REY VARELA DESTACA EN BOIMORTO A COLABORACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS COMO A MELLOR FÓRMULA PARA TECER UNHA VERDADEIRA REDE DE RECURSOS SOCIAIS

O conselleiro de Política Social visitou hoxe o Punto de Atención á Infancia, o Centro de Día e a Miniresidencia deste municipio coruñés

 

REY VARELA DESTACA EN BOIMORTO A COLABORACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS COMO A 

  • sinalou que é o entendemento entre administracións o que fai posible que “prestemos un mellor servizo tanto aos nenos nenos e nenas como aos nosos maiores”

 

Boimorto (A Coruña), 18 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello de Boimorto para coñecer de primeira man a rede de recursos asistenciais cos que conta na actualidade este municipio coruñés, tanto no eido da infancia, como no dos maiores e persoas dependentes.

 

Rey Varela principiaba a súa visita no Punto de Atención á Infancia (PAI), un recurso de titularidade municipal que está a dar servizo a nenos e nenas de tres meses a tres anos de idade de Boimorto e dos concellos veciños de Mesía, Vilasantar, Arzúa e Frades. Conta cunha unidade de 20 prazas para a que a Consellería de Política Social achega 9.211,22 euros e que permite situar a ratio de cobertura no 87%.  De seguido, o titular do goberno galego en materia social se desprazaba ata o Centro de Día e Miniresidencia municipal. Un recurso que se poñía en marcha no ano 2011 e para o que a Administración galega achegou 1.3 millóns de euros para a atención de 30 usuarios no recurso diúrno e 29 no caso do residencial.

 

Neste contexto, José Manuel Rey Varela indicaba ao remate das dúas visitas que froito desa colaboración entre administracións “Boimorto conta hoxe cunha rede de recursos asistencias de primeiro nivel, un mapa de infraestruturas que permiten que os veciños e veciñas desta vila desfruten duns servizos tanto no eido da infancia como dos maiores e persoas dependentes ao nivel dunha cidade”. E, ao fío, xa avanzou o compromiso da Xunta de Galicia para intensificar a colaboración entre administracións “porque a cuestión de fondo non é delimitar competencias nin o seu financiamento senón prestar o mellor servizo, neste caso aos nosos pequenos e pequenas e aos nosos maiores”.

 

Ademais, o conselleiro subliñou o reforzo do servizo de coidados a persoas dependentes no entorno familiar, ao incrementar nun 13% as horas dispoñibles. Así, a Xunta vén de aumentar en 116 horas mensuais o Servizo de Axuda no Fogar neste municipio ourensán, o que supón 1392 horas máis ao ano e que garante que a ratio de atención sexa do 95%.

 

O responsable da área social do Goberno galego estivo acompañado durante a visita pola directora de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González, así como pola rexedora María Jesús Novo Gómez

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: