O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO FIXA PARA NOVEMBRO A DATA DE FINALIZACIÓN DAS OBRAS DE SUBIDA AO CASTELO 12

  • A Xunta publica no DOG a licitación das obras na rúa Ferrería 8 e Cruz Verde 8
  • López-Chaves salienta o recoñecemento da cidade e a veciñanza ao labor do CCVV

Vigo, 19 de xullo de 2017.- O presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, destacou hoxe o recoñecemento da cidade e a veciñanza ao labor desenvolvido polo organismo que preside, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Nestes termos se pronunciaba hoxe con ocasión da súa visita ás obras que se están a executar en Subida ao Castelo 12. Alí puido constatar o avanzado estado no que se atopan.

 

En Subida ao Castelo 12 a UTE formada por Xestión Ambiental de Contratas e Construcións Orega recupera un antigo edificio para crear catro vivendas con superficies comprendidas entre os 52 e os 77 metros cadrados, coa particularidade, tal e como destacou López-Chaves de que todas contarán con acceso independente desde a rúa, dous dormitorios, salón-comedor, baño e zona de lavadoiro e tendal. Dúas delas serán tipo dúplex e dúas terán unha zona axardinada. O proxecto ten un orzamento de 355.000 euros e se prevé que a obra estea finalizada no primeiro trimestre de 2018, concretamente no mes de novembro tal e como indicou o delegado do Goberno galego en Vigo.

O edificio tivo que ser demolido tras a súa adquisición polo CCVV dado o seu estado de abandono, pero está prevista a recuperación da súa fachada orixinal.  

 

Paralelamente, a empresa Prace, Obras e Servizos, executa en Subida á Costa 5 unha nova vivenda e un local comercial. A vivenda, situada no primeiro andar, terá unha superficie útil de 70 metros cadrados e dispoñerá de 2 dormitorios, salón-comedor-cociña, baño e lavadoiro-tendal. Pola súa banda o local comercial ten prevista unha superficie lixeiramente superior aos 95 metros cadrados, divididos en planta baixa e soto. O proxecto ten un orzamento de 201.000 euros e está prevista a súa conclusión para que poida realizarse o concurso de adxudicación en xaneiro.

 

“Todas estas actuacións enmárcanse no compromiso do Consorcio Casco Vello de Vigo de recuperar unha zona degradada como era a parte alta do barrio histórico, onde a Xunta de Galicia leva investidos uns 40 millóns de euros”, sinalou López-Chaves, ao tempo que recordou que o organismo está participado nun 90 por cento pola Administración autonómica e nun 10 por cento polo Concello.

 

Novas adxudicacións

Subida ao Castelo 12 e Subida á Costa 5 non son as únicas promocións en carteira do CCVV. Así as cousas, López-Chaves lembrou a recente apertura do proceso de adxudicación das obras de rehabilitación de Ferrería 8 e Cruz Verde 8, que supoñerán un investimento conxunto superior aos 370.000 euros e permitirán crear dúas novas residencias de gran superficie, xa que as vivendas con maior número de habitacións son as máis demandadas nos sucesivos concursos postos en marcha polo Consorcio Casco Vello de Vigo.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: