A XUNTA DE GALICIA APOIA O LABOR DE INCLUSIÓN QUE DESENVOLVE PROXECTO HOME EN VAL DO DUBRA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá o centro da entidade na localidade.

  • Os usuarios das instalacións poden participar na oferta formativa que inclúe  cursos de auxiliar de turismo ecuestre e canteiro, ambos subvencionados pola Administración autonómica
  • Tamén realizan outras actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral, atención, rehabilitación e reinserción social de persoas con problemas de adicción

 

Val do Dubra (A Coruña), 17 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe o centro de Proxecto Home en Val do Dubra, unhas instalacións dedicadas ao desenvolvemento de programas asistenciais e de prevención dirixidos á reinserción social de persoas adictas.

 

Esta comunidade terapéutica é un recurso residencial dirixido a aquelas persoas que requiren un distanciamento da súa contorna habitual para continuar o proceso de rehabilitación. Ofrece nun espazo de contención psicolóxica, un modelo de tratamento estruturado en etapas que reflicten niveis cada vez maiores de responsabilidade persoal e social. Unha característica esencial na Comunidade Terapéutica é o establecemento dunha intensa experiencia grupal, convertendo á persoa usuaria en suxeito activo e protagonista da dinámica comunitaria, e podendo así vivir a experiencia de participar nun clima de mutua axuda: tanto a que recibe como a que achega ás demais persoas.

 

As persoas usuarias da comunidade terapéutica compaxinan a residencialidade coa resposta ás súas responsabilidades familiares e a capacitación profesional mediante a asistencia a cursos de formación internos e externos. O obxectivo é facilitar o proceso educativo e psicoterapéutico da persoa e dotala dos recursos necesarios para o cambio persoal.

 

No centro, impártense cursos de auxiliar de turismo ecuestre e canteiro, ambos financiados pola Xunta de Galicia. Así mesmo, realizan actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral, de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas con problemas de adicción grazas ao convenio de colaboración que a Consellería de Política Social mantén con esta entidade e mediante o cal se financian o 100% das 12 prazas na fase de reinserción social.

 

Precisamente o pasado mes de xuño se asinou este acordo co obxecto de minguar, na medida do posible, as consecuencias sociais asociadas ao consumo de substancias aditivas, propiciando un apoio efectivo cara a integración social e laboral deste colectivo. Entre estas medidas, figuran programas de tratamento das adiccións ao alcohol, á cocaína ou ao xogo entre outros, que se desenvolverán en Santiago, Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra.

 

A Xunta de Galicia inviste neste programa 149.365,44 euros, unha suma que permitirá subvencionar os gastos do persoal necesario para a execución das actividades así como gastos de auga e saneamento, luz, gas, carburante, telefonía e formación entre outros.

 

O titular autonómico saudou a sinatura deste acordo, e felicitou aos traballadores e directiva do centro polo seu labor diario, así como tamén aos usuarios e usuarias, que se esforzan a diario para mellorar a súa situación e a súa calidade de vida. “O noso camiño pasa por prestar axuda aos que máis o precisan nos momentos máis difíciles e por iso tendemos a man a programas como os de Proxecto Home, porque as súas metas, coinciden coas nosas”, explicou Rey Varela.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: