Sobre a falta de profesionais de enfermería e a política de contratacións do SERGAS

 

A mediados de xullo, en plena época estival na que a maior parte do persoal desfruta das súas vacacións que, como norma xeral, foran solicitadas antes do 31 de marzo, diversas xerencias atópanse co problema de non atopar enfermeiras/os suficientes para cubrir non só estas vacacións, se non incluso días libres ou incidencias como baixas ou permisos aos que toda traballadora ten dereito.

Faltan profesionais?

Nas listas de contratación de enfermeiras/os na área de Vigo, apuntáronse máis de 1.500 profesionais.  A día de hoxe moitas destas persoas exerceron o seu dereito a solicitar unha suspensión de chamamentos por algún dos diversos motivos recollidos no actual Pacto de Contratacións, entre eles figura o de ter en vigor un “contrato laboral”.

Analizando os datos, e mentres non se nos confirman, atrevémonos a asegurar que a actual situación non é mais que froito das políticas de contratación do SERGAS, que buscando o aforro onde non ten lugar, en vez de optimizar os recursos existentes ou incrementalos até situar o gasto sanitario media europea, deixa aos profesionais que están nas listas de contratacións nunha situación laboral precaria, de incerteza, agardando unha chamada que confirme o ansiado contrato de vacacións, sen saber por canto tempo vai ser até o momento de descolgar o telefono.

Que poden facer estes profesionais se antes alguén lles ofrece maior estabilidade? se alguén se adianta a esa chamada e con ela poden organizar mellor os seus próximos meses? A sanidade privada sabendo desta situación adiantase e faixe cos servizos duns profesionais cunha alta capacitación debido, na maior parte, á experiencia acadada no sistema público de saúde.

Estamos a ver como o sistema dedica cartos e tempo das profesionais a formar especialistas, como poden ser as enfermeiras especialistas en pediatría ou especialistas en familia, sen darlles saída profesional, o cal será aproveitado pola sanidade privada para por en valor os seus servizos.

A situación actual fai que incluso teñamos problemas para reforzar certos servizos diante do repunte de ingresos, xerando un serio problema asistencial como o que ocorre hoxe na UCI Neonatal do H. Álvaro Cunqueiro.

A política que os actuais responsables está a levar a cabo está desencadeando situacións “perigosas” para a saúde pública.

Dende a CIG-SAÚDE esiximos:

  • Unha dotación real das plantillas acorde non só ao nivel de ocupación baseado en estatísticas, se non nas potenciais necesidades do Hospital e da nosa área sanitaria.
  • Maior estabilidade laboral para o persoal eventual, maior previsión na contratación, sobre todo nas categorías máis sensibles como pode ser na actualidade a enfermería, a medicina  de familia e a pediatría.
  • Posta en valor das profesionais que o propio sistema está a formar como son as enfermeiras especialistas, dándolles unha saída laboral catalogando as súas prazas como tales e abrindo as súas listas de contratación (na actualidade as Enfermeiras Especialistas en Pediatría non teñen listas propias nin está previsto que as teñan)
  • Que se cubra o 100% das parazas vacantes mediante contratos de longa duración e que a totalidade destas sexan ofertados nas convocatorias de OPE.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: