A XUNTA DE GALICIA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE PARA A CREACIÓN DE ESCOLAS INFANTÍS EN POLÍGONOS INDUSTRIAIS

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a convocatoria de subvencións para a posta en marcha deste recurso de conciliación

  • A convocatoria subvencionará a realización do proxecto básico e de execución para a construción ou reforma dun inmoble destinado á creación da escola, o acondicionamento da parcela e o equipamento das instalacións
  • Poderán obter financiamento ata sete novas escolas que constarán dun mínimo de tres unidades e 41 prazas o que permitirá a posta a disposición das familias galegas de 287 novas prazas de atención á infancia

 

Santiago, 17 de xullo de 2017.- A Consellería de Política Social publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova orde de axudas que permitirá a creación de escolas infantís de 0 a 3 anos en polígonos industriais e parques empresariais que porán a disposición das familias galegas un mínimo de 287 novas prazas de atención á infancia. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá martes.  

 

Ao abeiro desta orde, poderán ser beneficiarias as asociacións empresariais ou entidades representantes dun parque empresarial ou polígono industrial que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que dispoñan dunha parcela de terreo apta para o establecemento dunha escola infantil nun polígono, parque empresarial ou nas súas inmediacións. Así mesmo, deberán achegar un estudo que reflicta que existe un mínimo de 50 nenos e nenas menores de tres anos potenciais usuarios da escola e un plan de viabilidade que permita a posta en funcionamento e o mantemento do centro durante un mínimo de cinco anos.

 

A convocatoria subvencionará a realización do proxecto básico e de execución para a construción ou reforma dun inmoble destinado á creación da escola, o acondicionamento da parcela e o equipamento das instalacións que inclúe o material didáctico e de xogo. As axudas consistirán nunha subvención de ata o 100% do custo total do investimento realizado, cun límite máximo global por escola e entidade beneficiaria de 200.000 euros.

 

Cómpre destacar que a convocatoria conta cun orzamento total de 1,4 millóns de euros distribuído en dúas anualidades, correspondendo 350.000 ao ano 2017 e 1.050.000 euros ao ano 2018. Estes importes están cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

 

Con este crédito poderán obter financiamento ata sete novas escolas que constarán dun mínimo de tres unidades e 41 prazas. Todas elas estarán separadas da actividade industrial, preferentemente nunha zona axardinada que protexa o edificio das condicións exteriores e contarán  coas medidas correctoras precisas de protección contra o tráfico, o ruído, a contaminación e outras actividades molestas ou prexudiciais.

 

A Consellería de Política Social traballa no desenvolvemento dos mecanismos precisos para facilitar a conciliación e a corresponsabilidade na vida familiar e laboral, mellorando a oferta de recursos e servizos para que respondan ás necesidades dos pais e nais e ao mesmo tempo contribúan ao desenvolvemento afectivo, psicolóxico e físico das e dos menores.

 

Así, este é o segundo ano que a Xunta realiza unha convocatoria de axudas coma esta, grazas á cal xa se está a financiar a construción de dúas escolas, unha no Parque científico tecnolóxico Río do Pozo (Narón) e outra no polígono industrial da Tomada (A Pobra do Caramiñal).

 

Este recurso complementa as axudas que a Xunta ten en marcha para facilitar a conciliación, como a rede de escolas infantís dependentes da Administración autonómica, as prazas en escolas infantís de iniciativa social, o programa Bono Concilia ou as casas niño no rural (na actualidade xa están a funcionar 30 e poranse en marcha outras 30 grazas á convocatoria deste ano).

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: