Presentación do Premio Illa Nova de Narrativa en Vigo

Mañá mércores, ás 20.00h en El Corte Inglés de Vigo (espazo da librería) terá lugar a presentación da novela A vida sinxela de Marcelo Firmamento, asistirán a autora, Vanesa Santiago, Pati Blanco, Director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés, Inma López Silva, escritora, e Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia

A novela A vida sinxela de Marcelo Firmamento recibiu o Premio Illa Nova de narrativa para menores de 35 anos que convocou a Editorial Galaxia coa colaboración de Ámbito Cultural de El Corte Inglés e Royal Bliss. Coa finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, naceu este premio que na súa primeira edición recaeu na novela da escritora sadense afincada na Coruña, Vanesa Santiago. O xurado do premio, formado por Ismael Ramos, Nuria Piñeiro Yáñez, Berta Dávida, Mario Regueira, Inma López Silva e Malores Villanueva decidiron premiar por unanimidade esta obra.

A vida de Marcelo Firmamento estaba destinada a ser especial dende o seu nacemento, dende que as ondas mariñas tocaron o seu berce. A novela trasládanos á vila mariñeira de Sada nos anos corenta, alí escoitamos as historias do vello Rederrota, sentimos a dor do desamor, a interrogante ausencia dun pai e a irracional esperanza da nai, que levará a Marcelo Firmamento a percorrer o mundo en grandes buques e a descubrir misterios dos que remata por ser parte. E a balea… ai, a balea!

Ao lado de Marcelo Firmamento viaxamos de océano en océano tras a pista dun pai que non coñece e descubrimos un pobo, o galego, espallado polos cinco continente. A fantasía e a realidade mestúranse nun universo onde as quimeras, mesmo a da liberdade, cobran vida e poden resucitar, igual que o Taramanco.

Mañá mércores continúa a xeira de presentacións en Vigo, e durante esta semana tamén  que a semana que vén continuará en Santiago, Vigo e Sada. O acto que se celebrará ás 20.00h en El Corte Inglés, contará coa asistencia da autora, Vanesa Santiago, Pati Blanco, Director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés, Inma López Silva, escritora, e Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia.

Vanesa Santiago traballa nunha biblioteca, sempre entre libros. Nada en Fontán (Sada) defínese, por esa orde, como curiosa, lectora e escritora. Tamén bibliotecaria, blogueira e secretaria da Asociación Irmáns Suárez Picallo de Sada. Está titulada en Biblioteconomía e Documentación, estudos e traballo que a levaron a vivir en Ferrol e Lugo. Actualmente reside de novo na bisbarra da Coruña e compaxina o emprego esporádico en bibliotecas co activismo cultural e a escrita. Publicou varios relatos e poemas en libros colectivos e revistas. Ninguén lembra (Urco, 2013) foi a súa primeira noval, agora con A vida sinxela de Marcelo Firmamento vén de gañar o Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos, o que supón un paso máis na súa prometedora carreira literaria.
Materiais para descarga: Fotos

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: