A XUNTA DE GALICIA COLABORA COA UNIVERSIDADE DA CORUÑA NA SENSIBILIZACIÓN DA SOCIEDADE COA DIVERSIDADE E A INCLUSIÓN SOCIAL

A secretaria xeral da Igualdade e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado participaron na xornada inaugural dun curso de verán da UDC

  • Cecilia Vázquez lembrou que a xuventude “ten nas súas mans o futuro da nosa sociedade e unha parte moi importante do noso presente, por iso cómpre ofrecerlles todas as ferramentas para que ese cambio social que necesitamos teña en conta a aqueles colectivos minoritarios ou máis desfavorecidos, porque só así seremos capaces de ter no futuro unha sociedade máis xusta, igualitaria e solidaria”
  • Pola súa banda, Susana López Abella puxo en valor o papel fundamental que deben ter a mocidade para construír unha sociedade con igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
  • A iniciativa está destinada a profesionais da saúde, da educación e dos servizos sociais e comunitarios e desenvolverase dende hoxe e ate o vindeiro venres

 

Sada (A Coruña), 19 de xullo de 2017.-  A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez,  participaron hoxe, en Sada, na xornada inaugural do curso de  verán que organiza a Universidade da Coruña baixo o título “Diversidade, Inclusión e Intervención sociocomunitaria” e no que tamén colabora a Xunta de Galicia. Coa súa presenza, ambas quixeron amosar a sensibilidade do Goberno  Galego coas persoas e os colectivos máis desfavorecidos e a necesidade de intensificar as accións de todos os axentes implicados a prol da súa plena inclusión.

 

Nesta liña, a responsable das políticas xuvenís da Xunta de Galicia aseguraba no transcurso da súa intervención, que levaba por título “Xuventude, diversidade e cambeo social”, que “a mocidade ten nas súas mans o futuro da nosa sociedade e unha parte moi importante do noso presente, por iso cómpre ofrecerlles todas as ferramentas para que ese cambio social que necesitamos teña en conta a aqueles colectivos minoritarios ou máis desfavorecidos, porque só así seremos capaces de construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e solidaria”. Neste punto, Cecilia Vázquez lembrou que a  Xunta de Galicia ofrece aos xóvenes un ambicioso programa de de educación non formal, que permite validar as competencias e darlle visibilidade aos coñecementos, habilidades e formación derivados desa participación, en tanto que contribúen ao desenvolvemento persoal, enriquecen o seu currículo vital e favorecen a participación activa na sociedade.

 

Pola súa banda, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, puxo en valor o papel fundamental da mocidade para construír unha sociedade baseada na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Neste sentido, apelou á necesidade de seguir superando as barreiras de xénero a través da educación nos valores de respecto, liberdade e igualdade, un labor especialmente prioritario entre a mocidade que configurará a sociedade do mañá. Ao respecto, considerou que a xuventude e a poboación adolescente deben contribuír de xeito singular á fin da violencia contra a muller, de aí a importancia de iniciativas que promovan a concienciación social e a sensibilización nesta materia.

 

O curso inaugurado esta mañá se estenderá ate o vindeiro venres e non busca quedarse só nas aulas. Por iso, a través das mesas de traballo que ofrece, recollerá nunha memoria as diferentes propostas que de aquí saian para envialas aos asistentes e a diferentes entidades interesadas. Por outra banda, este documento e o tratado no curso difundirase a través da súa web, dos medios de comunicación e das vías TICs, para achegar o coñecemento realizado no curso á cidadanía. A actividade esta dirixida a estudantes e profesionais da saúde, a educación, os servizos sociais e comunitarios así como á poboación femenina en xeral,  para posibilitar a formación continuada e promover o debate acerca da inclusión social e comunitaria e dos grupos en risco de exclusión nestes ámbitos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: