A XUNTA DE GALICIA COLABORA COA UNIVERSIDADE DA CORUÑA NA SENSIBILIZACIÓN DA SOCIEDADE COA DIVERSIDADE E A INCLUSIÓN SOCIAL
A secretaria xeral da Igualdade e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado participaron na xornada inaugural dun curso de verán da UDC
- Cecilia Vázquez lembrou que a xuventude “ten nas súas mans o futuro da nosa sociedade e unha parte moi importante do noso presente, por iso cómpre ofrecerlles todas as ferramentas para que ese cambio social que necesitamos teña en conta a aqueles colectivos minoritarios ou máis desfavorecidos, porque só así seremos capaces de ter no futuro unha sociedade máis xusta, igualitaria e solidaria”
- Pola súa banda, Susana López Abella puxo en valor o papel fundamental que deben ter a mocidade para construír unha sociedade con igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
- A iniciativa está destinada a profesionais da saúde, da educación e dos servizos sociais e comunitarios e desenvolverase dende hoxe e ate o vindeiro venres
Sada (A Coruña), 19 de xullo de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participaron hoxe, en Sada, na xornada inaugural do curso de verán que organiza a Universidade da Coruña baixo o título “Diversidade, Inclusión e Intervención sociocomunitaria” e no que tamén colabora a Xunta de Galicia. Coa súa presenza, ambas quixeron amosar a sensibilidade do Goberno Galego coas persoas e os colectivos máis desfavorecidos e a necesidade de intensificar as accións de todos os axentes implicados a prol da súa plena inclusión.
Nesta liña, a responsable das políticas xuvenís da Xunta de Galicia aseguraba no transcurso da súa intervención, que levaba por título “Xuventude, diversidade e cambeo social”, que “a mocidade ten nas súas mans o futuro da nosa sociedade e unha parte moi importante do noso presente, por iso cómpre ofrecerlles todas as ferramentas para que ese cambio social que necesitamos teña en conta a aqueles colectivos minoritarios ou máis desfavorecidos, porque só así seremos capaces de construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e solidaria”. Neste punto, Cecilia Vázquez lembrou que a Xunta de Galicia ofrece aos xóvenes un ambicioso programa de de educación non formal, que permite validar as competencias e darlle visibilidade aos coñecementos, habilidades e formación derivados desa participación, en tanto que contribúen ao desenvolvemento persoal, enriquecen o seu currículo vital e favorecen a participación activa na sociedade.
Pola súa banda, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, puxo en valor o papel fundamental da mocidade para construír unha sociedade baseada na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Neste sentido, apelou á necesidade de seguir superando as barreiras de xénero a través da educación nos valores de respecto, liberdade e igualdade, un labor especialmente prioritario entre a mocidade que configurará a sociedade do mañá. Ao respecto, considerou que a xuventude e a poboación adolescente deben contribuír de xeito singular á fin da violencia contra a muller, de aí a importancia de iniciativas que promovan a concienciación social e a sensibilización nesta materia.
O curso inaugurado esta mañá se estenderá ate o vindeiro venres e non busca quedarse só nas aulas. Por iso, a través das mesas de traballo que ofrece, recollerá nunha memoria as diferentes propostas que de aquí saian para envialas aos asistentes e a diferentes entidades interesadas. Por outra banda, este documento e o tratado no curso difundirase a través da súa web, dos medios de comunicación e das vías TICs, para achegar o coñecemento realizado no curso á cidadanía. A actividade esta dirixida a estudantes e profesionais da saúde, a educación, os servizos sociais e comunitarios así como á poboación femenina en xeral, para posibilitar a formación continuada e promover o debate acerca da inclusión social e comunitaria e dos grupos en risco de exclusión nestes ámbitos.
O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO FIXA PARA NOVEMBRO A DATA DE FINALIZACIÓN DAS OBRAS DE SUBIDA AO CASTELO 12
- A Xunta publica no DOG a licitación das obras na rúa Ferrería 8 e Cruz Verde 8
- López-Chaves salienta o recoñecemento da cidade e a veciñanza ao labor do CCVV
Vigo, 19 de xullo de 2017.- O presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, destacou hoxe o recoñecemento da cidade e a veciñanza ao labor desenvolvido polo organismo que preside, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Nestes termos se pronunciaba hoxe con ocasión da súa visita ás obras que se están a executar en Subida ao Castelo 12. Alí puido constatar o avanzado estado no que se atopan.
En Subida ao Castelo 12 a UTE formada por Xestión Ambiental de Contratas e Construcións Orega recupera un antigo edificio para crear catro vivendas con superficies comprendidas entre os 52 e os 77 metros cadrados, coa particularidade, tal e como destacou López-Chaves de que todas contarán con acceso independente desde a rúa, dous dormitorios, salón-comedor, baño e zona de lavadoiro e tendal. Dúas delas serán tipo dúplex e dúas terán unha zona axardinada. O proxecto ten un orzamento de 355.000 euros e se prevé que a obra estea finalizada no primeiro trimestre de 2018, concretamente no mes de novembro tal e como indicou o delegado do Goberno galego en Vigo.
O edificio tivo que ser demolido tras a súa adquisición polo CCVV dado o seu estado de abandono, pero está prevista a recuperación da súa fachada orixinal.
Paralelamente, a empresa Prace, Obras e Servizos, executa en Subida á Costa 5 unha nova vivenda e un local comercial. A vivenda, situada no primeiro andar, terá unha superficie útil de 70 metros cadrados e dispoñerá de 2 dormitorios, salón-comedor-cociña, baño e lavadoiro-tendal. Pola súa banda o local comercial ten prevista unha superficie lixeiramente superior aos 95 metros cadrados, divididos en planta baixa e soto. O proxecto ten un orzamento de 201.000 euros e está prevista a súa conclusión para que poida realizarse o concurso de adxudicación en xaneiro.
“Todas estas actuacións enmárcanse no compromiso do Consorcio Casco Vello de Vigo de recuperar unha zona degradada como era a parte alta do barrio histórico, onde a Xunta de Galicia leva investidos uns 40 millóns de euros”, sinalou López-Chaves, ao tempo que recordou que o organismo está participado nun 90 por cento pola Administración autonómica e nun 10 por cento polo Concello.
Novas adxudicacións
Subida ao Castelo 12 e Subida á Costa 5 non son as únicas promocións en carteira do CCVV. Así as cousas, López-Chaves lembrou a recente apertura do proceso de adxudicación das obras de rehabilitación de Ferrería 8 e Cruz Verde 8, que supoñerán un investimento conxunto superior aos 370.000 euros e permitirán crear dúas novas residencias de gran superficie, xa que as vivendas con maior número de habitacións son as máis demandadas nos sucesivos concursos postos en marcha polo Consorcio Casco Vello de Vigo.
“UN IMPULSO EXTRAÑO” RECOGE LAS IMÁGENES MÁS REPRESENTATIVAS DEL PATRIMONIO FOTOGRÁFICO DE LIBANO ANTERIOR A LA GUERRA DE 1975
La Fábrica coedita con Casa Árabe y la Fundación Árabe para la Imagen (AIF) una selección de fotografías que muestran la cultura y la realidad sociopolítica del Líbano entre 1920 y 1960
Esta obra reúne algunas imágenes de la colección particular de Mohsen Yammine, quien desde 1979 recopila fotografías en distintos soportes y formatos para conservar la memoria de lo que fue su país antes de la guerra civil
Un testimonio sobre la vida, cultura y tradiciones de un país que poco a poco desaparecían por efecto de la guerra
Acompaña a las fotografías la transcripción de una conversación entre el coleccionista Mohsen Yammine, y Clémence Cottard y Marc Mouarkech, comisarios de la exposición homónima que se puede visitar en Casa Árabe, dentro del marco de PHotoESPAÑA 2017, hasta el 8 de octubre
En 1975, el Líbano se vio inmerso en una guerra civil que se extendería durante los quince años siguientes, sumiendo el país en el caos y fracturando por completo su identidad. A partir de 1979, el periodista Mohsen Yammine comenzó a coleccionar fotografías del país, tanto de fotógrafos reconocidos como de aficionados. Su misión era salvar el patrimonio fotográfico de la destrucción que le rodeaba en aquel momento tan difícil para el Líbano.
Un impulso extraño, coeditado por La Fábrica, Casa Árabe y la Fundación Árabe para la Imagen, es el catálogo de la exposición homónima que Casa Árabe acoge dentro de la programación de PHotoESPAÑA 2017 y que reúne una selección de imágenes del inmenso archivo de Yammine.
Este archivo constituye uno de los mejores testimonios del patrimonio documental del Líbano entre 1920 y 1960, Como señalan Clémence Cottard y Marc Mouarkech, los comisarios de la exposición, “el primer impulso de recopilar fotografías, iniciado en aquel cuarto año de guerra civil en el Líbano, tuvo su origen en un acto de amor. Un amor convertido en pasión por un país, por su historia y su cultura, presas de la violencia y la destrucción”.
El trabajo de Yammine comenzó en su ciudad natal, Zgharta, para más tarde continuar en Trípoli, Koura, Batroun, Zahle, Bealbek y Beirut, en diferentes momentos. La colección de Mohsen Yammine está compuesta por 1.400 piezas, entre las que encontramos negativos en vidrio, papel y película, así como impresiones. Además de reunir fotografías, el archivo cuenta con gran cantidad de información sobre los fotógrafos.
MÁIS DE 250 FUNCIONARIOS DA XUNTA ACADAN UN ASCENSO LOGO DE SUPERAR AS OPOSICIÓNS DE PROMOCIÓN INTERNA
- Todos eles ingresarán nunha categoría superior á que formaban parte, o que implica un aumento salarial
- 172 funcionarios tomarán posesión do seu novo posto de traballo no prazo máximo dun mes, e outros 79 non precisarán mudar de posto ao estar aberto ao seu novo grupo
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2017.- Máis de 250 funcionarios de carreira da Xunta de Galicia acadaron un ascenso logo de superar as oposicións para a promoción interna convocadas pola Administración galega. Todos eles ingresan nunha categoría superior á que formaban parte ata agora, tal como publicou onte martes o Diario Oficial de Galicia (DOG), o que lles implicará unha promoción profesional, un incremento salarial e a posibilidade de poder desempeñar postos de maior responsabilidade.
En concreto, 40 funcionarios da Xunta ascenderán ao corpo de xestión da Administración Xeral –o subgrupo A2-, mentres que 80 accederán ao corpo administrativo (subgrupo C1) e outros 131 funcionarios ascenden ao corpo auxiliar, o subgrupo C2 da Xunta.
As oposicións de promoción interna están reservadas a empregados públicos que xa teñen praza na Administración, e que queren acceder a un posto de maior categoría sempre que reúnan os requisitos e superen o correspondente proceso selectivo. Con estas oposicións, a Xunta garante o dereito dos empregados públicos á súa promoción profesional.
O Diario Oficial de Galicia do martes, 18 de xullo, publica os nomeamentos como funcionarios de carreira nas súas novas categorías dos 251 funcionarios que acadan o ascenso. Deles, 172 traballadores tomarán posesión dun novo posto de traballo no prazo máximo dun mes, mentres que os 79 restantes non precisarán mudar de posto ao estar aberto ao seu novo grupo.