VISTO E PRACE DE PATRIMONIO Á REFORMA DAS INSTALACIÓNS ACTUAIS DE SKATE NO PARQUE DO CASTRO EN VIGO

  • Trátase dunha actuación na contorna do castro de Vigo, ben catalogado no planeamento municipal do concello e polo tanto patrimonio cultural de Galicia

 

Vigo, 17 de xullo de 2017.- A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de autorizar a solicitude do Concello de Vigo para a reforma das instalacións actuais de skate no parque do Castro.

Así, a resolución, asinada o pasado 5 de xullo, recolle que a actuación para a cal o Concello de Vigo solicita autorización conta co informe favorable dos servizos técnicos de Patrimonio de Pontevedra, condicionada á realización dun control arqueolóxico dos movementos de terra, polo que, antes do comezo da obra, deberá presentar (por duplicado) o correspondente proxecto arqueolóxico para a súa autorización pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Trátase dunha actuación na contorna do castro de Vigo, ben catalogado no planeamento municipal do concello e, polo tanto, do patrimonio cultural de Galicia.

O proxecto prevé a retirada do valado actual, a instalación de novos elementos para practicar skate, o puído dos pavimentos, a ampliación da superficie asfaltada en 21 metros cadrados e a reparación do pavimento actual. A pista de patinaxe sitúase no ámbito de protección integral do Monte do Castro, no que xa existe unha pista de 760 metros cadrados de superficie que agora se pretende mellorar.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: