oferta que se presente para a realización de servizos complementarios.

O inicio do prazo para a presentación de ofertas é un paso máis na tramitación prevista para a posta en marcha do Plan de transporte público de Galicia no vindeiro mes de agosto. Será entón cando se materialicen as renuncias presentadas polas empresas ás concesións de transporte, que deixarán sen funcionamento máis de 570 liñas de transporte público.


Conforme á nova normativa europea, que prohibe as prórrogas das concesións de transporte, a Xunta de Galicia activou un procedemento extraordinario para garantir a existencia de servizos de autobús nos ámbitos afectados polas renuncias empresariais. Ese procedemento está recollido nesta primeira fase do Plan de transporte público de Galicia, que prevé contratos por un período de dous anos, ata que no ano 2019 se poña en marcha a reordenación integral de concesións en Galicia.

 

O Plan de transporte público de Galicia non só permitirá manter eses servizos e o emprego, senón que mellorará notablemente as posibilidades de mobilidade no medio rural. Iso será posible ao permitir que os veciños empreguen as prazas vacantes das liñas de autobús de transporte escolar, un sistema que ten unha rede territorial moito máis extensa que o transporte de uso xeral.

 

Ese uso compartido do transporte irá acompañado de melloras tamén para os escolares, cuxa atención estará blindada nos contratos, mantendo intactos os tempos de percorrido e os horarios de saída e chegada.

 

Ademais, incluiranse garantías máis elevadas que as previstas pola Lei, ao asegurarse a presenza dun monitor acompañante escolar en todas as rutas de transporte compartido.

 

La CEP preside por delegación el Comité Director de la RIET

Los parlamentarios autonómicos de las cuatro regiones españolas limítrofes con Portugal fueron invitados a constituir un foro a través del cual canalizar propuestas que elevar a las Cumbres Ibéricas

14 de julio de 2017.-. El presidente de la Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) y del Centro de Desenvolvemento, Cooperación e Servizos Empresariais Transfronterizos (Cecotran), Jorge Cebreiros, fue el encargado de moderar), por delegación del Presidente de la Red Ibérica de Entidades Transfronterizas (RIET), José Couto, las reuniones del Comité Director y del Consejo Consultivo de Frontera, celebradas los pasados 12 y 13 de julio en Plasencia (Cáceres).

A las reuniones asistieron los presidentes de las Cámaras legislativas de las cuatro comunidades autónomas limítrofes con Portugal (Galicia,  Castilla y León, Extremadura y Andalucía), incluido el Presidente del Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a quienes desde la RIET se propuso la creación de un foro que canalice y traslade las propuestas. de los parlamentos susceptibles de ser incorporadas a la agenda de las Cumbres Ibéricas.

En este sentido, Santelices avanzó que su intención es invitar al resto de los participantes a elaborar un plan de trabajo realista y ajustado al ordenamiento jurídico, y que pueda ser útil para su debate en las Cumbres Ibéricas y para las sociedades española y lusa.

Los participantes se unieron en un homenaje a Miguel Ángel Blanco y a todas las víctimas del terrorismo, guardando un minuto de silencio en su memoria.

Cabe recordar que Cecotran está integrada también por la Associaçao Empresarial de Viana do Castelo (AEVC), la Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) y la Associaçao Industrial do Minho (AIMinho).