A XUNTA AMPLÍA ATA O VINDEIRO LUNS O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE OFERTAS AO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA ATENDENDO Á SOLICITUDE DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

As ofertas poderán presentarse ata as 12:00 horas do día 24 de xullo

 

 

  • O incremento do período facilitará a máxima participación no procedemento de contratación das novas liñas de transporte

 

 

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2017.-A Xunta de Galicia amplía ata o vindeiro luns o prazo para a presentación de ofertas para prestar os servizos do Plan de transporte público de Galicia. En atención ás numerosas solicitudes de pequenas e medianas empresas de transporte, a Dirección Xeral de Mobilidade aprobou hoxe unha resolución que establece que as ofertas poderán presentarse ata as 12:00 horas do vindeiro día 24 de xullo.

 

Con esta decisión, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda pretende fomentar a máxima participación no procedemento das novas liñas de transporte, facilitando o acceso das pequenas e medianas empresas do sector que demandaron un maior prazo para poder presentar mellores ofertas para a prestación dos servizos.

 

A vontade de facilitar a participación das pequenas e medianas empresas é un dos grandes obxectivos do Goberno galego na posta en marcha do Plan de transporte público. Así o demostra o feito de que o prego de condicións estableza que cada empresa, grupo empresarial ou empresas vinculadas poderá resultar adxudicatario dun máximo de 10 contratos de transporte público.

 

Ademais, no proceso de contratación dos dez contratos de menor volume priorizaranse as ofertas que presenten as pequenas empresas.

Outro dos grandes obxectivos  neste proceso de contratación é o de primar a calidade e a seguridade na prestación dos servizos sobre os aspectos económicos das ofertas.  Con ese fin, na valoración das ofertas teranse en conta aspectos tales como a antigüidade máxima e media dos vehículos, os cintos de seguridade ou a dotación dunha base ou instalación fixa que permita acurtar os tempos de resposta.

 

Estes criterios obxectivos establecidos para a adxudicación dos contratos terán un peso diferente en función do tipo de servizo do que se trate. Desa forma, por exemplo, para as liñas que operen nos entornos metropolitanos puntuarase o compromiso de instalación de dispositivos de cobro homologado coas tarxetas do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG).

 

Ademais, o prego prevé xa as esixencias técnicas necesarias para facer posible a posta en marcha dos plans de transporte metropolitano nas áreas de Ourense e Pontevedra.

 

No caso dos servizos de transporte escolar de uso compartido cobrará especial relevancia a adscrición de vehículos provistos de cintos de seguridade. Nestes servizos valorarase tamén a estabilidade e a seguridade do persoal acompañante para garantir a calidade do servizo.

Terase en conta o incremento de quilómetros de servizos sobre os establecidos nos proxectos de explotación, ademais  da oferta que se presente para a realización de servizos complementarios.

 

Garantía de empregos e transporte a partir de agosto

O inicio do prazo para a presentación de ofertas é un paso máis na tramitación prevista para a posta en marcha do Plan de transporte público de Galicia no vindeiro mes de agosto. Será entón cando se materialicen as renuncias presentadas polas empresas ás concesións de transporte, que deixarán sen funcionamento máis de 570 liñas de transporte público.


Conforme á nova normativa europea, que prohibe as prórrogas das concesións de transporte, a Xunta de Galicia activou un procedemento extraordinario para garantir a existencia de servizos de autobús nos ámbitos afectados polas renuncias empresariais. Ese procedemento está recollido nesta primeira fase do Plan de transporte público de Galicia, que prevé contratos por un período de dous anos, ata que no ano 2019 se poña en marcha a reordenación integral de concesións en Galicia.

 

O Plan de transporte público de Galicia non só permitirá manter eses servizos e o emprego, senón que mellorará notablemente as posibilidades de mobilidade no medio rural. Iso será posible ao permitir que os veciños empreguen as prazas vacantes das liñas de autobús de transporte escolar, un sistema que ten unha rede territorial moito máis extensa que o transporte de uso xeral.

 

Ese uso compartido do transporte irá acompañado de melloras tamén para os escolares, cuxa atención estará blindada nos contratos, mantendo intactos os tempos de percorrido e os horarios de saída e chegada.

 

Ademais, incluiranse garantías máis elevadas que as previstas pola Lei, ao asegurarse a presenza dun acompañante escolar en todas as rutas de transporte compartido.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: