EL GRUPO POÉTICO BRÉTEMA TOMA VACIONES HASTA EL HASTA EL PRIMERO DE SEPTIEMBRE
El Grupo Poético Brétema de Vigo, tras participar en la Feria del Libro en Vigo, tomo sus vacaciones estivales hasta el próximo día 1 de septiembre en que volverán a sus actividades habituales, reuniones los viernes de seis a ocho de la tarde y todas aquellas otras actividades que tengan que ver con la cultura, la literatura y la poesía.
Por lo que desean unas muy felices vacaciones a todos sus seguidores, tanto presenciales como virtuales.
En la Feria del Libro actuaron los siguientes poetas:
Mariano Marcos de Abalo, Amante Romero Álvarez, Carmen Darriba, Isaura Lago Álvarez, Candela Fernández Mouriño, Milagros Ferrer García, Israel López Ferrer, Rosa Martínez Méndez.
A XUNTA DE GALICIA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE PARA A CREACIÓN DE ESCOLAS INFANTÍS EN POLÍGONOS INDUSTRIAIS
O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a convocatoria de subvencións para a posta en marcha deste recurso de conciliación
- A convocatoria subvencionará a realización do proxecto básico e de execución para a construción ou reforma dun inmoble destinado á creación da escola, o acondicionamento da parcela e o equipamento das instalacións
- Poderán obter financiamento ata sete novas escolas que constarán dun mínimo de tres unidades e 41 prazas o que permitirá a posta a disposición das familias galegas de 287 novas prazas de atención á infancia
Santiago, 17 de xullo de 2017.- A Consellería de Política Social publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova orde de axudas que permitirá a creación de escolas infantís de 0 a 3 anos en polígonos industriais e parques empresariais que porán a disposición das familias galegas un mínimo de 287 novas prazas de atención á infancia. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá martes.
Ao abeiro desta orde, poderán ser beneficiarias as asociacións empresariais ou entidades representantes dun parque empresarial ou polígono industrial que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que dispoñan dunha parcela de terreo apta para o establecemento dunha escola infantil nun polígono, parque empresarial ou nas súas inmediacións. Así mesmo, deberán achegar un estudo que reflicta que existe un mínimo de 50 nenos e nenas menores de tres anos potenciais usuarios da escola e un plan de viabilidade que permita a posta en funcionamento e o mantemento do centro durante un mínimo de cinco anos.
A convocatoria subvencionará a realización do proxecto básico e de execución para a construción ou reforma dun inmoble destinado á creación da escola, o acondicionamento da parcela e o equipamento das instalacións que inclúe o material didáctico e de xogo. As axudas consistirán nunha subvención de ata o 100% do custo total do investimento realizado, cun límite máximo global por escola e entidade beneficiaria de 200.000 euros.
Cómpre destacar que a convocatoria conta cun orzamento total de 1,4 millóns de euros distribuído en dúas anualidades, correspondendo 350.000 ao ano 2017 e 1.050.000 euros ao ano 2018. Estes importes están cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Con este crédito poderán obter financiamento ata sete novas escolas que constarán dun mínimo de tres unidades e 41 prazas. Todas elas estarán separadas da actividade industrial, preferentemente nunha zona axardinada que protexa o edificio das condicións exteriores e contarán coas medidas correctoras precisas de protección contra o tráfico, o ruído, a contaminación e outras actividades molestas ou prexudiciais.
A Consellería de Política Social traballa no desenvolvemento dos mecanismos precisos para facilitar a conciliación e a corresponsabilidade na vida familiar e laboral, mellorando a oferta de recursos e servizos para que respondan ás necesidades dos pais e nais e ao mesmo tempo contribúan ao desenvolvemento afectivo, psicolóxico e físico das e dos menores.
Así, este é o segundo ano que a Xunta realiza unha convocatoria de axudas coma esta, grazas á cal xa se está a financiar a construción de dúas escolas, unha no Parque científico tecnolóxico Río do Pozo (Narón) e outra no polígono industrial da Tomada (A Pobra do Caramiñal).
Este recurso complementa as axudas que a Xunta ten en marcha para facilitar a conciliación, como a rede de escolas infantís dependentes da Administración autonómica, as prazas en escolas infantís de iniciativa social, o programa Bono Concilia ou as casas niño no rural (na actualidade xa están a funcionar 30 e poranse en marcha outras 30 grazas á convocatoria deste ano).
MÁIS DE 6.300 FAMILIAS PODERÁN BENEFICIARSE ESTE ANO DOS DIFERENTES PROGRAMAS DE AXUDA E FOMENTO DA REHABILITACIÓN, AOS QUE A CONSELLERÍA DE VIVENDA DESTINA 40 MILLÓNS DE EUROS
-
O Goberno galego máis que duplica este ano o montante do investimento para a rehabilitación de vivendas
-
Os 16 programas de rehabilitación da Consellería de Vivenda chegan a todos os destinatarios e ás distintas formas de intervención, desde as reformas interiores e exteriores á mellora da accesibilidade, pasando pola recuperación de ruínas e espazos urbanos degradados
-
Proximamente convocaranse as axudas para ascensores de nova instalación, que cubrirán ata o 60% do custo da instalación, cun máximo de 40.000 euros
-
Por primeira vez a Xunta subvenciona ata o 100% dos xuros dos préstamos que soliciten os particulares para a reforma das súas vivendas
-
A estratexia de rehabilitación refórzase coas axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria dirixidas á eficiencia enerxética e que subvencionan a renovación de fiestras, ascensores ou cubertas, entre outras
A XUNTA DE GALICIA APOIA O LABOR DE INCLUSIÓN QUE DESENVOLVE PROXECTO HOME EN VAL DO DUBRA
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá o centro da entidade na localidade.
- Os usuarios das instalacións poden participar na oferta formativa que inclúe cursos de auxiliar de turismo ecuestre e canteiro, ambos subvencionados pola Administración autonómica
- Tamén realizan outras actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral, atención, rehabilitación e reinserción social de persoas con problemas de adicción
Val do Dubra (A Coruña), 17 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe o centro de Proxecto Home en Val do Dubra, unhas instalacións dedicadas ao desenvolvemento de programas asistenciais e de prevención dirixidos á reinserción social de persoas adictas.
Esta comunidade terapéutica é un recurso residencial dirixido a aquelas persoas que requiren un distanciamento da súa contorna habitual para continuar o proceso de rehabilitación. Ofrece nun espazo de contención psicolóxica, un modelo de tratamento estruturado en etapas que reflicten niveis cada vez maiores de responsabilidade persoal e social. Unha característica esencial na Comunidade Terapéutica é o establecemento dunha intensa experiencia grupal, convertendo á persoa usuaria en suxeito activo e protagonista da dinámica comunitaria, e podendo así vivir a experiencia de participar nun clima de mutua axuda: tanto a que recibe como a que achega ás demais persoas.
As persoas usuarias da comunidade terapéutica compaxinan a residencialidade coa resposta ás súas responsabilidades familiares e a capacitación profesional mediante a asistencia a cursos de formación internos e externos. O obxectivo é facilitar o proceso educativo e psicoterapéutico da persoa e dotala dos recursos necesarios para o cambio persoal.
No centro, impártense cursos de auxiliar de turismo ecuestre e canteiro, ambos financiados pola Xunta de Galicia. Así mesmo, realizan actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral, de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas con problemas de adicción grazas ao convenio de colaboración que a Consellería de Política Social mantén con esta entidade e mediante o cal se financian o 100% das 12 prazas na fase de reinserción social.
Precisamente o pasado mes de xuño se asinou este acordo co obxecto de minguar, na medida do posible, as consecuencias sociais asociadas ao consumo de substancias aditivas, propiciando un apoio efectivo cara a integración social e laboral deste colectivo. Entre estas medidas, figuran programas de tratamento das adiccións ao alcohol, á cocaína ou ao xogo entre outros, que se desenvolverán en Santiago, Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra.
A Xunta de Galicia inviste neste programa 149.365,44 euros, unha suma que permitirá subvencionar os gastos do persoal necesario para a execución das actividades así como gastos de auga e saneamento, luz, gas, carburante, telefonía e formación entre outros.
O titular autonómico saudou a sinatura deste acordo, e felicitou aos traballadores e directiva do centro polo seu labor diario, así como tamén aos usuarios e usuarias, que se esforzan a diario para mellorar a súa situación e a súa calidade de vida. “O noso camiño pasa por prestar axuda aos que máis o precisan nos momentos máis difíciles e por iso tendemos a man a programas como os de Proxecto Home, porque as súas metas, coinciden coas nosas”, explicou Rey Varela.
Afundación e Ámbito Cultural de El Corte Inglés convocan unha nova edición dos seus Premios de Xornalismo
Bases Premios Xornalismo Afundación
Afundación e Ámbito Cultural de El Corte Inglés convocan a XXXIX edición do Premio de Periodismo Julio Camba para artigos escritos en castelán e a XV edición do Premio Fernández del Riego para textos realizados en galego, unha referencia ambos os dous dentro do seu ámbito. A esta nova convocatoria poderanse presentar unicamente artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión, cunha extensión máxima de dúas páxinas no caso de edicións impresas e o seu equivalente para as edicións en dixital. Só se permite achegar un texto por autor que aparecese en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017. O prazo de presentación dos traballos rematará o 27 de abril de 2018.
VISTO E PRACE DE PATRIMONIO Á REFORMA DAS INSTALACIÓNS ACTUAIS DE SKATE NO PARQUE DO CASTRO EN VIGO
- Trátase dunha actuación na contorna do castro de Vigo, ben catalogado no planeamento municipal do concello e polo tanto patrimonio cultural de Galicia
Vigo, 17 de xullo de 2017.- A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de autorizar a solicitude do Concello de Vigo para a reforma das instalacións actuais de skate no parque do Castro.
Así, a resolución, asinada o pasado 5 de xullo, recolle que a actuación para a cal o Concello de Vigo solicita autorización conta co informe favorable dos servizos técnicos de Patrimonio de Pontevedra, condicionada á realización dun control arqueolóxico dos movementos de terra, polo que, antes do comezo da obra, deberá presentar (por duplicado) o correspondente proxecto arqueolóxico para a súa autorización pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Trátase dunha actuación na contorna do castro de Vigo, ben catalogado no planeamento municipal do concello e, polo tanto, do patrimonio cultural de Galicia.
O proxecto prevé a retirada do valado actual, a instalación de novos elementos para practicar skate, o puído dos pavimentos, a ampliación da superficie asfaltada en 21 metros cadrados e a reparación do pavimento actual. A pista de patinaxe sitúase no ámbito de protección integral do Monte do Castro, no que xa existe unha pista de 760 metros cadrados de superficie que agora se pretende mellorar.